Diario dun mercado. Episodio 539

O mercado continúa activo pese a que hai clubes que xa comezaron a pretemporada. Comezamos o repaso pola Terceira Futgal. O Celeiro, que está conformando o seu cadro de xogadores, grante a continuidade do veterán Mora. O futbolista será un ano máis a referencia ofensiva viveirenses. A SD O Páramo, pola súa banda, buscará o retorno á Segunda Futgal. Para iso, renovan a dous futbolistas chamados a ser importantes: Dani López e Dani Audi.

O mercado da Terceira Futgal anda moi movido nos últimos días

Na zona sur da provincia, o Quiroga reforza o seu grupo coa chegada de Samu, centrocampista que vén de xogar no Ferreira. De volta na capital e unha categoría máis arriba, o San Lázaro anunciou cambio de adestrador. Manel non seguirá no cadro da Ponte e Pablo Gómez asume o mando do equipo sénior masculino. O preparador, que xogou moitos anos co equipo celeste, dá o salto desde o equipo xuvenil, ao que dirixiu nas últimas dúas campañas.

mercado
Asier volta ao Escairón

Na Primeira Futgal, o Atlético Escairón anunciou un reforzo de luxo. Asier Seijas retorna ao Saviñao tras o seu paso polo Chantada Atlético. O mediocentro compaxinará esta función coas labores de adestrador na base do Calasancio.

Diario dun mercado. Episodio 539

Cara e cruz na loita lucense pola

Diario dun mercado. Episodio 539

Diario dun mercado. Episodio 539