#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Os equipos lucenses de Preferente, a análise polos seus adestradores

O descanso de Nadal, con dúas semanas sen competición, sirve para facer balance da competición. Na Preferente, con dezaseis xornadas disputadas, a tres de que remate a primeira volta, os adestradores dos cinco conxuntos lucenses da categoría, analizan o primeiro tramo de competición dos seus conxuntos e tamén dunha segunda volta que será decisiva para todos eles.

BRAIS PRADOS (S.D. SARRIANA)

  • «Só levo cinco xornadas á fronte do equipo, pero podo facer unha valoración positiva, sobre todo deste último tramo».
  • «Estamos en postos de ascenso e polo tanto dentro do obxectivo que ten o club. Temos unha conta pendente, que son os encontros lonxe da Ribela, pero seguiremos traballando para sumar de tres en tres».
  • «Na nosa casa imprimimos un ritmo moi alto e somos un equipo moi forte. Ao rival cóstalle adaptarse ao noso campo e xeramos moitas ocasións de gol».
  • «Os números de goles encaixados falan ben do traballo que fai todo o equipo sobre todo sen balón. Ofensivamente deberamos levar algún tanto máis, debido ao gran número de ocasións das que gozamos».

dani galán (s.d.c. residencia)

  • «Fago unha valoración positiva do que vai de liga. Estamos nunha posición cómoda cun bo número de puntos, aínda que pola dificultade desta categoría e polo número de arrastres que pode haber non estamos tranquilos e temos que seguir bregando moito. De tódolos xeitos en liñas xerais moi contento».
  • «Firmábamos chegar ao parón de Nadal con este número de puntos, aínda que temos a espiña de varios encontros nos que deberamos sumar máis puntos en relación cos méritos que fixemos. Nos partidos contra o Fisterra, Montañeros e Dubra tivemos ocasións para sumar eses puntos que nos darían moita máis tranquilidade».
  • «Vén un mes e medio duro de verdade con Betanzos e o Pino a domicilio e Sarriana na casa e na segunda volta comezamos fóra contra un Noia que está intratable».
  • «Temos unha proposta de levar a iniciativa e ser protagonistas con balón que este ano está dando os seus froitos desde o comezo e debemos seguir manténdoa. Estamos a ser un conxunto forte defensivamente e iso axúdanos moito».

dani moirón (ribadeo f.c.)

  • «As expectativas xeradas antes do comezo da temporada quizáis foron demasiado altas e costounos arrancar con bos resultados».
  • «Chegaron un bo número de xogadores novos que foi necesario acoplar e ademáis contamos con múltiples baixas no primeiro tramo de competición, o que fixo que o comezo de liga fora irregular».
  • «Aínda temos vintedúas xornadas por diante e pelexaremos por acadar esa regularidade que nos faltou e poder consolidarnos na zona media da clasificación, selando a permanencia na categoría unha temporada máis sen pasar apuros».

óscar moure (club lemos)

  • «O equipo comezou mal cun só punto de doce posibles nas catro primeiras xornadas. Nós chegamos na xornada cinco cunha vitoria e logo enlazamos varias xornadas de malos resultados, nas que estivemos moi castigados polas lesións».
  • «Penso que fomos quen de competir tódolos partidos e fomos quen de gañar ante rivais que van a pelexar polo ascenso como é a Sarriana, ao Mugardos fóra da casa, e mesmo puidemos sumar no campo do Noia».
  • «Agora temos o equipo ao completo e en boa dinámica, polo que intentaremos seguir nesta liña para sumar os puntos necesarios para sáir da zona baixa».

fernando sánchez (c.f. portomarín)

  • «Fago unha valoración positiva. Sabíamos antes de comezar esta aventura na Preferente que ía ser moi difícil xa que non temos a capacidade de fichar futbolistas. Neste equipo ninguén cobra nin temos unhas instalacións que podan atraer xogadores con experiencia nesta categoría».
  • «Estamos competindo en case tódolos encontros e temos opcións de sacar bos resultados ante grandes rivais».
  • «Non somos fortes nas áreas. Fáltanos finalización e cometemos erros graves en defensa. Son as claves de non ter máis puntos na clasificación a estas alturas que nos engancharan á permanencia».
  • «Para nós é un ano de disfrute na categoría, algo que nunca se viviu neste club e imos seguir competindo ata o final. Nesta liña chegarán resultados máis positivos que nos darán confianza para poder pelexar ata os derradeiros partidos».

Os equipos lucenses de Preferente, a análise polos seus adestradores

Sesión Plenario 09: Isma Torres – Noelia

Os equipos lucenses de Preferente, a análise polos seus adestradores

Futbolinlugo narra os teus goles e xogadas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *