O Ribadeo é un dos equipos que máis se está adiantando neste mercado aínda primaveral coa intención de pechar canto antes o cadro de xogadores.Ás renovacións xa coñecidas e ás tres fichaxes, sumáselles agora a continuidade de Martín Traba por unha temporada máis. Sen marchar da Mariña, hai novidades no Valadouro da Primeira Galicia que confirmou as renovacións de Roberto, Luis Rego, Iván, Hugo Rivas e Jandri.

Peón comandará a nave do Outeiro unha temporada máis

Un dos recén ascendidos á Preferente tamén comeza a mover o mercado. O Outeiro de Rei ficha ao central Alejandro López e ao mediocentro Diego Redondo. ambos procedentes da Milagrosa. O conxunto seguirá adestrado polo técnico que conseguiu, xunto cos seus pupilos, o ascenso,  Juan Peón.

Pola súa banda, na Segunda Galicia o Palas tamén anunciou a renovación de parte do cadro de xogadores que esta temporada estiveron pelexando ata o final por unha das prazas de ascenso á Primeira. Seguen no equipo da Ulloa: Álex, Marcos Senande, Marcos Arias, Choren, Juanjo, Julián, Martín, Peke e Koeman. Na mesma categoría, outro dos que foi candidato ao ascenso e que vén de perder nas semifinais da Copa, o Brollón anunciou a renovación do seu adestrador, Chura que cumprirá a quinta temporada no club. O propio técnico confirmou que, en principio, seguirá todo o cadro de xogadores aos que se unen as incorporacións de Alberto Burgo González, que xa estivera no club e procede do Sober, e Bruno Rodríguez Díaz que vén do xuvenil.

 

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario