mercado

Diario dun mercado. Episodio 529

O mercado volta con novidades importantes, entre as que sobresae a supervivencia do CD Castro. Tal e como adiantamos nas nosas redes sociais, o club chairego comezará un proxecto coa xente da casa e presidido por Eduardo Folgueira. O adestrador do primeiro equipo, que competirá na Segunda Futgal, será o monterrosino Adrián Vázquez.

Preto do Arturo Pereiro, pero na Preferente, o Pol consolida un ambicioso proxecto. Os do Municipal veñen de confirmar as fichaxes de Noel Teixeiro e Denís (Racing Villalbés ‘B’); Hugo Buide, Alvarito e Dani Montes (CD Castro); Iván Parapar (Atlético Escairón); Pablo Vilariño (Milagrosa), Javi Rey (Racing Villalbés) e o xa adiantado Fito Periale.

O mercado, de novo, concentra novidades nas porterías, especialmente na Segunda Futgal

mercado
O monterrosino Adrián Vázquez faise cargo do CD Castro

A todos eles sumarase Martín López Ross, que chega desde o Santa Coloma andorrano e tras un longo periplo pola Segunda e Terceira RFEF. Os chairegos, con estas incorporacións, aseguran un cadro de futbolistas experimentado que loitará polo salto de categoría. Tamén na Preferente competirá unha SD Chantada que reforza o grupo coa chegada de Hamza. O atacante procede do Racing Villalbés ‘B’, pero conta con experiencia na categoría logo do seu paso por Sarriana e Pol.

De volta na Segunda Futgal, o mercado anda moi movido. O Celta Barreiros anunciou a fichaxe do gardamallas Brian, que debutará no fútbol lucense. Na mesma categoría, o Catro Roldas despídese de Omar e de Dopico tras dúas temporadas, pero renova ao cancerbeiro Carmelo. O porteiro foi un dos grandes artífices do ascenso cuns espectaculares números no seu primeiro ano en Román. Tamén baixo paus se reforza o Rubián, que pretende asentarse na Segunda coa chegada de Rubén. Outro conxunto ascendido, o Corgo, renova a Stalin e a Xoia para optar a todo na súa volta á categoría.

Diario dun mercado. Episodio 529

Diario dun mercado. Episodio 529