O Escairón di adeus á Supercopa galega

Dúas derrotas pola mínima apartan ao Atlético Escairón do soño de poder xogar a Copa do Rei. Para iso tiña proclamarse campión da Supercopa Galega, pero o conxunto do Saviñao non foi quen de dobregar nas semifinais a un Cultural Areas que amosou un mellor ton físico que os de Óscar Moure. a ida no […]

mercado

Os lucenses da Primeira Futgal xa coñecen o calendario para a temporada 2024/2025

A Federación Galega de Fútbol publicou o calendario da Primeira Futgal para a nova campaña, así como unha circular na que se explica o sistema de competición. Nunha temporada na que se prometían moitos trocos, o grupo III segue a estar conformado por dezaoito conxuntos lucenses, non optando así pola proximidade xeográfica e si por […]

Diario dun mercado. Episodio 446

Comezamos o episodio 446 do noso Diario coa gran nova protagonizada polo viveirense Xoel Trasancos. O centrocampista será membro a todos os efectos do primeiro equipo da SD Compostela, logo de dúas grandes temporadas nas filas do Sigüeiro, filial do conxunto santiagués. Continuamos coa renovación do lateral Mati co Ribadeo. O futbolista arxentino, convalecente dunha […]

Diario dun mercado. Episodio 445

Comezamos un novo Diario dun Mercado cun lucense que xogará fóra das nósas fronteiras. Diego Fraga ‘Lucky‘ deixa o Friol para xogar no Xuventude Sanxenxo, un histórico do fútbol galego que se atopa en horas baixas e que pelexará por ascender á Primeira Futgal. O Monterroso contará con Koeman como segundo adestrador a carón de […]

Ribadeo e Lemos comezan na casa a nova Preferente Futgal

Xa se coñece a folla de ruta dos catro conxuntos lucenses que disputarán a recén denominada Preferente Futgal. Unha categoría que seguirá mantendo a tradicional división norte-sur e que compoñerán dezaoito equipos. Mugardos, Sofán, Miño, O Val, Dubra, Negreira, Paiosaco, Ribeira, Montañeros, San Tirso, Arzúa, Ordes e Sigüeiro, representarán á provincia da Coruña, mentres que […]

Os lucenses de Terceira RFEF estrean a temporada a domicilio

A Terceira RFEF xa ten calendario de cara a temporada 2024/2025. A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o sorteo dunha competición, que ao igual que a pasada campaña contará con dezoito equipos, catro deles lucenses: Racing Vilalbés, Sarriana, Polvorín e Viveiro. O azar quixo que todos eles comecen a competición o día 8 […]

Diario dun mercado. Episodio 442

Comezamos este novo episodio do noso Diario dun Mercado con novidades en varios conxuntos mariñáns de Primeira Futgal. O Foz anunciou a fichaxe do mediocentro Alberto. O experimentado futbolista retorna ao Martínez Otero, onde xa foi importante durante dúas temporadas, procedente do Xove Lago. O Lourenzá refórzase coa chegada de Miguel Barreira. O defensor retorna […]

Diario dun mercado. Episodio 438

Comezamos un novo episodio do noso Diario coa renovación de Cuadrado na Sarriana. O dianteiro cumprirá a segunda temporada na Ribela e volverá cadrar con Santi Gegunde, con quen compartiu vestiario no Racing Vilalbés. Asier Seijas renova no Atlético Escairón. O monfortino afronta a terceira campaña consecutiva no Municipal e retorna así a Preferente, categoría […]

mercado

A vida segue igual no grupo lucense da Primeira Futgal

A proximidade xeográfica non primou á hora de decidir a composición dos grupos da Primeira Futgal, cando menos para os equipos lucenses. Os 108 conxuntos galegos da categoría votaron a distribución dos seis grupos que esta vindeira temporada 2024/2025 conformarán a anteriomente denominada Primeira Galicia entre as tres opcións que saíron da reunión dos clubs […]

Diario dun mercado. Episodio 432

Comezamos o novo episodio do noso Diario dun Mercado cun futbolista que traspasa as fronteiras da provincia. Rares Mezdrea, que xa anunciara nos pasados días a súa saída do Racing Vilalbés, seguirá en Segunda RFEF nas filas do Pontevedra. O atacante chairego de orixe rumana, aínda en idade sub-23, acumulaba tres temporadas co primeiro equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 429

Abrimos este novo Diario cun futbolista que deixa o noso fútbol. O ferrolán Hugo García, que militou a última temporada no Polvorín, é novo xogador do Rayo Majadahonda, conxunto recén descendido á Segunda RFEF. Na Sarriana seguirá unha temporada máis Brais Prieto. O do Valadouro militará por cuarta temporada no conxunto da Ribela. Tamén renova […]

Diario dun mercado. Episodio 428

Abrimos o episodio 428 do noso Diario dun Mercado con novidades nos conxuntos lucenses da Terceira RFEF. A Sarriana asinou a renovación de Keko Vilariño. O termómetro do centro do campo sarriao continuará un ano máis na Ribela. O Polvorín fichou a Raúl Paz, futbolista vigués procedente do Estradense, onde vén de realizar unha gran […]

Diario dun mercado. Episodio 425

Seguimos achegando as últimas novas no mercado do fútbol lucense. Comezamos este Diario falando de Iago Díaz. O extremo lucense non deixa o sur de España e cambia Huelva por Jerez. Militará no Xerez CD, un club histórico que trata de volver medrar en categorías logo de pasar unha década nas divisións máis baixas. O […]

Diario dun mercado. Episodio 422

Abrimos este novo Diario coa confirmación da fichaxe de Lucía Pardo pola Real Sociedad. Tal e como anunciara o medio dixital Relevo, a futbolista de Outeiro de Rei chega ao club txuri-urdin procedente do Madrid CFF. Asina por dúas temporadas e estará adestrada por José Luis Sánchez Vera, campión de liga co Atlético de Madrid […]

A Preferente 2024/2025 xa colle forma

A Federación Galega de Fútbol comeza a deseñar unha nova temporada no noso fútbol, nun ano marcado en negriña ao ser o primeiro no que os límites xeográficos non determinará a composición dos grupos. A Preferente é a primeira que comeza a coller forma. E o certo é que non se albiscan grandes trocos na […]

Diario dun mercado. Episodio 415

Comezamos este Diario falando de novo de Lucía Pardo. A futbolista de Outeiro, logo de desvincularse do Madrid CFF, parece que recalará na Real Sociedade, tal e como adiantou a xornalista Sandra Riquelme de Relevo. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés asinou ao atacante coruñés Gabriel Barroso, procedente do Viveiro onde coincidiu co adestrador Alberto […]

Diario dun mercado. Episodio 413

O mercado non para. Comezamos este novo diario coa mellor xogadora da provincia. Lucía Pardo deixa o Madrid CFF logo de tres anos na capital. Tras comezar no filial, a de Outeiro rapidamente chegou ao primeiro equipo e inscribiu o seu nome na historia do fútbol feminino tras ser a primeira goleadaora na temporada 2022/2023, […]

Diario dun mercado. Episodio 411

O Diario dun Mercado chega con importantes novidades en distintas categorías

Diario dun mercado. Episodio 410

O novo episodio do Diario dun Mercado comeza coa renovación de Pablo Antas nas filas da SD Compostela. O monterrosino seguirá capitanenado ao conxunto da capital de Galicia e cumprirá a súa sexta campaña na entidade. Fóra das nosas fronteiras o burelao Pol Bassa asinou como novo futbolista do Tenerife, aínda que terá ficha do […]