#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os líderes non ceden no final da primeira volta

Rematou o ano futbolístico e con él a primeira volta na Terceira Galicia. O Racing Vilalbés B ampliou diferencias no liderado do grupo norte tras derrotar ao Mondoñedo e a derrota do Catro Roldas fronte ao Nuevo Nausti. No grupo sur o Quiroga consolida a primeira praza logo de vencer no ata o de agora infranqueable feudo do Rubián.

grupo norte

O Racing Vilalbés B venceu ao Mondoñedo nun encontro moi igualado (3-1). Triunfo moi traballado do líder diante dun Mondoñedo que lle puxo as cousas difíciles. Costoulles entrar no encontros aos chairegos que non estaban cómodos sobre o céspede do Roca. Preto do minuto 40 abriu o marcador Gabri, pero no comezo da segunda metade Isra deulle entrada a Álex Gacio e Antonio e o Mondoñedo comezou a xerar perigo pero foi o cadro local o que volveu marcar cunha volea de Anido. Jacobo recurtou diferencias a falta de dez minutos e Gabri sentenciou desde o punto de penalti.

O Nuevo Nausti acada os postos de promoción logo de derrotar ao Catro Roldas no derbi vilalbés (2-1). Foi mellor o conxunto local sobre o céspede do José Luis Parga e realizaron un encontro moi serio, saíndo rápido á contra e gañando as segundas xogadas. O Catro Roldas, agás en xogadas puntuais, non foi quen de meterse no encontro. Kevin e Juan puxeron en clara vantaxe ao Nuevo Nausti mentres que o gol visitante non chegou ata o tramo final cun gol desde longa distancia de Bochi. Moi preto do final Luis marcou o tanto do empate, pero o colexiado anulouno por un fóra de xogo moi protestado polos de David Lorenzo.

Terceira derrota consecutiva do Cazás fronte a un Abadín en racha (1-2). Cinco triunfos nos seis últimos encontros colocan ao Abadín terceiro clasificado e firme candidato ao ascenso. O encontro foi pouco vistoso, con moitas disputas, balóns divididos e un xogo directo no que o Cazás se sentía máis cómodo. Pouco despois de que Gayoso enviara o balón ao longueiro, Carra inagurou o marcador logo dun penalti cometido sobre Noé. O Abadín tivo máis ocasións que non aproveitou e o cadro local estableceu a igualada tamén de penalti convertido por Juan. Cinco minutos máis tarde Álex fixo o segundo logo dunha falta sacada por Carra. Na segunda parte o Cazás buscou un fútbol directo co que someteu ao Abadín, pero o marcador non se moveu a pesar dun desconto «estilo mundial».



O Rioaveso resistiu o empuxe do Friol B para sumar un punto (1-1). No primeiro minuto Fran aproveitou un erro defensivo visitante para poñer por diante a un Rioaveso que parecía que evitaba os males da «festa da generación», aínda que o ritmo lento a falta de intensidade quitáronlle a razón. O Friol B foi mellor e contou con boas ocasións para marcar, aínda que o gol non chegou ata o minuto 80 obra de Rubén.

A Comercial B reencontróuse coa vitoria fronte ao Matela (3-1). Case dous meses despois o filial da Comercial voltou gañar. Fíxoo fronte a un Matela que tivo as mellores ocasións na primeira metade, aínda que estivo falto de acerto cara a portería contraria. Borja adiantou á Comercial B e pouco despois Jony empatou o encontro. Na segunda metade o conxunto local foi superior e sentenciou o choque.

grupo sur

O Quiroga remata coa imbatibilidade do Rubián no Poste (0-1). Cuarto vitoria consecutiva para un Quiroga que se consolida no liderado do grupo sur. O Rubián púxolle as cousas ben difíciles ao cadro verde malia perder a Daniño no minuto vinte por cartón vermello directo. O Quiroga foi mellor na primeira metade e contou con varias ocasións para marcar. Na segunda metade o Rubián, aínda que estaba en inferioridade, non se veu abaixo e puxo en serios apretos a un Quiroga que contaba co vento en contra. Os de Senén López convertiron ao gardameta Marquiños nun dos máis destacados do encontro. Pero a falta de cinco minutos para o final Gachán fixo o tanto da vitoria quiroguesa. O tanto foi moi protestado polo cadro local ao considerar que existía fóra de xogo.



O Castroverde tamén perdeu a imbatibilidade no seu campo fronte ao Palas (1-4). Os de Fran Veiga alónxanse do primeiro posto logo de ver como fuxían os primeiros tres puntos da Veiga do Olmo. Dous erros defensivos aproveitounos Alvarito para poñer ao Palas en clara vantaxe na primeira metade. O cadro local tivo o balón, pero sen xerar perigo, ata que na segunda metade estrelou un balón non longueiro e foron quen de xerar perigo á contra. Nun lanzamento de falta o Palas sentenciou. Pablo recurtou diferencias, pero o Castroverde non foi quen de achegarse no marcador ata que nos últimos intres Julián fixo o cuarto de penalti.

O Incio xa á terceiro tras vencer no campo do Taboada B (0-1). UInha parte para cada equipo. Na primeiro os de Julio Corral foron mellores aínda que sen que o dominio se traducira en grandes ocasións. Pero Roi foi quen de superar ao gardameta local para facer o único tanto do encontro. As tornas cambiaron logo do paso por vestiarios. O Taboada B foi moi superior na segunda metade e contou con claras ocasións para empatar e incluso para darlle a volta ao marcador, pero atopouse coa gran actuación do porteiro Edu.

Santa Comba e Páramo igualaron sen goles e con escasas ocasións (0-0). As defensas gañáronlle a partida claramente aos ataques no Tras do Novo. Ámbolos dous conxuntos optaron por un fútbol directo que foi ben contrarrestado polos defensores. Os de Ángel Merino, moi condicionados polas baixas, foron quen de manter a raia os achegamentos dun Páramos que na segunda metade foi superior e mesmo reclamou penalti nos últimos minutos.

Bo partido do Monterroso B que gañou con claridade ao Bóveda (5-2). Os de Javichu saíron como balas e no minuto 5 xa contaban con dous goles de vantaxe. Xes, ao rematar unha falta botada por Manel, e Yoni tras culminar unha contra, foron os autores dos goles. O terceiro chegou á media hora de xogo nun remate de Burgo nun saque desde o curruncho. Nun penalti inocente o Bóveda recurtou diferencias antes do descanso. O filial monterrosino pecou de confianza no comezo da segunda parte e Roke apretou o marcador. O cadro local espertou e voltou a dominar o encontro ata que Yoni, en xogada individual voltou a ampliar as diferencias. Preto do final un centro lateral foi introducido por Juancho na súa portería. Terceira vitoria consecutiva e oitava xornada sen perder para o Monterroso B.

O Sober golea a un Relámpago Taboada lastrado polas baixas (8-1). Encontro cómodo para o cadro local, malia a contar con poucos efectivos, ao igual que lle o seu rival. Na primeira metade o marcador xa reflexaba cinco goles de vantaxe para os de Ibán Lagoa. Martín, cun hat-trick, e Juanpi con dous tantos, lideraron a goleada soberina.



Os líderes non ceden no final da primeira volta

Un triunfo mundial e outra fichaxe de

Os líderes non ceden no final da primeira volta

Máis de 225 clubs reciben axudas da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *