A situación do Pastoricense é complicada. Os do Acebreiro veñen de acadar o ascenso á Primeira Futgal da man de Basi, pero un inicio de liga difícil saldouse coa destitución do técnico e coa chegada dun novo adestrador.
Juan Manuel García Rozas (Castro de Rei, 1988) deixou o banco do Ribadeo, onde se desenvolvía como segundo adestrador, e asumiu os mandos dun Pastoricense co que procurará acadar a primeira victoria este domingo diante do Outeiro de Rei.
Futbolinlugo: Tiveches dúbidas á hora de aceptar a oferta do Pastoricense?
Juanma García: Xa falara con Labrada e con Moirón que se me saía algunha oferta interesante de primeiro adestrador podía irme. 10 días antes de marchar de Ribadeo, coa destitución de Basi, pedinlles na Pastoriza que agardasen unha semana máis, e despois xa me incorporei ao equipo.


Fil: Confías en reverter a situación do equipo?
JG: Si, subimos un día máis de adestramento para mellorar o aspecto físico. Os rapaces aceptaron, porque era voluntario, e agora temos que seguir traballando para darlle a volta.

Fil: Coñecerás a moitos dos teus pupilos logo de enfrontarte a eles durante anos.

JG: Si, o núcleo máis veterán xa estaba comezando cando eu xogaba aquí, e adestrei a moitos outros nas escolas deportivas da Pastoriza. A directiva son íntimos amigos meus, e buscan que o cambio dea un plus ao club.
Fil: Tamén coñeces ben o club, no que estiveches durante anos.
JG: Si, estivera catro anos, marchei de Erasmus e volvín. O ano de pandemia tamén. Conózoos ben.
«xoguei moitos anos no Pastoricense«
Fil: A materia pendente semella a efectividade ofensiva.
JG: Si, sen dúbida. Agora co novo modelo de xogo trataremos de ter máis chegada a área rival, que é onde se deciden os partidos.

Fil: Que fútbol vai ver o seareiro do Pastoricense?
JG: Minimizaremos erros, seremos un equipo coas ideas moi claras para ver se somos capaces de reverter a situación.
Fil: Estás vivindo un ascenso meteórico nos banquiños.
JG: Si, creo que a miña etapa no fútbol base xa rematou. Quero adestrar en sénior e traballar paseniño para seguir ascendendo
Fil: Respecto ao Ribadeo, serán capaces na Mariña de saír da zona de perigo?
JG: O traballo era marabilloso e estou convencido de que van saír de aí cun corpo técnico de altura.