Os números do Goiriz, os mellores da Terceira Futgal

Unha vez rematada a primeira volta na Terceira Futgal a competición parou na ponte de decembro. É bo momento para facer un pequeno análise do acontecido ata hoxe nunha categoría na que, de rematar hoxe, Goiriz e Cazás no grupo norte, e Sporting Lucense e Monterroso B, no grupo sur, acadarían o ascenso directo.

grupo norte

O Goiriz lidera este grupo desde o comezo. Os pupilos de Manuel Veiga gañaron nove dos dez encontros disputados e non coñecen a derrota. Vinteoito puntos de trinta posibles, cun pleno de vitorias fóra da casa e con trinta e cinco goles favor, dan boa mostra do dominio do do Ventiño. Xogadores diferenciais na categoría como Vizoso ou Muñiz déronlle un plus a un grupo que a pasada campaña xa rozou o ascenso.

O Cazás, xunto co Matela, foron os dous conxuntos que deron un gran paso adiante con respecto das últimas campañas. Os xermadinos son segundos clasificados e firmes candidatos ao ascenso de categoría, en boa medida grazas á súa gran labor defensiva. A chegada de xogadores contrastados en categorías superiores como Vizo ou Fran e a aportación de Bruno, Luis ou Álex, resultaron determinantes nesta espectacular primeira volta. O Matela a estas alturas de competición a pasada temporada contaba con catro puntos. Este ano ten vinte e é outro dos firmes candidatos a xogar o vindeiro ano en Segunda Futgal. A gran capacidade ofensiva do equipo de Cuchi, liderada polo pichichi Simao, contrasta coa febleza defensiva con vinteún tantos encaixados.

O Castroverde é o conxunto máis en forma arestora. Os de Iago Núñez conseguiron vencer nos seis últimos encontros e ben seguro darán guerra no só por entrar no play off, senon por lograr unha praza de ascenso directo, ao igual que o Rioaveso, que pasa por ser un dos conxuntos máis fiables da competición.



O último posto de play off ocúpao o Abadín. Os de David Lorenzo logo dun gran comezo sufriron un baixón no que catro derrotas consecutivas afastáronos da pelexa pola segunda praza. Na segunda volta terán que pelexar por manter un posto na promoción fronte a un Celeiro que tras o troco no banquiño e a chegada de varios reforzos promete dar un plus na segunda volta.

Máis alonxado da pelexa está o Roupar. O conxunto xermadino tras acoplar todas as súas pezas nunha restructuración case que integral do cadro de xogadores é de supoñer que vaia a máis no que resta de liga. Un chanzo máis abaixo está o Catro Roldas. Os de Suso Coto fixeron máis méritos que puntos nunha primeira volta na que os erros nas áreas penalizounos en gran medida.

Friol B e Comercial tentarán na segunda metade de liga acadar mellores sensacións e lograr unha melloraía defensiva que lles permita sumar puntos e rematar a competición con mellor sabor de boca.



grupo sur

Neste grupo á igualdade é máis grande que no norte. O Sporting Lucense é primeiro na clasificación con vintecatro puntos. Oito triunfos e dúas derrotas para os da capital da provincia, que contan con dous de vantaxe sobre o segundo e terceiro clasificado.

O Corgo, en racha antes do parón, é segundo e parece que esta temporada atopou a regularidade que lle faltou o ano pasado para ser unh claro aspirante ao ascenso. Empatado a puntos cos de Abel Rochela está un Monterroso B que sumou quince dos seus vintedous puntos lonxe de Cerdeiriños.

Cuarto clasificado e a dous puntos do ascenso directó é o Sober. Os de Ibán Lagoa, invictos en Centeás, contan de novo coa inspiración goleadora do killer Martín. Se na tempoarada pasada logrou vintecinco goles en vinte partidos, nesta suma quince en só dez encontros. Uns números que asustan a calquer defensa e que poden ser decisivos na sorte dos soberinos.

As dúas últimas prazas de play off ocúpanas dous filiais. Sarriana B e Taboada B deron un gran paso adiante logo da pasada temporada e prometen pelexa na segunda volta. Carballedo, Chantada Atlético B e un Río Sil que mellorou as súas prestacións nas últimas xornadas son tamén firmes candidatos a pelexar unha praza nunha promoción que vai estar máis reñida ca nunca neste grupo sur.

Sen opcións están nas últimas prazas Bóveda e Relámpago Taboada. Os primeiros foron quen de sacar adiante un encontro e estiveron preto de sumar diante de varios conxuntos da zona alta da clasificación. O Relámpago é o único equipo que non foi quen de puntuar na primeira volta.



Os números do Goiriz, os mellores da Terceira Futgal

Un Mondoñedo á alza e un San

Os números do Goiriz, os mellores da Terceira Futgal

As Copas da 2024/2025 xa teñen folla

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *