Once da xornada 35 na Preferente Galicia

Non foi una boa xornada para os equipos lucenses que teñen importantes obxectivos en xogo de cara ao final da temporada. Por iso, a pesar de ter a súa presenza habitual no noso once, cobran protagonismo os xogadores do Ribadeo que foi o único equipo da provincia que conseguiu gañar nesta xornada. No derbi de […]

Unha final en plena liga regular

Ás veces o calendario e as temporadas son caprichosas e acaban poñendo situacións decisivas sen contar con elas. Ademais,  dáse a circunstancia que adoitan ser deses momentos, nos que aínda que o te levou a ese punto foi o bo facer na competición durante o ano, todo o anterior queda medio esquecido e o resume dunha […]

O Ferreira volverá recorrer toda a provincia

Na Segunda Galicia grupo sur a igualdade polo ascenso mantívose, incluso, ata a última xornada de competición. Aínda que o Ferreira tiña todas as de gañar e así o fixo. Dependía de si mesmo para subir de categoría e derrotou por 0-8 a Comercial que xa estaba descendida. Pantón festexa agora o regreso á Primeira […]

Once da xornada 34 na Preferente Galicia

Os sobranceiros do Lugo B, Lemos e Chantada son os grandes protagonistas do noso once nesta xornada. Os seus equipos conseguiron importantes vitorias que os manteñen na loita polos seus obxectivos. Pola contra, confirmouse unha das novas que xa parecía inevitable nas últimas xornadas, a Sarriana é matemáticamente equipo da Primeira Galicia. Óscar Rivas, Duque […]

O Matela tivo a recompensa na insistencia

O concello de Outeiro de Rei volverá ter un equipo na Segunda Galicia despois do ascenso a pasada fin de semana do Matela. Esta parroquia con sede física na aldea veciña de San Lourenzo de Aguiar (onde xogan os seus partidos) conseguiu subir de categoría despois de quedar estas últimas campañas sempre ás portas. Desta vez, tivo […]

O filial do Monterroso xogará en Segunda

O Monterroso B conseguiu un histórico ascenso á Segunda Galicia despois de superar ao Río Sil na final da promoción de ascenso da Terceira Galicia grupo sur. O filial monterrosino sube de categoría no seu segundo ano de vida. Tan só o filial do Pontellas da provincia de Pontevedra se adiantou no ascenso dun filial […]

As notas da Segunda e da Terceira na última xornada

Rematou a competición regular na Segunda Galicia e remtaron tamén os play-offs na Terceira, polo que estas notas son as últimas en canto a liga se refire. Non obstante, o fútbol afeccionado das categorías máis inferiores non remata aquí. En 10 días arrinca a Copa Deputación da que xa se coñecen os calendarios e da […]

Once da xornada 33 na Preferente Galicia

O regreso á competición na Preferente trouxo resultados dispares para os conxuntos lucenses. No duelo provincial da semana o Lemos deu a sorpresa ante o Lugo B que perde comba co segundo posto. A súa vez, os de Monforte deron un importante paso cara a permanencia. Tamén conseguiu unha vitoria destacada o Chantada, mentras que a […]

A ilusión dun ascenso a Segunda

Esta fin de semana desputaranse a volta das finais do play-off de ascenso á Segunda Galicia nos dous grupos da Terceira. Os encontros de ida deixaron, tanto nun caso coma noutro, as eliminatorias no aire, cunha lixeria vantaxe para un dos lados pero sen ter nada sentenciado. Goiriz – Matela (1-1 na ida): A final da Terceira norte […]

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]

O fútbol de Xermade volve ter un equipo en Primeira

As terras máis ó norte da Terra Chá volverán desfrutar na vindeira temporada do fútbol da Primeira Galicia. O SDC Xermade regresa a unha categoría que deixou hai seis anos e faino a unha xornada para rematar a liga na que aínda ten opcións de saír campión. O concello quedara sen representante na categoría co descenso […]

Palabra de…Iván Calaza: Que facemos ca Terceira?

A temporada na competición regular está chegando a súa fin, e para algúns equipos xa rematou. Tan só queda unha última xornada nos dous grupos de Segunda e que se decida o campión da promoción de ascenso nos dous da Terceira. Na última categoría do fútbol lucense xa hai un mes que finalizou a liga, polo menos na […]

Dous ascensos en tres anos

Hai un club na cidade de Lugo que non para de medrar. O SDC San Roque acaba de conseguir un histórico ascenso á Primeira Galicia e faino sendo o campión da Segunda grupo sur, a falta dunha xornada para rematala competición. O conxunto verdiblanco poderá desfrutar dunha derradeira xornada tranquila á marxe dos seus rivais que aínda […]

As notas da Segunda e da Terceira en semana de parón

O fútbol afeccionado marcha de mini vacacións antes de afrontala súa recta final. Na Segunda Galicia queda unha xornada e moito aínda que decidir. Na norte os postos de descenso en xogo e moi atentos aos posibles arrastres, mentras que na sur aínda queda unha praza de ascenso a que optan Ferreira (depende de si […]

Once da xornada 32 na Preferente Galicia

Os futbolistas máis destacados desta semana proceden daqueles equipos que máis éxito tiveron nos seus partidos. Gran protagonismo do Lugo B que só puido empatar e xa non depende de si mesmo para ascender e, tamén, do duelo provincial da xornada no que o Viveiro derrotou a unha Sarriana que cada vez se lle complica […]

Un ascenso de libro

Subir de categoría non era o obxectivo marcado cando o Sporting Pontenova planificou esta temporada, ou polo menos así o afirma o seu adestrador, Dani Moirón. O certo é que, con propósito ou sen el, o conxunto da Mina foi o rival a batir na Segunda Galicia grupo norte. Nunha categoría marcada pola igualdade nos postos altos, o […]

As Notas da Segunda e da Terceira na primeira semana de abril

A promoción de ascenso na Terceira Galicia tanto norte como sur está marcada pola igualdade das eliminatorias. No grupo norte, Goiriz e Matela, dúas parroquias dos concellos de Vilalba e Outeiro de Rei, respectivamente, desputarán a final por ascender. No sur, a ida das semifinais non deixou nada claro e todo se resolverá na volta. […]