O descenso sorprende ao Castro e o Ribadeo xogará playoff

Iberia, Xove Lago e Castro non puideron evitar o descenso de categoría, mentres que Oural, Outeiro, Lourenzá, Taboada e Brollón tiveron un desenlace feliz na derradeira xornada da Primeira Futgal. O Ribadeo superou á Residencia e xogará a promoción de ascenso á Preferente. O Racing Villlabés golea a un Iberia que xa pensa no vindeiro […]

Os Máxicos rematarán a temporada cunha xornada de infarto

Os resultados deste pasado domingo manteñen aos Máxicos con todo en xogo ante a disputa da última xornada. No Grupo 3, seis equipos loitan aínda pola permanencia e Residencia e Ribadeo xogarán entre eles nun duelo a todo ou nada pola promoción. No Grupo 4, o Brollón debe puntuar para asegurar a súa continuidade na […]

Os Máxicos manteñen vivas as loitas por descenso e promoción

Quedan dúas xornadas para os Máxicos da Primeira. O Monterroso achégase moito ao soño de xogar a promoción, mentres que o Iberia descende e a loita por eludir os dous postos de descenso restantes segue enfervecida. O Brollón segue a complicarse logo de caer en Muíños (5-1). Foi o cadro local —sen apuro clasificatorio— o […]

Os Máxicos protagonizan derbis que deixan todo aberto

Con tan só 3 xornadas por diante, os Máxicos seguen a protagonizar unha das temporadas máis igualadas que se lembran na provincia. Logo de varios derbis locais, Taboada, Lourenzá e Iberia chegan en postos de descenso, mentres que Residencia e Ribadeo amósanse decididos a arrebatarlle a promoción de ascenso ao Monterroso. A Milagrosa e o […]

Os Máxicos xa teñen campión

Nova semana de competición para uns Máxicos que se achegan aos seus obxectivos. A falta de catro xornadas para o final de liga, a SD Chantada subiu de categoría. Na zona baixa, ninguén quere desengancharse e case todos os equipos suman de 3 en 3. O Taboada achégase á permanencia tras remontar ante o Escairón […]

Os Máxicos afrontan a recta final con igualdade total

Os Máxicos da fin de semana deixaron os pinchazos de Residencia, SD Chantada e Ribadeo, dos que se aproveitou o Monterroso. Na zona baixa, hai 9 equipos en 8 puntos. A Residencia atáscase no derbi do Gorgoso (2-2). Logo dunha primeira metade de igualdade e tanteo entre Milagrosa e Residencia, un erro defensivo local traduciuse […]

A Copa en imaxes: Friol-Ferreira e San Roque-Lemos ‘B’

Revivimos da man de Roberto Carreira os partidos de Copa que deron o pase a semifinais a Ferreira (en Friol) e a San Roque (ante o Lemos ‘B’). Ambos conxuntos resultaron vencedores na tanda de penaltis. San Roque e Ferreira accederon ás semifinais da Copa

Borja, dianteiro do Guntín

A Primeira Futgal presumirá do Ás de Copas

Catro conxuntos da Primeira Futgal son os únicos supervivintes no torneo do KO, a Copa Diputación. Logo da eliminación do Lemos por parte do Monterroso, o campión desta competición sairá de entre Ribadeo, Monterroso, Guntín e Atlético Escairón, que completaron unha eliminatoria de cuartos de final moi seria para deixar fóra aos seus rivais e […]

Os Máxicos teñen seis xornadas para acadar os obxectivos

Os Máxicos da Primeira Futgal achéganse ao final de temporada con todo en xogo. Antes do parón de Semana Santa, Monterroso e Ribadeo non fallaron, mentres que Iberia, Lourenzá e Chantada Atlético chegan en postos de descenso ao parón. O Monterroso supera a unha Milagrosa amolada (3-0). O vento a favor deu aire aos de […]

O empate protagoniza a Primeira Futgal

Ata 12 equipos da Primeira Futgal marcharon cun empate dunha xornada que deixou varios pinchazos na zona nobre, dos que se aproveita o Monterroso. A categoría iguálase máis que nunca por abaixo, pois ningún quere quedar descolgado. O Brollón atáscase fronte o Nogueira (0-2). Os ourensáns comezaron mellor e adiantáronse cando apenas se cumprira o […]

primeira

O Ás de Copas deixa sorpresas no torneo da Preferente e da Primeira

O festivo de San Xosé trouxo consigo unha nova eliminatoria de Copa para os conxuntos de Preferente e Primeira Futgal, cuxos vencedores avanzan aos cuartos de final. É o caso do Ribadeo, que fixo valer a súa condición de local e de favorito diante do Brollón (4-0). Os celestes dominaron desde o comezo e chegaron […]

Os Máxicos asinan catro empates e dúas victorias visitantes

Os Máxicos achéganse á recta final de temporada cos obxectivos por cumprir. O Monterroso asalta o terceiro posto logo do pinchazo do Ribadeo, mentres que o Xove supera ao Iberia no derbi para saír de postos de descenso. O Oural e a Milagrosa empatan no Luis Pallín (1-1). Os Máxicos de Madriles adiantáronse na primeira […]

Moitos goles e victorias claras na Primeira Futgal

Os campos lucenses celebraron 26 goles este fin de semana. O Escairón aproveitou o empate de Monterroso e Ribadeo, mentres que a zona baixa segue igual de apretada… Victoria para a ‘SD’ no derbi entre viño e viño (0-3). Citábanse no Sangoñedo os dous cadros da vila do Asma, e o Chantada Atlético asinou 30 […]

Os Máxicos non paran a SD Chantada nin a Xove

Os Máxicos da Primeira Futgal seguen adiante na procura dos seus obxectivos. O Xove de Piru segue nunha impresionante xeira, mentres que a SD Chantada mantén 14 puntos de renda co seu perseguidor máis inmediato, a Residencia. O Monterroso, pola súa banda, non deu opción ao Taboada no derbi. O Brollón non comparece na Peroxa […]

A Primeira concentra catro victorias visitantes

Catro victorias visitantes, dous empates e catro victorias locais fan balance dunha nova xornada na Primeira Futgal. A SD Chantada segue con paso firme polo ascenso e o Xove engánchanse de cheo á loita pola permanencia. O Foz leva o derbi diante do Iberia (1-2). Os de San Miguel estiveron máis intensos na primeira metade […]

Un líder que cada vez o é máis e moitos nervios na zona baixa

A Primeira Futgal segue coa SD Chantada como líder indiscutible da categoría, mentres que a loita polos postos de promoción está máis picante que nunca. Na zona baixa, todos queren sumar puntos para eludir o descenso. O Santaballés asalta A Cheda (1-2). A Residencia acusou as numerosas baixas na xornada de sábado e, aínda que […]

A Primeira comprímese moito por abaixo

A Primeira Futgal, da man de Salvatierra Abogados, segue a deixar emoción e duelos vibrantes na provincia. A SD Chantada aproveita o pinchazo da Resi, o Monterroso colócase terceiro e a zona baixa aprétase cada vez máis. O Ribadeo tropeza e o Taboada saca un punto de moito mérito (0-0). O estado do Pepe Barrera […]

Nove equipos en seis puntos na Primeira Futgal

A igualdade propia da Primeira Futgal deixa, despois de 20 xornadas de competición, a nove equipos aglutinados en tan só 6 puntos. O Castro, noveno clasificado, atesora 23. O Chantada Atlético (penúltimo) conta con 17. Na zona alta tamén se mantén unha loita moi intensa pola terceira praza. O Brollón cae con orgullo ante o […]

A SD Chantada segue mandando nos Máxicos

A Primeira Futgal segue rodando cunha xornada marcada pola borrasca Ingrid. Porén, todos os partidos da semana puideron xogarse na sesión vespertina do domingo. A Milagrosa supera ao Guntín no Gorgoso (1-0). A primeira oportunidade que tivo a Milagrosa a balón parado foi para dentro: un dos Máxicos da semana, Chris, rematou á perfección o […]

A segunda volta da Primeira comeza con moitos goles

A segunda volta de competición deixou resultados agardados na provincia. O Brollón continúa co seu bo ritmo, mentres que o Grupo 3 cada semana está máis apretado. O Brollón desfai a igualdade inicial e supera ao Meliás (4-0). Despois de media hora de tanteo nos Medos, os lucenses colleron paseniño o pulso do partido e […]