Diario dun mercado. Episodio 290

Comezamos este novo Diario dun Mercado con novas na capital da Terra Cha. O Racing Vilalbés recupera a Diego Ferreiro, logo de xogar a última temporada nas filas do Santaballés. O mediocentro terá ficha do filial, aínda que alternará coa dinámica do primeiro equipo. Para o filial chega Carlos Fole, xogador da canteira racinguista que […]

Diario dun mercado. Episodio 289

Comezamos con novidades no fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol renovou a Ana Bonilla, que continuará no conxunto lucense unha temporada máis. Sen deixar de falar de perruqueiros, Marino, que xa anunciou a súa non continuidade no Viveiro, todo indica que será nos vindeiros días novo xogador da Sarriana. O cadro sarriao anunciou as renovacións […]

Diario dun mercado. Episodio 286

Os conxuntos lucenses continúan coa configuración dos seus cadros de xogadores. É o caso da Residencia que anunciou a renovación de Rois, Yeray, Lucas e Dani López. O Lemos anunciou a renovación de Álvaro, Mauro e Borja Castro, así como a contratación do polivalente Samu, que chega procedente do Castro. Tamén continuará no Ribadeo un […]

Diario dun mercado. Episodio 284

Non da tregua o mercado do fútbol provincial. O Viveiro perde dous efectivos importantes de cara a vindeira temporada. Un deles, o pontés Dani Fernández pecha a súa segunda etapa no conxunto celeste. O outro, Tichu. O de Outeiro de Rei deixa o Viveiro e xogará o próximo ano no equipo do seu pobo. Na […]

Diario dun mercado. Episodio 281

Os dous representantes lucenses en Terceira RFEF achégannos novidades. O Racing Vilalbés vén de asinar un gardameta de garantías. Álex Santomé, madrileño de nacemento pero de familia vilalbesa, defenderá a portería do conxunto chairego logo das saídas de Ángel Fraga e Javi Rumbo. O gardameta, procedente do Marbella, formouse nas categorías inferiores do Atlético de […]

Máxicos Luca’s Grill. Semifinais de Copa.

As semifinais da Copa Deputación xa están resoltas. Chantada Atlético e Outeiro de Rei son os finalistas, logo de eliminar a Residencia e Friol, respectivamente. Chantada Atlético 1 (por penaltis) – 1 Residencia. O encontro comezou de cara para a Residencia. No minuto 2, Txiki adiantou ao cadro lucense logo dunha boa xogada combinativa. Non […]

Diario dun mercado. Episodio 277

O mercado está que arde ao longo e ancho da nosa provincia. Comezamos na Terceira. O Racing Vilalbés anunciou as baixas de Ángel Fraga e Otero. O primeiro foi indiscutible na portería da Madalena, pero por motivos laborais abandonará o conxunto chairego. O gardamallas marcha a Pamplona e é probable a súa fichaxe nalgún conxunto […]

O partido da xornada . . . Iberia – Becerreá: o bo fútbol cítase na final da Ribela

A Ribela acolle este domingo as primeiras finais da Copa Deputación, na que será unha tarde intensa no estadio sarriao. Primeiro a cita é co fútbol feminino. Ás 17:30 horas o CD Lugo e o Antas disputan unha final na que as albivermellas parten como teóricas favoritas. Dúas horas máis tarde, ás 19:30 horas, disputarase […]

Máxicos Luca’s Grill. Cuartos de final

Xa coñecemos os catro semifinalistas da Copa Deputación para os conxuntos de Preferente e Primeira: Chantada Atlético, Residencia, Friol e Outeiro de Rei. Chantada Atlético 3 – 0 Riotorto. A primeira metade resultou moi trabada. O calor era afabante e o Riotorto pechouse moi ben e non permitiu achegamentos con perigo do conxunto local. Malia […]

Alberto López, ex adestrador do Rácing Vilalbés

Diario dun mercado. Episodio 270

O mercado xa está en pleno movemento, sobre todo no que a aos adestradores se refire. Alberto López será o adestrador do Viveiro no ano do centenario do conxunto celeste, tal e como adiantou El Progreso. O técnico lucense realizou unha boa campaña no Lemos, co que xogou a fase de ascenso, e agora volta […]

O partido da xornada . . . Sarriana – Barbadás: o pase á Copa do Rei xógase no Sangoñedo

Coa temporada regular rematada, Sarriana e Barbadás, terceiros clasificados nas fases de ascenso no grupo norte sur, respectivamente, disputan o domingo ás 18 horas no campo do Sangoñedo a fase previa da Copa do Rei. Calquera dos dous conxuntos partían co obxectivo de acadar o ascenso a Terceira División e quedaron ás portas de logralo, […]

Residencia e Ribadeo festexan a permanencia e o Foz descende a Primeira

Xornada con moita tensión a última da Preferente. Na fase de ascenso o peixe xa estaba vendido. A Sarriana despediu a temporada cun triunfo diante da súa xente fronte ao Paiosaco mentres que na Pinguela o encontro entre o Lemos e o Sigüeiro tivo que suspenderse por mor da intensa choiva que caeu en Monforte. […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

O partido da xornada . . . Residencia, Ribadeo e Foz: tres equipos, un mesmo obxectivo

A competición na Preferente deixounos reservadas fortes emocións para a xornada final. Con todo o peixe vendido no grupo de ascenso, o interés céntrase na pelexa pola permanencia. O descenso do Arousa, que empurrou ao Noia desde a Terceira, unido á xa sabida perda de categoría do Sofán, fixo que saltara á palestra a terrible […]

A Sarriana queda sen o ansiado ascenso

A Sarriana quedou, por segundo ano consecutivo, sen o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de perder no campo do Arteixo. O Lemos arrancou un empate do sempre difícil campo do Fisterra. Na pelexa pola permanencia, o Foz acadou unha vitoria de moito mérito no campo do Boimorto e pelexará por seguir na categoría na […]

O partido da xornada . . . San Roque – San Lázaro: tres puntos e unha carambola para salvar a categoría

Penúltima xornada na pelexa pola permanencia en Primeira. O descenso desde Segunda RFEF do Arousa, provocou unha cascada de arrastres nas demáis categorías que complica moito a situación de moitos conxuntos na nosa provincia. É o caso de dous conxuntos da capital. San Roque e San Lázaro enfróntanse este domingo ás 16:30 horas no Polvorín […]

A Sarriana volve a postos de ascenso antes da traca final

A dúas xornadas para que remate o campionato a Sarriana recupera o seu sitio nos postos que dan acceso a xogar a vindeira temporada en Terceira. Os sarriaos venceron na Ribela pola mínima ao Sigüeiro. O Lemos perdeu na casa diante do Dubra. Na loita pola permanencia a Residencia obtivo tres puntos de ouro diante […]

O partido da xornada . . . Portomarín – Castro: noventa minutos para decidir un ascenso

Parecía claro que a Primeira Autonómica nos ía brindar un final apoteósico nesta temporada. E non é pra menos. Tres equipos chegan con claras opcións de ascenso á derradeira xornada, e dous deles enfróntanse entre si. Portomarín e Castro xóganse, o domingo ás 18 horas no Chao da Poza unha praza para competir o vindeiro […]

O Ribadeo apraza a súa permanencia matemática e dalle vida á Residencia

Non foi unha boa tarde para os conxuntos lucenses que pelexan por subir a Terceira. A Sarriana saiu dos postos de ascenso logo de empatar en Fisterra e o Lemos caeu no campo do Paiosaco. Na loita pola permanencia o Ribadeo caeu no Pepe Barrera diante do Residencia, mentres que o Escairón acadou o sempre […]

O partido da xornada . . . Pol – Portomarín: unha praza na Preferente en xogo no Municipal

A Primeira Autonómica afronta a súa penúltima xornada na fase de ascenso. Faino cun enfrontamento entre os dous máximos aspirantes a acadar o único posto que dá acceso a xogar a vindeira temporada en Preferente. Pol e Portomarín enfrontaranse o domingo ás 18 horas no Municipal, coa arbitraxe de Saúl López Parga. O Pol ocupa […]

A Sarriana volve ao liderado e o Ribadeo acariña a permanencia

Na pelexa polo ascenso a Terceira, a Sarriana obtivo tres puntos fundamentais diante do Dubra e mantén un loita encarnizada con Paiosaco e Arteixo. Tres equipos que pelexarán ata o final por dous postos de ascenso. Lonxe xa dos postos de privilexio está o Lemos, que caeu derrotado na Pinguela diante do Arteixo. Na fase […]