A Segunda e a Terceira xa teñen calendario

Xa facía ben tempo que non falabamos da Segunda e da Terceira Rexional. Porén, logo do anuncio que fixo a Futgal fai unhas semanas do retorno destas competicións, ambas están no noso punto de mira.

Hoxe traemos o calendario dos distintos subgrupos da Segunda e a Terceira Galicia, as competicións que manteñen esa esencia que tanto nos gusta aos amantes deste deporte. Aquí tedes os calendarios completos:

O Subgrupo A Norte da Segunda promete emocións fortes. Iberia-Celta Barreiros ou Xermade-Cabreiros son algúns dos pratos fortes.

O Subgrupo Norte B concentrará o interés na Terra Chá: Muimenta-Cospeito ou Guitiriz-Matela lévanse a palma. O Subgrupo A da zona sur deixará derbis entre Sporting Lucense e Milagrosa, ou enfrontamentos na zona da Ulloa, como o Palas-Antas.

No Subgrupo Sur B atoparémonos con derbis comarcais como Incio-Bóveda ou Quiroga-Ferreira. No Grupo Norte da Terceira, partidos entre chairegos como o Nausti-Rioaveso.

Por último, o Grupo Sur da Terceira deixará duelos directos en Taboada (Relámpago-Taboada ‘B’) ou o mini-derbi (Taboada ‘B’-Monterroso ‘B’).

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 465

Deja un comentario