O partido da xornada . . . Iberia – Becerreá: o bo fútbol cítase na final da Ribela

A Ribela acolle este domingo as primeiras finais da Copa Deputación, na que será unha tarde intensa no estadio sarriao. Primeiro a cita é co fútbol feminino. Ás 17:30 horas o CD Lugo e o Antas disputan unha final na que as albivermellas parten como teóricas favoritas. Dúas horas máis tarde, ás 19:30 horas, disputarase […]

O partido da xornada . . . Sarriana – Barbadás: o pase á Copa do Rei xógase no Sangoñedo

Coa temporada regular rematada, Sarriana e Barbadás, terceiros clasificados nas fases de ascenso no grupo norte sur, respectivamente, disputan o domingo ás 18 horas no campo do Sangoñedo a fase previa da Copa do Rei. Calquera dos dous conxuntos partían co obxectivo de acadar o ascenso a Terceira División e quedaron ás portas de logralo, […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

O partido da xornada . . . Residencia, Ribadeo e Foz: tres equipos, un mesmo obxectivo

A competición na Preferente deixounos reservadas fortes emocións para a xornada final. Con todo o peixe vendido no grupo de ascenso, o interés céntrase na pelexa pola permanencia. O descenso do Arousa, que empurrou ao Noia desde a Terceira, unido á xa sabida perda de categoría do Sofán, fixo que saltara á palestra a terrible […]

O partido da xornada . . . San Roque – San Lázaro: tres puntos e unha carambola para salvar a categoría

Penúltima xornada na pelexa pola permanencia en Primeira. O descenso desde Segunda RFEF do Arousa, provocou unha cascada de arrastres nas demáis categorías que complica moito a situación de moitos conxuntos na nosa provincia. É o caso de dous conxuntos da capital. San Roque e San Lázaro enfróntanse este domingo ás 16:30 horas no Polvorín […]

O partido da xornada . . . Portomarín – Castro: noventa minutos para decidir un ascenso

Parecía claro que a Primeira Autonómica nos ía brindar un final apoteósico nesta temporada. E non é pra menos. Tres equipos chegan con claras opcións de ascenso á derradeira xornada, e dous deles enfróntanse entre si. Portomarín e Castro xóganse, o domingo ás 18 horas no Chao da Poza unha praza para competir o vindeiro […]

O partido da xornada . . . Pol – Portomarín: unha praza na Preferente en xogo no Municipal

A Primeira Autonómica afronta a súa penúltima xornada na fase de ascenso. Faino cun enfrontamento entre os dous máximos aspirantes a acadar o único posto que dá acceso a xogar a vindeira temporada en Preferente. Pol e Portomarín enfrontaranse o domingo ás 18 horas no Municipal, coa arbitraxe de Saúl López Parga. O Pol ocupa […]

O partido da xornada . . . Comercial, Catro Roldas e Celeiro xogan o seu pase a Segunda en noventa minutos

Chega a derradeira xornada en Terceira Autonómica. Dos catro grupos, en tres xa está sentenciado o ascenso. Castro B, Lemos B e Carballedo xogarán a vindeira temporada en Segunda. Toda a emoción polo tanto está no grupo C2 onde tres dos catro conxuntos parten con opcións de rematar o domingo festexando o ansiado ascenso. Catro […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Viveiro: o ascenso e a permanencia en xogo no derbi

A derradeira xornada de Terceira non pode chegar con máis emoción. O devir da competición quixo agasallarnos cun derbi provincial no que se decidirá o futuro inmediato dos dous conxuntos. O Polvorín e o Viveiro enfrontaranse o domingo ás 18 horas no Municipal de Pol co ascenso e a permanencia en xogo. Arbitrará o colexiado […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Viveiro: un derbi decisivo no mellor momento

Os derbis provinciais en Terceira chegan no momento decisivo da competición. O primeiro deles disputarase este sábado ás 18 horas na Madalena e enfrontará ao Racing Vilalbés e ao Viveiro, cos dous conxuntos na procura dos seus obxectivos nesta recta final de campionato. Arbitrará o colexiado vigués Davila Fernández. O Racing Vilalbés é sexto clasificado […]

O partido da xornada . . . Becerreá – Ferreira: dous campións de grupo buscan o trono na segunda fase

A fase de ascenso de Segunda Autonómica tráenos un prato forte nesta terceira xornada. Dous campións de grupo na fase inicial do campionato fronte a fronte. Becerreá e Ferreira mídense o sábado ás 16 horas no Municipal con tres importantes puntos en xogo para facerse co primeiro posto. Arbitrará o colexiado focenso Ron Valle. O […]

O partido da xornada . . . Castro – Chantada: a proba a fiabilidade do Arturo pereiro

A segunda xornada da derradeira fase na Primeira Autonómica tráenos auténticos partidazos. Un deles será o que disputen o domingo ás 17:30 horas no Arturo Pereiro o Castro e o Chantada. Dous candidatos ao ascenso a Preferente fronte a fronte. Arbitrará o colexiado lucense Iván Prado López. O Castro completou unha gran primeira fase, na […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o segundo derbi en dez días

Aínda co día de Reis na retina cando se xogou o encontro adiado da primeira volta, mídense de novo Polvorín e Racing Vilalbés, desta vez na Cheda, o domingo ás 16:30 horas, e co arbitraxe do coruñés Rodrígo García Gómez. O filial albivermello non puido disputar o encontro da pasada xornada por mor dun positivo […]

O partido da xornada . . . Foz e Viveiro ante a derradeira xornada de Preferente

Xa non vai máis. Remata outra temporada máis na Preferente e faino con dous dos nosos representantes xogándose boa parte dos seus obxectivos. Mentras que o Castro xa está descendido, o Ribadeo co sexto posto no peto logo dunha boa temporada e a Sarriana coa cuarta posición ao alcance despois dunha campaña sobresaínte, o Foz […]

O partido da xornada . . . unha praza de ascenso a Preferente en xogo

A Primeira Autonómica chega ao seu fin. E faino con moito en xogo. Cos postos de descenso xa adxudicados a Sporting Pontenova, O Páramo e San Ciprián e un de ascenso para o Lemos, resta por saber que equipo será o que acompañe aos monfortinos o vindeiro ano na Preferente. A emoción estará en dous […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

O partido da xornada: o ascenso xógase en catro campos no grupo Sur de Segunda

Xa non vai máis. Chega a derradeira xornada en Segunda Autonómica. No grupo Norte todo o peixe vendido na zona alta cos ascenso de Folgueiro e Lourenzá, pero no grupo Sur agárdanos unha xornada que non pode ser máis emocionante, con cinco equipos con posibilidades matemáticas de acadalo ascenso. C.D. GUNTÍN – PALAS C.D. (DOMINGO […]

O partido da xornada . . . U.D. Folgueiro – S.D. Guitiriz: un obxectivo en noventa minutos

  A penúltima xornada de liga en Segunda Autonómica pode decidir, de xeito definitivo, varios ascensos. No grupo Sur, aínda que son máis os que teñen opcións, San Roque, Palas e Guntín xogaranse as dúas prazas que outorgan o pase a Primeira. Na zona norte da nosa provincia, un enfrontamento destaca por enriba do resto. […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]