Félix, Escairón

Diario dun mercado. Episodio 243

Chega un novo día de movementos na nosa provincia. E a primeira novidade vén desde un concello que leva varias semanas sendo protagonista: Friol. Nel, o conxunto feminino que pelexará polo ascenso á Segunda División, o PM Friol, anunciou a renovación da chantadina Nerea Rodríguez, xogadora que alterna o primeiro e o segundo equipo das […]

Cerdeiriños será o Edén dos gardamallas

A pandemia está a causar moitos efectos nas nosas vidas. Despois de moitos meses sen realizar actividades «cotiás», as nosas mentes teñen moitas ganas de recuperar certa normalidade. É o caso do fútbol afeccionado, cuxos protagonistas teñen moita fame de voltar. Xa se viu en algún torneo veraniego como o «Fútbol Burbulla» de Baamonde, con […]

A Primeira Galicia volve reformada

Que ganas tiñamos de dar esta noticia! A Futgal publicou no día de onte o plan competicional da Primeira Autonómica para a 21/22. Unha categoría que, despois de ano e medio de parón, volverá a encher os campos da nosa provincia cun formato diferente ao que nos tiña afeitos. Esta «nova» Primeira é bastante similar […]

Diario dun Mercado. Episodio 237

Amenizamos a calor que estades a pasar (algún máis que outros) cunha nova xornada chea de renovacións e fichaxes. Como ben sendo habitual nos últimos días, abrimos o repaso co fútbol feminino. Nel, o PM Friol continúa a incorporar futbolistas, moitas delas procedentes do Málaga CF. É o caso de Naiara Velasco, centrocampista habilidosa de […]

Pablito, Chanta Atlético

Diario dun Mercado. Episodio 236

A actividade dos nosos clubes non para. Coas pretemporadas a piques de comezar ou xa iniciadas, os conxuntos lucenses ultiman os seus corpos técnicos e os seus cadros de futbolistas. É o caso, por exemplo, da referencia do fútbol feminino provincial, o PM Friol, que vén de incorporar a unha nova futbolista: Anabel Hurtado de […]

Anido, San Lázaro

Diario dun mercado. Episodio 234

Achégase o inicio das competicións e os clubes comezan a posta a punto para a emocionante 21/22. Un dos conxuntos que tratará de facer un bo papel será o PM Friol, que procurará o ascenso desde a Primeira Nacional ao Reto Iberdrola. É por iso que a directiva está a traer caras novas á Reigosa: […]

Yuki Nakata

Diario dun Mercado. Episodio 232

IMAXE DE PORTADA: Facebook PM Friol Sábado de novidades e movementos no noso fútbol. Como é habitual, comezamos o repaso pola Terceira División. Nela, o Viveiro CF buscará a permanencia por segundo ano consecutivo e, para conseguila, asinou a Dani Fernández, ex capitán do CD As Pontes. O central, oriundo da Mariña, vivirá así a […]

Nova directiva San Roque

Pacto histórico en Montirón

A escasos metros da muralla de Lugo, no barrio de Montirón e colindando coa buliciosa rúa San Roque, atópase o a Polvoreira. Un campo de fútbol que leva moitos anos decorando a cidade e que foi testemuña de partidos épicos. Un campo de fútbol que, ao estilo de San Siro ou o Olímpico de Roma, […]

Dumi

Diario Dun Mercado. Episodio 228

Comeza agosto pero non cambiamos a tónica das últimas semanas. Os clubes da provincia apuran as fichaxes e renovacións para afrontar os seus obxectivos na 21/22, campaña na que agardamos recuperar a normalidade futbolística. Comezamos o repaso de hoxe pola Preferente. Nela, o CD Santaballés ten un novo xogador: Corbelle. O ex do Páramo e […]

As burbullas volven a Baamonde

O Cercud de Baamonde foi, nos últimos veráns, unha das paradas obrigadas dos amantes do fútbol. Xunto ao río Parga celebrouse durante catro anos seguidos (2016-2019) o torneo de Fútbol Burbulla. Un deporte que, pese a non ser fútbol once, combina moitas das características do balompé: porterías, herba… e diversión.

Nace o CD Ceosport Lucense

Fai catro anos faciamonos eco do nacemento da sección de fútbol do CP Lucense, entidade que incorporaba o fútbol e o atletismo ao proxecto -xa existente- de balonmán. Cantas cousas pasaron dende entón!! Que se All-Star Futbolinlugo, que se pandemia, que se Xornadas Futbolinlugo… pero, desde aquel verán de 2017, tamén destacou o crecemento do […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (11)

Coincidindo cun novo intento da RFGF de re-activar algunhas das categorías que fai un ano deleitaban aos espectadores cada domingo, lembramos algún dos cadros de xogadores que formaban parte da Terceira Galicia Sur o pasado curso: Sporting Lucense, SD Antas, SCD Milagrosa e SD Castroverde!!!!

As nosas guerreiras da fin de semana

Chegou unha nova victoria a domicilio do PM Friol. As da Reigosa asaltaron o campo do Pozuelo de Alarcón (1-3) e deron un golpe de autoridade na loita pola permanencia no Reto Iberdrola. A falta de partidos aprazados por disputarse, as de Friol dispoñen dunha última jornada á que poden chegar con opcións de evitar […]

Entón… xogamos ou que?

Aquí contamos o que fará cada club coa nova Preferente

As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: Web PM Friol Non puido ser. O PM Friol chegaba este domingo á Reigosa coa intención de conseguir a terceira victoria consecutiva e saír do último posto da clasificación. O seu rival, o Sporting de Gijón, perseguía os tres puntos para afastarse das lucenses, rivais directas pola permanencia. Finalmente, as asturianas superaron […]

Joaquín Blanco, CD Lugo: «É complicado lidiar coa incertidume»

IMAXE DE PORTADA: Web CD Lugo Fai practicamente un ano, o CD Lugo Feminino xogaba o seu último partido na Segunda Galicia. O clube, que se debutaba na 2019/2020, completou un (medio) ano case perfecto e conseguiu chegar a aquel fatídico venres 13 de marzo no primeiro posto da categoría. Esta situación acabouse traducindo no […]

As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: Twitter PM Friol Boas novas no fútbol feminino. Mentres semella que os datos da terceira ola da covid-19 comezan a descender na Galiza, o PM Friol fai o contrario e sube coma un foguete. Este domingo, superaron por 0-1 ao Madrid CF «B», resultado que serve ás da Reigosa para achegarse ás […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (10)

Hoxe sábado lembramos con morriña os tempos nos que tocaba andar de campo en campo cada domingo. Continuamos a dixitalizar o arquivo da nosa II Guía Futbolinlugo, e repasamos os cadros de xogadores de catro clubes da Primeira Galicia: SD Burela, UD Pastoricense, CD Castro e SDC San Roque!

As nosas guerreiras da fin de semana

A pasada semana deixounos unha gran nova: a primeira victoria do PM Friol no 2021. Pero tamén deixou malas noticias: cando xa semellaba que botarían a andar, a Xunta prohibiu as competicións autonómicas, como a Primeira Galicia Feminina, onde competirían PM Friol «B», SD Antas e CD Lugo. De momento, porén, terán que agardar.