Os Máxicos compiten como poden baixo a choiva

Nova xornada dos Máxicos da Primeira, que comezaron a segunda volta cunha fin de semana marcada polas baixas temperaturas e a choiva en todos os puntos da provincia. O Racing Villalbés ‘B’ e o Monterroso empatan nun dos poucos duelos sen auga (2-2). A intensidade foi protagonista no Roca ata que Guaje adiantou aos seus, […]

máxicos

Mincha, SD San Lázaro: «Buscarei crear un grupo tan unido coma cando eu era xogador»

A SD San Lázaro vive anos ilusionantes. O cadro da Ponte, pese a verse afastado do seu barrio, compite cada domingo co obxectivo de manter a categoría na Primeira Futgal. Porén, os resultados non están sendo os agardados e, logo da dimisión de Nico Longhini, Alejandro Novo ‘Mincha’ colleu os mandos do club celeste. Polo […]

Un club moi por diante nos Máxicos da Primeira

Os Máxicos Salvatierra Abogados viviron o primeiro partido do ano con moita intensidade e emoción. As victorias de Burela, Castro e SD Chantada consolidan aos seus equipos na zona alta da táboa. A SD Chantada supera ao Monterroso no Sangoñedo (2-1). A superioridade inicial dos chantadinos traduciuse no 1-0 de Pablo nun man a man […]

Os Máxicos dan boa conta da Copa na fin de semana de Reis

A Ronda Previa da Copa de Preferente e Primeira Futgal deixou un fútbol vibrante na nosa provincia. Os conxuntos protagonizaron partidos de moita igualdade e dous deles se decidiron desde os once metros. Tan só está pendente o choque entre Ribadeo e Residencia, que terá lugar na Cheda no mes de marzo. O Taboada elimina […]

Os Máxicos dan o 100% nunha tarde de vento

Salvatierra Abogados trae unha semana máis os Máxicos máis destacados da Primeira Futgal, logo dunha xornada de domingo con moita emoción e igualdade. O San Lázaro cae na recta final co filial do Racing Villalbés (0-2). O bloque baixo dos locais impediu ocasións claras por parte dos chairegos, pero a medida que os Máxicos de […]

7 Máxicos quedaron sen marcar nunha nova xornada

Os Máxicos da undécima xornada deixaron moita emoción e intensidade na provincia, de novo con Salvatierra Abogados. O Outeiro de Rei remonta diante dun combativo San Lázaro (2-1). Logo dunha primeira parte igualada na que apenas houbo ocasións, o San Lázaro executou o seu plan de partido con transicións e, mediado o segundo tempo, anotou […]

10 xornadas da man dos Máxicos

Os Máxicos avanzan na súa temporada nunha xornada de moita emoción e bo fútbol repartido por toda a provincia. A xornada, detallada grazas a Salvatierra Abogados. A Milagrosa cae con estrépito diante do Chaín (0-3). O duelo directo en Frigsa saldouse cunha contundente victoria visitante, nun dos peores choques do que vai de campaña para […]

Juanma, Pastoricense: «Subimos 1 día de adestramento para mellorar o físico»

A situación do Pastoricense é complicada. Os do Acebreiro veñen de acadar o ascenso á Primeira Futgal da man de Basi, pero un inicio de liga difícil saldouse coa destitución do técnico e coa chegada dun novo adestrador. Juan Manuel García Rozas (Castro de Rei, 1988) deixou o banco do Ribadeo, onde se desenvolvía como […]

Pouca efectividade nos Máxicos da xornada 6

Os Máxicos da Primeira Futgal seguen a facer das súas para outogarlles puntos aos seus equipos. Salvatierra Abogados patrocina un martes máis unha das nosas seccións predilectas. O Guntín e o Racing Villalbés ‘B’ igualan sen goles (0-0). Partido con moito fútbol directo, duelos e segundas accións nas que o cadro local tivo un pouco […]

Goles dos Máxicos en todos os campos

5 xornadas despois do comezo da competición, os Máxicos comezan a esbozar os seus obxectivos reais de cara á campaña. Salvatierra Abogados patrocina unha vez máis a sección. O Lourenzá cae ante unha boa versión do Guntín (0-2). Os visitantes estiveron moi serios ao longo dunha primeira metade na que apenas deron opción ao Lourenzá. […]

Jorge ‘Negrete’, SD Oural: «Na 2ª gañabamos partidos con detalles de calidade»

A SD Oural é un dos conxuntos recén ascendidos á Primeira Futgal. Porén, e pese a súa condición de equipo debutante na categoría, os sarriáns están a completar un arranque de temporada moi digno. Máis alá da puntuación, 5 puntos de 12 posibles, as sensacións que está a deixar o Oural sobre o céspede son […]

Os Máxicos deixan grandes sorpresas na xornada 3

Salvatierra Abogados trae os Máxicos da terceira xornada da Primeira Futgal, que comeza a definir que equipos loitarán polo salto de categoría e que cadros loitarán na zona baixa. A Residencia non deu opción ao Lourenzá (6-0). Os visitantes chegaron con baixas a unha Cheda na que tan só houbo unha cor. O resultado no […]

Máxicos con moitos goles na 2ª xornada

Salvatierra Abogados patrocina unha semana máis os Máxicos da Primeira Futgal, unha das nosas seccións predilectas.

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 1

Volven os Máxicos no seu tradicional formato, pero cunha gran novidade. Agora, Futbolinlugo cubrirá tamén partidos do Grupo 6, pola presenza da Milagrosa. Logo dunha intensa xornada de domingo, os equipos da provincia comezaron unha temporada prometedora. Oural 1-1 Pastoricense: o cadro local dominou o choque, particularmente nunha primeira metade na que fixeron dano coa […]

Os 19 equipos da Primeira, a proba desde hoxe

Esta tarde comeza a Primeira Futgal, e os equipos da nosa provincia competirán en dous grupos diferentes. A parte máis numerosa, no 3, mentres que a Milagrosa recibe ao Tyde, primeiro de todos os rivais de Vigo aos que se enfrontará no seu grupo, o 6. No grupo estrictamente lucense, os equipos máis fortes do […]

Dumi (Castro): «Aceptei o cargo de adestrador con moita ilusión»

O pasado 22 de xuño, no IV All Star Futbolinlugo celebrado no campo do Ladairo en Guntín falamos con Diego Pardeiro ‘Dumi‘, ata daquela capitán do Castro. Un dos clásicos do noso fútbol que pasou polo Racing Vilalbés, Foz, Ribadeo e que cumpriu nove temporadas no cadro do Arturo Pereiro. Agora, unha vez colgadas as […]

mercado

Os lucenses da Primeira Futgal xa coñecen o calendario para a temporada 2024/2025

A Federación Galega de Fútbol publicou o calendario da Primeira Futgal para a nova campaña, así como unha circular na que se explica o sistema de competición. Nunha temporada na que se prometían moitos trocos, o grupo III segue a estar conformado por dezaoito conxuntos lucenses, non optando así pola proximidade xeográfica e si por […]

mercado

A vida segue igual no grupo lucense da Primeira Futgal

A proximidade xeográfica non primou á hora de decidir a composición dos grupos da Primeira Futgal, cando menos para os equipos lucenses. Os 108 conxuntos galegos da categoría votaron a distribución dos seis grupos que esta vindeira temporada 2024/2025 conformarán a anteriomente denominada Primeira Galicia entre as tres opcións que saíron da reunión dos clubs […]