#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Labrada: «Estou convencido que o Ribadeo manterá a categoría sen problema»

A etapa de Ramón Labrada á fronte do Ribadeo resultou máis breve do agardado. O técnico chegou ao Pepe Barrera o pasado verán avalado pola súa boa labor no Riotorto e no Meira, pero o mal comezo ligueiro (tres puntos en sete xornadas sen coñecer a vitoria), levaron a club e adestrador a separar os seus camiños. O seu sustituto será Luchi, que chega ao club ribadense tras unha exitosa etapa na SD Burela.

Labrada pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo e respostou ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, presentador deste espazo radiofónico, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo.

Aquí podes escoitar a entrevista completa:

Unha decisión meditada. «Malia a estar no comezo de liga, non estabamos sacando os resultados que queriamos. Teño moi boa relación co director deportivo e coa directiva e logo de dous enfrontamentos directos con Pol e Escairón era da idea de trocar algo no caso de non gañar cando menos un deles. Falamos as cousas dun xeito sano e natural e decidiuse que chegara outro técnico para intentar revertir a situación«.



Os motivos dos malos resultados. «Comezamos con resultados adversos e costounos voltar á liña de xogo que tiñamos en pretemporada. O cadro de xogadores é novo nun setenta e cinco por cento. Era preciso acoplalo xunto cos novos xogadores que chegaron xa coa liga comezada. De todolos xeitos, neste proceso de adaptación tamén tiñan que chegar os puntos«.

O proceso. «No último encontro co Escairón o equipo deu síntomas de melloría. Era un encontro que podíamos deixar encarrilado ao descanso e que se complicou na segunda parte, pero o equipo estivo mellor que en días anteriores. Fomos máis sólidos e nese proceso se debe continuar. Mario Lorido, que é un xogador diferencial, estivo fóra varias xornadas . . . é preciso ir acoplando as pezas«.

A falta de paciencia no fútbol. «Neste caso non foi así. A decisión no comezo tamén partiu de min, por que con sete xornadas o equipo considero que debera ter máis puntos. Os xogadores estaban traballando fenomenal, de dez, e é outra xornada sen gañar. O equipo precisa trocar algo, reactivarse, a ver se é posible revertir a situación«.



A permanencia do Ribadeo. «Vai lograr manter a categoría, estou convencido. É un grupo con moita predisposición ao traballo, é un luxo. É cuestión de gañar un partido e comezar a ir cara arriba. Ao mellor non é posible estar na zona alta, pero salvar a categoría con comodidade si».

O futuro de Labrada. «Foron meses moi intensos. Volcámonos moitos neste proxecto e impuxémonos unha presión grande. Gustaríanos que fora máis duradeiro, pero non puido ser. Agora sen esta mochila disfrutaremos un tempo antes de involucrarse noutro proxecto«.

Labrada: «Estou convencido que o Ribadeo manterá a categoría sen problema»

Pol e Escairón fuxen do perigo

1 comentario

  1. Antón
    29th Oct 2024 Reply

    Oxala,teña razón o señor Labrada.Pero da noxo ver o equipo.Algún xogador non parece tal,mais ben,aparenta ser loitador de sumo ou participante de competición gastronómica. E si a figura e o Castrín,apaga e vamonos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *