Ascenso nun ano de reconstrución

 

Cando tes a idea de amañar algo, xa sexa reformalo salón da casa ou cambiarlle de pintura o teu cuarto, sempre aparecen as dúbidas e moitas veces logo do resultado final, non quedas contento e decides volvelo cambiar. Tamén ocorre no fútbol, cada temporada moitos equipos planteanse darlle outro rumbo a marcha dos seus clubs e ao final da campaña non lles acaba convencendo o resultado. Todo o contrario lle aconteceu ao Corgo que hai uns días convertíase de novo en conxunto da Segunda Galicia ao conseguir unha das prazas de ascenso na segunda fase da Terceira Galicia.

O equipo corgués decidiu tamén facer reformas, despois do descenso do curso pasado: «En xullo este equipo non tiña ningún xogador, polo que deportivamente penso que a nosa liga é de sobresaínte: na primeira tempada no club, ascendidos en marzo e, incluso, agora mesmo sendo o mellor equipo da Terceira de Lugo», apunta Hugo Vázquez Ascariz un dos técnicos que preparou ao Corgo para o seu regreso á Segunda Rexional, xunto con Marcos Gutiérrez «Guty». Ambos chegaron esta temporada o equipo despois da súa boa experiencia como tándem no Sporting Lucense. «A temporada saíu mellor imposible, incluso mellor do que se esperaba ao comezar de cero. O obxectivo era facer un bo bloque porque o Corgo quedarase sen xogadores e ir vendo como nos iamos situando na clasificación«, comenta Guty.

O Corgo finalizou segundo na primeira fase na que competiu no novo grupo «centro», xusto por detrás do Fonsagrada ao perder no último encontro no que se xogaban o liderado. Non obstante, a volta de Nadal o equipo mantívose intratable e só cedeu unha derrota. Conseguiu o ascenso a falta de tres xornadas, no seu campo, cunha vitoria por 4-2 diante do Catro Roldas. Rebuscando nas chaves do éxito, Guty teno claro: «A unión, o compromiso e a asistencia aos adestramentos que sempre foron 16 ou 17 xogadores de media. Fixeron que puideramos traballar ben aspectos tácticos e físicos». Hugo remarca o traballo dos futbolistas ao que di que lle deben todo: «Consígueno eles. Confiamos moito en cada un e temos que agradecerlles querer estar con nós nesta etapa. Foron 32 semanas e 68 adestramentos onde se demostrou esforzo e compromiso».

Foi un ano con novidades no formato de competición na Terceira e o Corgo foi un dos que apostou por el dende o principio: «Foi o que nos votamos. A principal vantaxe é que todos os equipos se estiveran xogando algo ata o final, da outra maneira en Nadal habería equipos que xa non terían posibilidades de nada» apunta Guty. «Nestas categorías onde o principal penso que que debe ser disfrutar, colle certas similitudes co fútbol base. É certo que che tocan dous ou tres partidos cunha viaxe máis longa, pero tamén son parte do fútbol e fai máis xusto o reparto de ascensos na provincia, sin ser impostos por zonas», aclara Hugo.

Non obstante, a temporada aínda non rematou e antes de pensar no vindeiro curso ao Corgo quédanlle máis retos por diante. «Aínda quedan encontros e unha Copa onde intentar completar este gran ano«, advirte Hugo quen cre que o equipo «ten moita marxe de mellora e crecemento, nun concello tan preto de Lugo e coas instalacións que para a próxima temporada vai ter«. Sobre o seu futuro no banco de momento Guty amósase cauto: «Cando remate  a temporada reunirémonos coa directiva para ver entre todo se se pode seguir nun proxecto de continuidade. Se todo vai correcto, o normal é seguir«.

É a quinta temporada que Hugo e Guty coinciden no fútbol. «Na primeira xogaba as súas ordes, pero non confiaba en min (risas)», admite Hugo quen recoñece que «é impensable este anos e os anteriores sen el. Non sei se lle daremos agradecido algún día todo o que aporta ao equipo. Eu penso que non. Faime mellor, espero que eu a el tamén«. Guty coincide na análise: «Facemos un tándem perfecto, coñecémonos moi ben, el aporta máis os coñecementos tácticos e as labores de míster propiamente ditas».

O bo ambiente nótase cando os equipos marchan ben no deportivo. E isto permite que ao longo da temporada ocorran varias anécdotas, como cando comeceu esta segunda fase e o Corgo comezou con vitorias. Guty pronunciou a frase de «hai que varrer cando fai aire» que se convertiu en símbolo que quedou reflectido o final da convocatoria desa semana. Algo que o grupo interioriuzou e lle serviu para a súa motivación na recta final. Entre estas frases motivadoras e as pizzas que varios dos xogadores do Corgo desfrutaron como Sobranceiros da Terceira queda máis en dúbida a labor dos técnicos, pero os resultados non se discuten. O Corgo é de Segunda.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.