Os onces da vixésimo oitava xornada na Segunda

Dúas xornadas quedan por disputarse na Segunda Galicia con tres prazas de ascenso en xogo e nove equipos loitando por elas. No norte, manteñen os seus postos Burela e Pol, pero seguidos de preto polo Folgueiro e con algo máis de distancia por Guitiriz e Cabreiros. No sur, o Friol xa é campión pero a segunda posición está moi apretada co Chantada Atlético, Chantada B, San Lázaro e Oural na pelexa.

No norte, o Burela mantén a súa condición de líder e sabe que depende de si mesmo para subir de categoría. O equipo burelao derrotou con claridade ao Cospeito na Marosa. Tamén depende únicamente dos seus resultados o Pol que segue coa súa boa traxectoria ao sumar o sétimo triunfo consecutivo logo de vencer ao Roupar. Non obstante, o Folgueiro ten os mesmos puntos ca o cadro polense, con seis vitorias seguidas despois de derrotar na súa visita ao Alfoz. A cinco puntos atópanse o Guitiriz e o Cabreiros. O cadro adestrado por Delfín Romero sumou a décimo oitava vitoria do curso diante do Abadín; mentras que o equipo dirixido por José Manuel batiu nun duelo directo ó Lourenzá a quen deixou sen opcións de ascenso.

 

Na zona media segue medrando na clasificación o Iberia que xa é oitavo logo de vencer ó Ourol. Tamén a Candelaria que chegou ao décimo posto logo dunha gran traxectoria na segunda volta que segue completando neste tramo final de liga, como a vitoria no campo do Matela. Tamén foi importante a vitoria do Mondoñedo (a segunda consecutiva) por ser ante un rival directo como o Meira. Unha xornada na que ningún dos últimos cinco clasificados sumou puntos.

No grupo sur, o Friol festexou o ascenso e completouno co campionato de liga logo de derrotar na Reigosa ao Castroverde. Un fin de festa perfecto para vivilas dúas últimas xornadas con tranquilidade. Agora a segunda praza é ocupada polo Chantada Atlético que derrotou á Milagrosa e aproveitouse da derrota dos seus veciños do Chantada B ante un Antas que respira. Non obstante, os dous equipos da vila do Asma están empatados a puntos, cun de vantaxe sobre o San Lázaro que se sobrepuxo do bache das anteriores xornadas e venceu ao Santa Comba logo de remontar un 0-2 en contra. Na pelexa a tres puntos tamén está o Oural, a pesar da súa derrota ante a SD Becerreá que completou un dos mellores partidos campionato.

 

Na zona media, o Palas lidera a pelexa pola sétima praza ao batir pola mínima ao pechacancelas Rubián. Nesa pelexa tamén está Monterroso B que venceu pola mínima ao Brollón. No filial monterrosino debutou o xuvenil David Quintá (ex do Pabellón) quen en tres minutos foi capaz de marcar o gol que lle deu os tres puntos ao seu equipo. É o xogador número 41 que disputa minutos neste curso co Monterroso B. Na zona baixa, ademais da vitoria do Antas,  volveu sumar de tres o Portomarín ao batir a un rival directo como o Sporting Lucense.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.