Os sobranceiros da Terceira na décimo segunda xornada da 2ª fase

Cinco equipos aínda teñen opcións de subir á Segunda Rexional a falta de dúas xornadas para que remate a fase polo ascenso. Nestes momentos, Cervo e Sober acompañarían o Corgo, Incio e o Goiriz que conseguiu o ascenso a pasada fin de semana. No Trofeo Delegación Lugo, o Guntín mantén o primeiro posto seguido moi de preto polo Paradela. No grupo norte, chegou a primeira derrota do líder Muimenta.

O Goiriz converteuse no terceiro ascenso da temporada á Segunda Autonómica. O conxunto adestrado por Cora fixo os seus deberes e venceu con claridade no derbi ante o Catro Roldas. O club do Ventiño terá a oportunidade de colocarse primeiro no duelo directo da vinderia fin de semana ante o Corgo que cedeu a segunda derrota desta fase ao caer na casa ante o Cervo. Nilson foi dos xogadores máis destacados nun Cervo que aínda non perdeu fóra da casa nesta segunda fase. Opcións de ser campión tamén ten o Incio que empatou ante o Sober no día da celebración do primeiro ascenso da súa historia. O equipo adestrado por Raúl Leizán chegou a gañar 2-0, pero o Sober conseguiu igualar o 3-3 final nunha cita que contou coa presenza dun delegado federativo para comprobar que non houbese amaño. Cervo e Sober ocupan a 3ª e 4ª praza cun punto de marxe sobre a Comercial que perdeu na súa visita á Fonsagrada. O equipo local conseguiu a vitoria a pesares de presentarse con once xogadores e xogar cun menos media hora. Deste xeito, sumou a súa segunda vitoria da fase polo ascenso e ten opcións, aínda que moi remotas, de subir de categoría.

No Trofeo Delegación Lugo, o Muimenta, que xa tiña certificado o seu primeiro posto, perdeu a súa condición de invicto ao caer por goleada ante o Celta Barreiros. O equipo da Mariña notou o regreso de Rafa e Iñaki quen marcou un tanto co calcañar, xunto con Roberto que anotou tres goles. A outra vitoria da xornada estivo en Paraños onde o Celeiro venceu a un Rioaveso ao que non lle serviu de moito batir tres veces  a portería contaria. Silva fixo tres goles para o Celeiro, un deles tamén co calcañar nun gran partido tamén de Ángel. A nota negativa estivo na lesión de Marco Piñeiro que tivo que recibir dez puntos de sutura nun dos seus xeonllos. O Rábade e o Cazás empataron sen goles nun partido xogado en Cospeito. Cristian e Botana foron os mellores polo equipo que actuaba de local e Fernando, Cao e Juan os máis sobranceiros polos visitantes. O filial do Friol descansou nesta xornada sabendo xa que a vindeira temporada o primeiro equipo xogará na Primeira Galicia.

No grupo sur, o Guntín segue na primeira posición ao non dar opcións no seu choque ante o FC Becerreá onde Bronny anotou un hat-trick. A un punto está o Paradela que tampouco deixou dúbidas no seu partido ante o Laxosa. A cinco puntos da primeira praza queda agora o Río Sil que descansou nesta xornada. Por último, o Quiroga venceu o seu encontro ao Relámpago Taboada ao remontar o gol inicial de Joni con Polín e Choco como futbolistas máis destacados.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.