Con preto dun tercio de competición consumido, a Sarriana lidera a táboa clasificatoria da Terceira RFEF. O novo proxecto dos da Ribela, liderado no banquiño por Jaime Paz, comezou a temporada do mellor xeito e convertiuse, se xa non o era, nun claro aspirante a pelexar polo ascenso.
Falamos no Ser Deportivos Lugo con Javi Liz, gardameta e capitán da Sarriana acerca do momento que vive o seu equipo e as posibilidades dos sarriaos. Álex Gato, presentador do espazo radiofónico, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo, foron os encargados de entrevistar ao futbolista lucense.
Podes escoitar aquí a entrevista completa:
O comezo de competición. «A temporada está dándose ben. As expectativas eran poder pelexar por estar arriba. Creo que o traballo de cada semana está véndose reflexado no campo e agardamos seguir así«.


As diferencias co proxecto de Jorge Cuesta. «Tanto Jaime Paz como Jorge Cuesta son dous adestradores parellos, aínda que coas súas diferencias. Os dous apostan polo balón, ser dominadores do xogo e facer un fútbol ofensivos. A verdade é que estamos moi contentos co traballo que estamos a facer con Jaime Paz«.
A igualdade na zona nobre de Teceira RFEF. «É unha categoría moi parella. Hai equipos aos que lles custou arrancar, pero que xa están aí, polo que entedemos que sumar cada encontro é moi importante se queres estar arriba«.
A chave para seguir arriba. «Reducir os goles en contra é un debe. Temos moito gol, xogadores arriba con moita calidade, pero atrás as cousas non estaban a saír ben. Agardo que a portería a cero contra o Barbadás fora un punto de inflexión. Encima eu como porteiro dóeme máis esta situación«.

O derbi co Viveiro. «Sería importante sumar outra vez de tres na casa e con portería a cero. É un derbi, que sempre son partidos complicados e contra un Viveiro que chega con dous vellos coñecidos no ataque: German e Diego Santín. Non temos moitas referencias do novo Viveiro de Fabri, pero agardamos un equipo moi duro agora con Fabri no banquiño, un histórico do fútbol español.«
Foto de portada: El Progreso.