portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 15

A intensidade e os Máxicos foron os protagonistas nunha nova cita da Primeira Galicia na nosa provincia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Taboada 0-4 Outeiro de Rei: logo dunha primeira parte igualada na que o Taboada errou dous man a man e o Outeiro un penalti, os visitantes dominaron completamente a segunda parte, na que conseguiron facer os catro tantos do choque. O Outeiro non concedeu apenas ningunha ocasión no segundo tempo e levou tres puntos de ouro da Medela.

Pastoricense 1-1 Pol: partido vistoso no Acebreiro no que o Pastoricense mostrou unha gran versión defensiva, pois o Pol buscou a victoria pero tan só foi quen de anotar por medio de Xaime cun golpeo de falta. Isto ocorreu no 75′, pero os locais non se viron abaixo e conseguiron o empate no 79′. Ambos conxuntos trataron de facer o seu mellor fútbol e agasallaron aos espectadores cunha boa xornada matinal de fútbol.

Deportes Élide

Guntín 4-1 San Roque: o Guntín adaptouse mellor á climatoloxía e ao terreo de xogo e froito desolerete conseguiu poñerse tres goles por diante no minuto 60′, logo de anotar tras un centro lateral, nunha falta directa e cun bo chute desde a frontal. No 65′, o porteiro visitante, Roi, fixo o 3-1 cun gran golpeo desde a súa área, pero o Guntín sentenciou no 90′ co San Roque volcado. Mención aparte merecen Roi e César, xogadores visitantes que asistiron ao choque logo de finar o seu pai esta pasada semana. Ánimo e apertas para eles desde a nosa páxina.

Burela 4-0 Alfoz: o Burela volveu mostrar a súa mellor versión no derbi ante o CD Alfoz. Un gran comezo permitiu aos da Marosa dominar por 3-0 no minuto 30′. O Alfoz mellorou a partires do tercer gol, pero a solidez defensiva dos locais impediu aos alfocenses achegarse no marcador aos seus rivais. No 86′, o Burela puxo o broche a unha gran tarde cun gol de Iván Maseda.

Portomarín 4-1 SD Chantada: comezou de cara o choque para os miñotos cun bon gol de cabeza de Sergio. Pouco despois a SD empatou desde os once metros, pero o Portomarín púxose de novo por diante tras un contragolpe. Tras o descanso, os locais ampliaron a diferenza e, co Chantada volcado, conseguiron o 4-1 definitivo nos intres finais.

Castro 3-0 Riotorto: foi mellor na primeira parte un Castro que anotou o primeiro gol á saída dun córner. Os visitantes melloraron no treito final do primeiro tempo e no comezo do segundo pero, cando mellor estaban, o Castro aproveitouse dun penalti para ampliar as diferenzas. O Riotorto apretou, pero os locais sentenciaron ao contragolpe por medio de Adrián Román.

Chantada Atlético 3-1 Friol: foi superior o Chantada Atlético no Sangoñedo ante un Friol que o intentou pero recibiu un gol xusto antes do descanso que os deixou moi tocados, e os locais fixeron máis dano na reanudación, con outra diana. O Friol recurtou distancias no 81′ por medio de Michael e o Chantada sentenciou nos intres finais cun tanto de Dani Delgado.

Lourenzá 0-1 Xove Lago: a choiva e o vento foron protagonistas en Santa Cruz este domingo. No primeiro tempo os locais fixeron moito dano ao Xove por medio de pases interiores e jogadas a balón parado. Tras o descanso, os visitantes cambiaron o sistema e deron un paso adiante, pero os locais defenderon moi ben a súa área. Trullo foi decisivo unha vez máis e, nos intres finais do choque, Maikel fixo un golazo desde a esquina da área para sacar tres puntos do feudo dun Lourenzá que mereceu máis.

San Lázaro 0-2 Monterroso: os de Cerdeiriños levaron tres puntos de ouro das Gándaras logo de aproveitar as ocasións que tiveron no primeiro tempo. Aos 3 minutos, Lorenzo mandou ao fondo da rede un centro de Crespo e, media hora despois, este último fixo o 0-2. Os da Ponte cambiaron o sistema tras o descanso e apretaron a portería defendia por Xabi, pero non foron quen de anotar.

Folgueiro 0-2 Sporting Pontenova: logo dun primeiro tempo moi igualado no que o Folgueiro propuxo máis con balón e o Sporting agardou aos seus rivais pero gozou de ocasións á contra, os da Pontenova estiveron máis atinados na segunda metade. Aínda que no comezo do segundo tempo foron mellores os locais, os visitantes aproveitaron as súas opcións e conseguiron dous tantos que lles serviron para saír do Vicedo con tres puntos de ouro.

Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.