As notas da Segunda e da Terceira na segunda rolda da Copa

A Copa Deputación foi avanzando e esta vindeira fin de semana xa entrará nos seus oitavos de final. Xogarse todo a un partido provoca que as sorpresas sigan chegando e equipos que fixeron una gran temporada como o Portomarín que conseguiu o ascenso a Segunda, xa quedaron eliminados. Os máis destacados da pasada rolda teñen protagonismo nas nosas notas.

O ás: Cleno do Rioaveso Machinango

O Rioaveso foi unha das sorpresas da segunda rolda á que accedeu por sorteo e eliminou a un conxunto de superior categoría como é o Abadín. O protagonista do partido foi Cleno que anotou os tres goles dos locais nun encontro que se decidiu nos penaltis despois de acabar o partido 3-3. O Abadín foi quen de remontar o 2-0 inicial en favor dos locais, pero a piques de chegar o minuto 90 Cleno forzou un penalti e anotou o gol que lle serviría ao seu equipo para ir á tanda de penaltis.

A figura: Martín do Palas

O Palas pasou aos oitavos de final despois de eliminar ao Ferreira na tanda de penaltis ao acabar o choque 0-0. Era un partido entre dous equipos que estiveran loitando ata o final por ascender á Primeira e finalmente foron os de Pantón o que o conseguiron. Neste encontro os goles escasearon e nos penaltis apareceu a figura de Martín que parou dous dos cinco lanzamentos do rival.

Nin pé con bóla: Candelaria

O equipo de Cervo encaixou a goleada máis dura das eliminatorias ao perder 2-7 co Pontenova, o campión do grupo norte da Segunda División. A Candelaria eliminara ao Cazás na primeira fase, pero non puido fronte a un equipo que xa coñecía do campeonato regular. Nos primeiros 20 minutos os visitantes xa gañaban por 0-4.

A anécdota: Pelayo do Iberia

Como xa acontecerá na xornada anterior, as baixas lastraron moito o Iberia e o porteiro Pelayo tivo que xogar de extremo. Desta volta non conseguiron vencer ao seu rival e perderon 0-1 co Xermade. O Iberia pecha así unha gran temporada que non se traduciu en ningún obxectivo de gran alcance, pero si que estiveron xogándose algo ata case o final.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 558

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.