Os sobranceiros da Terceira na quinta xornada da 2ª fase

Vaise asentando a competición e paulatinamente poñendo en orde os partidos adiados nas últimas xornadas polo estados dos campos. Esta semana púxose ao día o Corgo empatando ante o Fonsagrada, aínda que ao conxunto fonsagradino quédalle un enfrontamento pendente co Sober. Nunha xornada na que o Goiriz mantense na cabeza da clasificación na fase polo […]

Os onces da vixésima xornada na Segunda

  Novo líder no grupo norte da Segunda Galicia. O Burela aproveitou os resultados da xornada, xunto co seu duelo directo ante o Cabreiros para colocarse na cabeza da clasificación. No grupo sur, continúa a gran xeira do Friol que mantén diferenzas co segundo clasificado, pero auméntaa co terceiro posto que agora ocupa o San […]

Os sobranceiros da Terceira na cuarta xornada da 2ª fase

Xa hai líder en solitario na fase polo ascenso, aínda que os equipos están interesados en acabar entre os cinco primeiros. No grupo norte, o Friol mantén a súa boa dinámica aínda que lle segue de preto o único equipo que conta todos os seus encontros por vitorias, o Muimenta. A neve impediu que se […]

Os onces da décimo novena xornada na Segunda

  A loita polo ascenso semella estar cara, por iso que no grupo norte produciuse de novo un cambio de líder. O Guitiriz volve ó primeiro posto logo de gañar no Suso Cruz e aproveitarse do duelos directo que se disputaba na fin de semana. Meira e Cospeito quedaron sen xogar o seu partido na […]

Os sobranceiros da Terceira na terceira xornada da 2ª fase

  A igualdade impera no grupo da fase polo ascenso á Segunda Galicia porque ninguén foi quen de gañar todos os encontros disputados. Só o Corgo, cun partido menos, se mantén invicto cunha vitoria e un empate. No Trofeo Delegación o Friol B é o que sobresae nestes momentos no grupo norte á fronte da […]

Jorge Moirón: «Espero estar de volta e volver xogar no Sporting Pontenova»

Vai no ADN do fútbol afeccionado que moitos veces haxa que antepoñer outros asuntos ao propio fútbol. Algo que sempre está xustificado porque aquí os cartos non son os que te fan permanecer nun equipo, son outras necesidades persoais ás veces difíciles de explicar. Por motivos laborais, Jorge Moirón (A Pontenova, 1991) ten que deixar […]

Os onces da décimo oitava xornada na Segunda

  O Guitiriz deixa a primeira posición na clasificación do grupo norte da Segunda Galicia e o novo líder é o Cabreiros despois da súa vitoria no campo do Iberia. No grupo sur, mantense o liderado do Friol aínda que o Chantada B, segundo clasificado, está a tres puntos cun partido menos. No grupo norte, […]

Os sobranceiros da Terceira na segunda xornada da 2ª fase

  O Incio xa é líder en solitario no grupo polo ascenso ao sumar a súa segunda vitoria, nunha xornada na que non se disputou o encontro entre o Fonsagrada e o Corgo por mor da espesa néboa que impedía a visibilidade no Gómez Besteiro. No trofeo Delegación, no grupo norte o filial do Friol […]

Os onces da décimo sétima xornada na Segunda

  Cambian as cousas no inicio da segunda volta en ambos grupos da Segunda Galicia. O Guitiriz perdeu o segundo encontro consecutivo e ve perigar o seu liderado; mentras que no grupo sur o Friol confirma o primeiro posto coa derrota do Chantada B, aínda así o equipo adestrado por Rodrigo Amarante está a tres […]

Mincha, San Roque: «Ogallá puidera darlle 7 ou 8 goles ó equipo»

  O fútbol ten algo que contamina, algo que vicia, algo que a aqueles que o practicaron lles é imposible esquecerse del. Por iso, o que aínda está a tempo de volver sempre volve. Houbo un tempo que os motivos laborais impediron que un dos xogadores da nosa provincia continuase xogando ó fútbol. O vilalbés […]

Os sobranceiros da Terceira na primeira xornada da 2ª fase

  O balón xa roda polos campos da Terceira na segunda parte do campionato na que se coñecerán os seis equipos que ascenderán de categoría. Tamén foi a primeira fin de semana deses desprazamentos longos que lles esperan aos equipos da fase polo ascenso que acabarán merecendo a pena se finalmente conseguen subir de categoría. […]

Os onces da décimo sexta xornada na Segunda

  A segunda volta da Segunda Galicia comezou con grandes novidades, principalmente no referido a parte alta dos dous grupo. No norte, o Guitiriz segue sendo o líder pero perdeu a súa condición de imbatibilidade o caer derrotado na casa ante o Meira. No sur, o Friol encabeza agora a clasificación logo de gañar o […]

Comeza a segunda parte da temporada na Terceira Galicia

  En plena costa de xaneiro o balón vai volver rodar na Terceira Galicia. Un comezo de ano diferente aos anteriores na categoría porque a competición volve comezar case de cero. Despois de desputarse a primeira fase con 22 equipos repartidos en tres grupos, iníciase agora a fase polo ascenso cos oito mellores conxuntos dos […]

Os desexos da Terceira Galicia para o 2018

    Rematou o #NadalFutbolinlugo e, con iso, é a hora de que regrese a competición. No fútbol sénior masculino a que máis tarda en volver é a Terceira Galicia, que a vindeira fin de semana volve a carga cunha nova liga, como se a temporada empezase de cero. Antes de que o balón comece […]

Os desexos da Segunda Galicia para o 2018

  Vai rematando o #NadalFutbolinlugo que nos permitiu durante os últimos días compartir os recordos do ano 2017 e dar entrada ao novo ano con novas ferramentas para seguir difundindo o fútbol lucense. Para pechar esta época festiva, toca pedir desexos para o 2018. Desta volta é o turno dos 32 equipos que compoñen os […]

Os onces da décimo quinta xornada na Segunda

  Rematou a primeira volta na Segunda Galicia e non se produciron cambios no liderato con respecto as últimas xornadas. O Guitiriz, xa campión de inverno antes do Nadal, e o Chantada B encabezan as clasificacións que si que teñen novidades nos outros postos de ascenso directo. Neste momento ocúpano o Cabreiros e o Friol, […]

O campión de inverno está en Guitiriz

Está sendo un inverno atípico. Aínda que oficialmente levemos dúas semanas con el, é ben sabido pola cultura popular que o inverno comeza moito antes: cando as noites chegan a media tarde e cando o día tarda en espertar. O deste ano está sendo, ata o momento, un período de poucas choivas e marcado por […]

O calendario dos quilómetros na Terceira Galicia

Dende que no pasado mes de xullo se aprobase o novo sistema da Terceira Galicia lucense víase vir unha situación insólita na competición. As viaxes de norte a sur da provincia van ser a tónica da fase polo ascenso. Oito equipos xogaranse cinco prazas que lles permitirán estar o vindeiro ano na Segunda Autonómica. O […]

Os sobranceiros da Terceira na décimo cuarta xornada

A piques de rematar o ano, rematou tamén a primeira fase da competición na Terceira Galicia. Oito equipos clasificáronse para a fase polo ascenso e xogarán unha liga a dobre volta como se decidiu antes do comezo da temporada. Os dezaseis equipos restantes (se ningún deles decide abandonala competición) dividiranse en dous grupos, o primeiro […]