portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 3

Os máxicos da Primeira están a dar moitas alegrías aos seus equipos. Estes son os destacados da terceira xornada.

Unha dimisión, varios golpes sobre a mesa e unha dolorosa remontada no derbi

O Trío de Ases de hoxe non chega con resultados moi positivos. A Terceira RFEF deixou todo tipo de resultados para os conxuntos lucenses: a victoria do Polvorín nas Somozas, o empate do Racing Villalbés ante o Silva e a derrota do Viveiro en Arzúa. Se comezamos polo máis positivo, o filial do CD Lugo […]

Máxicos Primeira. Xornada 2

A a Primeira e os seus máxicos xa están a demostrar que non vai ser apta para cardiacos…

Diario dun Mercado. Episodio 260

21 de outubro e seguimos publicando novidades que nos chegan desde todos os rincóns da provincia. A escasos días do comezo da Segunda e Terceira Autonómica, moitos clubes ultiman os seus cadros de futbolistas. Na Primeira Galicia, o Portomarín continúa a incorporar a vellos rockeiros de gran nivel, como é agora o caso de Javicho, […]

Máxicos Primeira. Xornada 1

Chantada Atlético 2-4 Portomarín: os visitantes leváronse os tres puntos na súa estrea en Primeira. O Sangoñedo albergou un choque de ida e volta no que ambos conxuntos puideron vencer, pero dous dobretes de Sergio Arias e Hugo Rigueira decantaron o choque. Burela 1-1 Castro: a Marosa viviu un duelo igualado no que ambos equipos […]

O retorno máis agardado

84 semanas. Dícese rápido. Pero non pasaron tan rápido. Foron meses moi duros para todos e para todas. Porén, aquí estamos. E hoxe é un día de festa para todos nós, non pode ser doutra forma. Volve a Primeira Galicia aos nosos campos, retorna a competición oficial a moitos recunchos da provincia -os que non […]

Diario dun mercado. Episodio 259

Xa facía ben tempo que non falabamos dos movementos do Mercado. Quizais por iso hoxe traemos unha chea de novidades en moitas categorías. Na Primeira Galicia, a SD Outeiro de Rei incorpora ao lateral Adrián López, que chega desde a Residencia xuvenil. Un dos mediocentros máis contrastados na categoría, David Barrio, é novo xogador do […]

A Segunda e a Terceira xa teñen calendario

Xa facía ben tempo que non falabamos da Segunda e da Terceira Rexional. Porén, logo do anuncio que fixo a Futgal fai unhas semanas do retorno destas competicións, ambas están no noso punto de mira. Hoxe traemos o calendario dos distintos subgrupos da Segunda e a Terceira Galicia, as competicións que manteñen esa esencia que […]

O Pichón, Muimenta

Diario dun Mercado. Episodio 257

O mercado segue a deixar titulares nos últimos días. Con algunas competicións xa comezadas e outras a escasas semanas de facelo, as novidades de hoxe concéntranse na parte norte da provincia. Así, o lateral Ángel cambia a banda da Marosa pola do Martínez Otero. O xogador defenderá a elástica do CD Foz na presente temporada. […]

O Pichón, Muimenta

Diario Dun Mercado. Episodio 255

A menos de tres días para que arrinque a Preferente e a un mes do comezo da Primeira Autonómica, os clubes lucenses ultiman os seus cadros de xogadores. É o caso, de feito, de moitos dos conxuntos que competirán na Primeira nesta 21/22. Se empezamos o repaso polo norte, a primeira novidade chega desde Xove, […]

Diario dun mercado. Episodio 252

Volve o fútbol amateur á provincia. O vindeiro domingo comezarán a temporada os clubes da Terceira RFEF, mentres que o día 19 o farán os lucenses da Preferente. Aínda así, non todos os equipos teñen pechados os seus cadros, en particular os da Primeira, Segunda e Terceira Galicia, que terán que agardar unhas semanas máis […]

Mel, Pastoricense

Diario Dun Mercado. Episodio 248

Dous días levamos sen publicar un #Diariodunmercado. E en dous días, os clubes enchen as nosas bandexas de entrada con novidades. En primeiro lugar, o defensa arxentino do CD Lugo Matías Vesprini marcha á SD Compostela, onde xogará en calidade de cedido por segundo ano consecutivo. Outra marcha é a de Artai Pacios, que cambia […]

Preferente Galicia 2021 2022

Estas serán as datas sinaladas da Preferente

Fai apenas unhas horas que coñecemos o calendario na Preferente para esta 21/22, onde a nosa provincia estará representada por sete equipos repartidos por toda a xeografía lucense. Seis dos nosos equipos debutarán o domingo 19 de setembro, pois o Lemos terá que agardar unha semana máis ao descansar na primeira cita. Así, estes serán […]

Diario dun mercado. Episodio 246

A inminente chegada das competicións autonómicas e provinciais está a provocar unha explosión no mercado de fichaxes: fútbol afeccionado, fútbol feminino, fútbol base… todos eles son protagonistas no repaso de hoxe. Comezamos o noso diario co fútbol feminino: Yanire, ex do PM Friol e das categorías de base do San Roque, será nova xogadora do […]

Félix, Escairón

Diario dun mercado. Episodio 243

Chega un novo día de movementos na nosa provincia. E a primeira novidade vén desde un concello que leva varias semanas sendo protagonista: Friol. Nel, o conxunto feminino que pelexará polo ascenso á Segunda División, o PM Friol, anunciou a renovación da chantadina Nerea Rodríguez, xogadora que alterna o primeiro e o segundo equipo das […]

Cerdeiriños será o Edén dos gardamallas

A pandemia está a causar moitos efectos nas nosas vidas. Despois de moitos meses sen realizar actividades «cotiás», as nosas mentes teñen moitas ganas de recuperar certa normalidade. É o caso do fútbol afeccionado, cuxos protagonistas teñen moita fame de voltar. Xa se viu en algún torneo veraniego como o «Fútbol Burbulla» de Baamonde, con […]

A Primeira Galicia volve reformada

Que ganas tiñamos de dar esta noticia! A Futgal publicou no día de onte o plan competicional da Primeira Autonómica para a 21/22. Unha categoría que, despois de ano e medio de parón, volverá a encher os campos da nosa provincia cun formato diferente ao que nos tiña afeitos. Esta «nova» Primeira é bastante similar […]