Nestes primeiros movementos do mercado boa parte dos equipos están por darlle continuidade aos proxectos da última campaña. Un que se acaba de sumar a esta tendencia é o Atlético Escairón que xa prepara a vindeira temporada comandado de novo por Alberto López. O conxunto do Saviñao, que aínda ten que xogar a Copa (este domingo visita ao Outeiro de Rei), completou un ano histórico na Preferente Norte, despois de ascender o curso pasado, e finalizou nunha meritoria sexta praza.

Outro equipo da Preferente que ten que xogala Copa (o domingo fronte a Sarriana na Ribela), pero que xa está planificando a próxima temporada é o Ribadeo. O conxunto adestrado por Fiz Rodríguez anunciou dúas renovacións máis: a do capitán Cube e a de Marcos Peña. A estas hai que engadir a do delegado Nicasio. Dous xogadores que se suman aos renovados Criss, Rafa, Yoel, Iván, Luki, Juanma, Parapar e Jacob xunto coas fichaxes de Tichu (CD Castro), Dani Prieto (Iberia) e Hugo López (Valadouro).

David Couso (no centro da imaxe ca camiseta amarela do Catro Roldas) e Edi son as dúas primeiras fichaxes do Roupar

Baixando á Segunda Galicia temos importantes novidades nun club recén ascendido, o Roupar. O conxunto xermadino seguirá adestrado por Diego Dopico, pero terá como axudante a un futbolista contrastado no fútbol galego como é Edgar Alvariño «Edi». Militou nas últimas temporadas no CD AS Pontes e mesmo chegou a xogar en Segunda B na súa etapa no Somozas. Vén a Roupar para intercalar as funcións de axudante e tamén de xogador. O adestrador Dopico tamén confirmou a chegada de David Couso, procedente do Catro Roldas.

Cora seguirá sendo o adestrador do Goiriz na campaña 2017/2018

Na Terceira Galicia sur temos novidades nun dos equipos de Sober. No Río Sil confírmase a renovación de Juan Diéguez no banco, quen agarda que se queden a maior parte dos xogadores que realizaron unha temporada histórica chegando á final do play-off de ascenso á Segunda.

Por outra banda, na Terceira Galicia norte temos a renovación de José Manuel Rey Cora como adestrador do CD Goiriz. O conxunto vilalbés chegou a desputar a final polo ascenso á Segunda na que caeu derrotado ante o Matela.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 558

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.