Samu Orosa lidera a primeira do Catro Roldas

O Tres en Raia En Boas Mans da cuarta xornada tráenos a primeira vitoria do Catro Roldas. Foi na Canteira diante do Friol B. O Goiriz segue intratable e conta cun pleno de puntos tras golear ao Celeiro. Abadín e Rioaveso gañaron a domicilio, mentres que o Cazás venceu ao Matela nun choque entre dous […]

O Pol logra a primeira vitoria da historia na Preferente

O Trío de Ases O Cantón achéganos a un día histórico no Municipal de Pol. O cadro local logrou a primeira vitoria da súa historia na Preferente. Foi no derbi provincial diante dun Ribadeo que segue sen gañar. O Lemos igualou no campo do Val e o Escairón caeu na casa co Lalín. Na Terceira […]

Dani Delgado (Escairón): «A vitoria foi un premio tras varias xornadas sen sorte»

Chegou a primeira vitoria do Escairón no seu retorno a Preferente. Os do Saviñao, que se están a amosar moi competitivos neste comezo de temporada, tiveron que agardar á quinta xornada para celebrar o primeiro triunfo. E este chegou fronte a un conxunto que contaba os encontros por vitorias, o Dubra. Os de Óscar Moure […]

Sober e Sarriana B gañan de sete

A terceira xornada do Tres en Raia En Boas Mans de Terceira Futgal foi unha auténtica toleada de goles no grupo sur. A Sarriana B venceu por sete ao Bóveda e o Sober fixo o propio na Carqueixa fronte ao Río Sil no derbi. Pero Sporting Lucense e Monterroso B meteron catro cada un a […]

O Escairón acada a primeira vitoria da temporada

O Trío de Ases O Cantón tráenos a vitoria do Sarriana na Terceira RFEF no campo do Somozas, que o sitúa segundo na clasificación, só por detrás do Estradense. O Racing Vilalbés empatou no campo do Valladares, mentres que o Viveiro colleitou a primeira derrota do curso no feudo do Boiro. Tamén perdeu o Polvorín […]

Adri Lombao (Viveiro CF): «Todos temos claro que o gran obxectivo é a permanencia»

O Viveiro comezou con bo pé esta temporada 2024/2025. Tres vitorias e un empate en catro xornadas situaron ao conxunto mariñán no pelotón de cabeza dunha Terceira RFEF que promete máxima igualdade, como en anteriores edicións. Un dos referentes deste conxunto, malia súa xuventude, é o coruñés Adrián Lombao Chao (A Coruña, 28-07-2004). Na súa […]

Celeiro e Chantada Atlético B debutan con goleada

A segunda xornada do Tres en Raia En Boas Mans na Terceira Futgal déixanos un triple empate no liderado do grupo norte. Matela, Goiriz e Cazás contan os seus encontros por vitorias, mentras que o Celeiro estreouse con goleada tras o adiamento do seu encontro na primeira xornada. No grupo sur, Monterroso B e Sporting […]

O Viveiro camiña con paso firme na Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos ao Viveiro na segunda praza da Terceira RFEF. O cadro mariñán gañou en Cantarrana ao Vilalonga e mantense invicto. Tamén gañou o Polvorín na Cheda ao Arteixo. Colleitaron a primeira derrota do curso a Sarriana e o Racing Vilalbés, ambos como locais, fronte a Boiro e Arousa respectivamente. […]

Losada (Lemos): «Primeiro rematei fóra pero na segunda xa foi gol»

É o gardameta do moda no noso fútbol. O futbolista do Lemos e dúas veces All Star Futbolinlugo Pablo Losada Gutiérrez (Monforte, 07/02/2001) sumou ás súas habilidades baixo paos outra faceta máis: a de goleador. No desconto do encontro fronte ao Ordes disputado na Pinguela, o porteiro anotou cun bo testarazo o gol do empate […]

Matela e Monterroso B comezan liderando a Terceira Futgal

Deu comezo a Terceira Futgal e con ela chega o Tres en Raia En Boas Mans. Arrancou a competición con dous líderes sorprendentes vistas as prestacións na pasada campaña de ámbolos dous conxuntos. No grupo norte o Matela goleou na casa á Comercial e comeza a liga no máis alto. O Goiriz sacou o encontro […]

Sarriana e Viveiro colideran a Terceira RFEF

Chega o segundo Trío de Ases O Cantón da temporada, e faino con outra xornada de bos resultados dos nosos equipos de Terceira RFEF. A Sarriana derrotou con claridade na Ribela ao Valladares e o Viveiro venceu pola mínima en Cantarrana ao Arousa. Racing Vilalbés e Polvorín acadaron sendos empates como locais. Os chairegos diante […]

Rioaveso e Río Sil comezan a Terceira Futgal unha semana despois

Coñecemos o calendario da próxima temporada da Terceira Futgal, unha competición que conta con dous grupos na nosa provincia, norte e sur, formados por once conxuntos cada un. A permanencia en Primeira Futgal da Milagrosa, aínda que desprazado a xogar ao grupo sexto, fixo que o Mondoñedo mantivera a súa praza en Segunda, deixando impar […]

Un pleno na Terceira RFEF para comezar

Volveu a competición e chega o Trío de Ases Panadería O Cantón. Non puido comezar mellor para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Un pleno de vitorias, ademáis a domicilio. O Racing Vilalbés goleu ao Betanzos, a Sarriana venceu no campo do todopoderoso Arousa, o Polvorín derrotou ao Barbadás e o Viveiro fixo o propio […]

Jaime Paz: «Non debemos esquecer que o gran obxectivo é a permanencia»

A SD Sarriana afronta a súa segunda temporada en Terceira RFEF e faino coa ilusión de mellorar a pasada. O reto non é sinxelo, xa que, na primeira tentativa os sarriaos lograron clasificarse para o play off de ascenso. Un dos trocos máis salientables está no banquiño. Jorge Cuesta asinou no Bergantiños de Segunda RFEF […]

Iberia-Guitiriz e Brollón-Friol, os encontros máis destacados do comezo da Segunda Futgal

Fíxose de rogar, pero aquí está o calendario da Segunda Futgal para a temporada 2024/2025. Na nosa provincia contamos con trinta e dous conxuntos divididos en dous grupos, norte e sur, compostos cada un por dezaseis equipos. No grupo norte competirán Celta Barreiros, Guitiriz, Riotorto, Sporting Pontenova, Casás, Piringalla, Cospeito, Muimenta, Mondoñedo, Candelaria, Xermade, San […]

Diario dun mercado. Episodio 456

Xa entrado o mes de setembro, o mercado segue activo na nosa provincia. Comezamos coa nova fichaxe dunha Sarriana que se está a reforzar moito de cara a nova temporada. O defensor ribadense Vilela chega cedido á Ribela procedente do Fabril, logo de ser unha peza importante no xuvenil deportivista. Tamén chega ao conxunto adestrado […]

A pretemporada en imaxes: Chantada B – Ferreira

O Chantada B e o Ferreira disputaron un amigable que serviu para celebrar o Trofeo das Festas. Os de Pantón voltarán a competir na recén denominada Segunda Futgal e o filial chantadino tamén o fará, pero agarda a confirmación oficial da Federación Galega, tras a aceptación da Milagrosa de competir no grupo 6 de Primeira […]

Dumi (Castro): «Aceptei o cargo de adestrador con moita ilusión»

O pasado 22 de xuño, no IV All Star Futbolinlugo celebrado no campo do Ladairo en Guntín falamos con Diego Pardeiro ‘Dumi‘, ata daquela capitán do Castro. Un dos clásicos do noso fútbol que pasou polo Racing Vilalbés, Foz, Ribadeo e que cumpriu nove temporadas no cadro do Arturo Pereiro. Agora, unha vez colgadas as […]

Diario dun mercado. Episodio 450

Xa preto do comezo da temporada en varias categorías, as novidades nos conxuntos lucenses seguen sucedéndose. O Viveiro revolucionou o seu cadro de xogadores nos últimos días. Obi, Alex Sander, o andaluz Yerai e os mariñáns Jairo e Kevin non comezarán a nova campaña ás ordes de Jadri Rego. Pola contra, chegan ao conxunto celeste […]

A pretemporada en imaxes: Lemos – Racing Vilalbés

Os conxuntos lucenses ultiman a súa posta a punto de cara a temporada que está a piques de comezar. O Racing Vilalbés deu mostra da súa calidade e imúxose con claridade na Pinguela ao Lemos. Aquí as mellores imaxes do encontro da cámara de Mariluz Fagín.