Os Máxicos deixan cinco empates e tan só unha victoria visitante

Os Máxicos O Muelle Bar chegan por cuarta semana consecutiva con moita emoción e goles na provincia. A Residencia engánchase a unha zona alta xunto a Racing Villalbés ‘B’ e Melide, pero todos por detrás dun Outeiro que causa sensación con 10 puntos, 12 goles a favor e tan só 1 en contra logo de catro partidos.

O filial do Lemos saca un punto de Maside (1-1). As baixas condicionaron a un cadro lemista que se plantou en bloque baixo no feudo do Maside, pero unha boa transición dos locais supuxo o 1-0 no primeiro tempo. Porén, os Máxicos da vila do Cabe reaccionaron e tiveron dúas opcións claras para empatar antes do descanso, aínda que non as materializaron. Tras o paso por vestiarios, o Lemos deu un paso adiante e conseguiu o 1-1 cun disparo desde a frontal. Desde ese intre, o exercicio defensivo dos lucenses foi soberbio. Ambos conxuntos tiveron opcións a balón parado, pero o marcador non se voltou mover.

A Residencia non da opción a un combativo Becerreá (6-0). As primeiras do partido foron visitantes: Xairo e Kevin erraron diante de Diego Bravos e, tras esas dúas opcións, Dani Renda materializou unha pena máxima que mermou moito aos da Montaña. A «Resi» tivo o dominio do coiro desde entón e aproveitou o baixón mental do Becerreá para facer outro tanto antes do descanso. Xa na reanudación e pese a que o Becerreá comezou cunha boa presión alta, Mauro puxo o 3-0 tras un balón parado.

Tras iso, o principal protagonista da tarde foi Javi Calderón, que asinou tres goles para garantir que os tres puntos quedaban na Cheda cunha contundente victoria.

Tan só houbo unha victoria de Máxicos visitantes esta xornada

O Racing Villalbés ‘B’ supera na Magdalena ao Ribadeo (2-0). O partido estivo marcado pola calidade de ambos conxuntos, aínda que os Máxicos chairegos se amosaron máis precisos con balón e máis cómodos sobre o verde. Na primeira metade o filial do Racing estrelou un balón no longueiro e o Ribadeo chegou con certo perigo, pero foi no comezo do segundo tempo cando chegou o 1-0 por medio de Gegun. Os mariñáns volcáronse entón na procura do empate, pero os verdiroxos estiveron moi sólidos e sentenciaron preto do final co 2-0 de Migui.

Partido vibrante e agónico entre Lourenzá e Taboada (3-3). O Lourenzá tivo a posesión ao comezo, mentres que o Taboada entregouse ao xogo directo. O Taboada adiantouse nunha brillante acción de Mosky, pero o xuvenil Pedro puxo o empate pouco despois para os Máxicos da Santa Cruz. Tras o paso por vestiarios, os branquiazuis aproveitaron dous erros locais para anotar dous goles consecutivos que poñían o choque de cara (1-3). Porén, o Lourenzá non perdeu a fe, recurtou diferenzas por medio de Sergio e empatou na última xogada do choque con outro tanto de Pedro, un dos Máxicos da xornada.

A intensidade protagoniza o duelo entre Milagrosa e Guntín (1-1). Foi un choque aberto, vistoso e atractivo o que se viviu no Gorgoso. O Guntín puido adiantarse nun man a man na primeira metade, mentres que a Milagrosa apretaba moito e ben en campo rival e estivo a piques de adiantarse nun balón que sacou a zaga do Guntín baixo paus. As ocasións, especialmente para os Máxicos locais, sucedéronse aínda máis na segunda metade. Ilian detivo os ataques albivermellos e Andrés adiantou ao cadro laranxa na recta final. Co 0-1, Fabián evitou a sentenza visitante e a Milagrosa rescatou un punto no tempo engadido cun cabezazo de Christian logo dun balón parado.

O Escairón saca un meritorio punto de Melide (1-1). A presión alta dos do Saviñao facía dano a un Cire que non se atopaba cómodo. Os lucenses reclamaron unha pena máxima ao comezo, pero non foi sinalada e foron os coruñeses os que se adiantaron nun rexeite logo dun centro lateral antes do descanso. O Escairón comezou moito mellor a segunda metade: estrelaron un balón no longueiro e o gardamallas Josema foi protagonista con dúas grandes paradas. Non foi ata preto do final cando Rubén anotou unha falta directa desde a frontal para facer xustiza no Municipal, 1-1.

O Foz asalta Os Medos (0-1). O Foz sacou partido dun rexeite logo dun saque de esquina que se convertiu no 0-1 mediado o primeiro tempo. Dani ou Mista puideron duplicar a vantaxe, pero non atinaron. Desde aí, o Brollón mellorou e xerou perigo con centros laterais e incluso Bilal estrelou un balón no pau. Os Máxicos locais apretaron moito aos mariñáns, pero Lucas sacou baixo paus un disparo do Brollón e Xabi estivo serio na portería. Tamén o Foz dispuxo de opcións para sentenciar, pero o resultado mantívose 0-1.

O Santaballés faise forte na casa a costa do Chantada Atlético (3-1). A primeira parte estivo igualada e ambos conxuntos mantiveron a distancia para evitar sobresaltos, aínda que co paso dos minutos os Máxicos visitantes dispuxeron de varias ocasións e os chairegos tamén se achegaron con peligro, pero non atinaron na definición. No segundo tempo, o Santaballés fixo dano ás costas e anotou dous goles (2-0) que non mermaron ao Chantada Atlético. De feito, os chantadinos recurtaron diferenzas e estiveron a piques de empatar por medio de Sandro ou Dani en xogadas a balón parado. Porén, os da Liga tiraron de efectividade e da súa condición de locais para sentenciar nun contragolpe e para deixar os puntos na casa, 3-1.

O Outeiro demóstralle ao Oural que vai moi en serio (4-0). Na primeira metade o Outeiro atopou a súa mellor versión, con moita claridade con balón e facendo moito dano ao espazo. Revuelta adiantou aos chairegos e os cementeiros deron entón un paso adiante, pero o Outeiro soubo sufrir e Navia duplicou a diferenza antes do paso por vestiarios. Os Máxicos sarriáns adiantaron liñas na segunda metade, pero os de Rubén Candal aproveitaron as transicións para pechar o choque con dous goles máis, 4-0 no Municipal.

Monterroso e Folgueiro protagonizan un partido vistoso e reparten puntos (1-1). Hugo adiantou moi cedo a un cadro mariñán que fixo un partido moi serio. O Monterroso, xusto antes do gol, puido facer o 1-0, pero perdoou e pagou na seguinte acción. Co paso dos minutos, o cadro local insistía sen perder a paciencia e os Máxicos do Vicedo procuraban facer dano en transicións. A insistencia e a calidade local fixo que Quintá empatase no 82′. Desde o 1-1 houbo opcións para ambos, pero o electrónico non se voltou mover en Cerdeiriños.

máxicos