As notas da Segunda e da Terceira nos oitavos da Copa

A Copa Deputación vai entrando no seu tramo decisivo e xa quedaron definidos os cuartos de final que esta fin de semana que se aveciña pelexarán por seguir vivos no torneo. Polo momento quedámonos coas consecuencias da pasada xornada que nos deixou detalles para o recordó.

O ás: Recalde do Lourenzá

Nun partido tolo, de ida e volta, no que cando o Lourenzá mandaba no marcador tiña resposta dendo o lado rival. Pero alí estaba Iván Recalde para facer seis goles dos oito que marcou finalmente o seu equipo. A calidade, a experiencia e o olfato goleador ao servizo dun grupo que xa está nos cuartos de final da Copa e volverá a Terra Chá para pasar ás semifinais ante o Xermade.

A figura: Cleno do Rioaveso

Aínda que o Rioaveso Machinango acabou perdendo 5-8, Cleno mantivo con vida ao seu equipo durante o partido. Anotou catro dos cinco goles do seu conxunto e mesmo puido facer algún máis se non fora polas paradas do porteiro visitante. Rápido e habilidoso, Cleno deixou unha moi boa impresión ante a afección e compañeiros do Rioaveso. Con el no campo calquera cousa podía pasar.

Nin pé con bóla: SD Pol

O Pol encaixou a goleada máis dura desta rolda da Copa ao perder 7-0 na casa do Xermade. O conxunto polense recibiu o primeiro gol moi rápido e dende aí o partido xa se puxo moi costa arriba. Despois de facer unha gran segunda volta na competición regular, a pesar de non conseguir chegar aos postos máis altos, deixan a Copa cunha dura derrota.

A anécdota: Só un equipo de Terceira

Nos cuartos de final da Copa Deputación só un equipo dos oito clasificados provén da Terceira División, o Castroverde aínda que a temporada que vén será tamén de Segunda. O Guntín, o Monterroso B, o Matela e o Rioaveso que chegaron a oitavos quedaron eliminados.

 

 

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 466

Deja un comentario