#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Dani Delgado (Escairón): «A vitoria foi un premio tras varias xornadas sen sorte»

Chegou a primeira vitoria do Escairón no seu retorno a Preferente. Os do Saviñao, que se están a amosar moi competitivos neste comezo de temporada, tiveron que agardar á quinta xornada para celebrar o primeiro triunfo. E este chegou fronte a un conxunto que contaba os encontros por vitorias, o Dubra.

Os de Óscar Moure asaltaron o Juan Baleato con dous tantos de Dani Delgado. O chantadino pasou polos micrófonos do Ser Deportivos e respostou ás preguntas de Álex Gato, conductor do espazo radiofónico, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo.

Podes escoitar íntegra a entrevista aquí:

O triunfo co Dubra. «Mereciamos esa vitoria. Viñamos de encontros complexos, pero realizamos un encontro moi serio e vencemos a un rival difícil como é o Dubra«.



Os goles. «No primeiro aproveitei un mal despexe da defensa tras unha falta lateral. Quedou o balón morto e disparei. O segundo chegou tras un córner, que rematei no segundo pao«.

O comezo ligueiro. «Estamos nunha boa dinámica a pesar de que non chegaban os resultados. Estamos competindo moi ben e o triunfo considéroo un premio logo de catro xornadas nas que non tivemos a sorte de cara«.

O debut na Preferente. «A gran diferencia está no ritmo de xogo. Non te podes despistar un segundo, se non encaixas un gol«.



O vindeiro rival. «O Lalín, aínda que non o coñezo moito, todo parece indicar que vai estar arriba, ao igual que o ano pasado. Pero o do Escairón é un campo complexo«.

A non fusión dos equipos chantadinos. «O mellor para todos sería que houbera un equipo só. Cos xogadores que hai na SD Chantada e no Chantada Atlético fariase un bo equipo para competir en Preferente. Logo son temas entre directivas nos que non vou entrar«.

Dani Delgado (Escairón): «A vitoria foi un premio tras varias xornadas sen sorte»

O Pol logra a primeira vitoria da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *