Once da xornada 38 na Preferente Galicia

Rematou a competición regular na Preferente e ningún dos equipos lucenses ten que agardar a nada para saber o seu futuro. O Lugo B xa sabe que non xogará fase de ascenso, a pesar de acabar en posto de promoción na clasificación. Non obstante, a posibilidade de que só o Rápido de Bouzas poida ascender á Segunda B deixa só opción a xogala promoción entre os mellores terceiros. Esta mesma situación implica o descenso á Primeira Galicia do Lemos que ten como consecuencia a baixada de categoría por parte do Burela á Segunda Galicia.

O filial albivermello pechou a temporada cunha vitoria por 4-0 ante o Sada cun novo papel destacado para Dani Renda e Cuadrado, arroupados por un gran Luis Díaz. Unha gran temporada que finalmente non puido ser culminada co posible ascenso. Outro gran ano foi o que fixo o Escairón, que remata o ano na sexta posición despois de conseguilo ascenso o ano pasado. O equipo de Alberto López gañou no último partido ante o xa descendido Chantada por 2-4. Félix, Basán e Iván González foron os máis destacados do encontró polo lado visitante. No bando local, os canteiráns Meirás e Povis destacan na esperanza do Chantada que marcha con gañas de volver á Preferente.

Dani Renda e Cuadrado repiten no once ideal por terceira semana consecutiva

O Lemos completa os tres descensos de equipos da provincia cara á Primeira Galicia. Non lle serviu de nada a vitoria por 1-0 ante o Bertamiráns (que tamén descende) ao non producirse os ascensos necesarios de Terceira á Segunda B e deixar prazas vacantes na Preferente Norte, no caso de que ascendesen os equipos da promoción. Diego Arias e Santi foron os máis destacados na despedida da categoría.

Por outro lado, pecharon o curso con derrotas os outros tres equipos lucenses. O Ribadeo caeu na casa ante o Arteixo por 1-2, con Criss como futbolista máis destacado polo cadro de Fiz que seguirá un ano máis no banco do Pepe Barrera. O Viveiro perdeu por 2-0 ante un dos candidatos o ascenso e que finalmente xogará a promoción dos mellores terceiros, o Estudiantil. Os equipos mariñáns levaron un camiño moi paralelo e pagaron caro o seu mal inicio. Tamén dixo adeus á Preferente a Sarriana que perdeu por 1-2 ante o Betanzos e encadea oito derrotas consecutivas.

Aínda que a competición regular, rematou agora é o turno da Copa Deputación que xogarán cos equipos de Primeira.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario