5 xornadas despois do comezo da competición, os Máxicos comezan a esbozar os seus obxectivos reais de cara á campaña. Salvatierra Abogados patrocina unha vez máis a sección.
O Lourenzá cae ante unha boa versión do Guntín (0-2). Os visitantes estiveron moi serios ao longo dunha primeira metade na que apenas deron opción ao Lourenzá. Froito dese dominio chegaron os dous goles antes do descanso. Na segunda metade, a expulsión de Samu e a lesión de Nadir mermou a un Guntín que viu como os locais adiantaban as súas liñas e buscaban o gol, pero o bo exercicio defensivo dos de Seoane permitiu levar os tres puntos para o Ladairo.
A Residencia supera a un combativo Pastoricense (2-0). Os Máxicos capitalinos tiveron o control do choque e gozaron de dúas accións claras nos primeiros 15′, pero o Pastoricense foi quen de subir a intensidade e a contenda se tornou máis igualada. Na segunda metade, un gol branquiazul decantou o electrónico a prol dos locais, que defenderon as estocadas visitantes con moita garra ata que Pereira sentenciou nos intres finais.
O Chantada Atlético non da opicón ao Outeiro (5-0). A efectividade local nos primeiros minutos puxo o 2-0 cando apenas se xogaran 15 minutos e un balón parado permitiu aos de Edu chegar coa renta de 3-0 ao descanso. Nunha segunda parte máis igualada e pechada, os chantadinos fixeron dous tantos máis na recta final para abultar o resultado.


O Burela supera con claridad ao San Lázaro (6-0). Os mariñáns non deron opción a un cadro visitante que, pese a que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento, non foi quen de competir de ti a ti. O resultado ao descanso era tan só de 2-0, pero o bo estado de forma dos Máxicos locais traduciuse en 4goles máis na reanudación.
Moitas victorias locais nOs máxicos da primeira.
O Santaballés vence a un correoso Foz (1-0). O Foz procuraba atraer aos rivais e golpear sobre a última liña, pero o Santaballés atopábase cómodo e conseguiu unha transición que rematou co penalti do 1-0. Xa co resultado inclinado a prol dos Máxicos locais, ambos conxuntos gozaron de numerosas ocasións, pero con pouca efectividade. O Foz, que rematou descontento coa actuación arbitral, tivo moita presenza en área rival, pero non foi quen de anotar.
O Oural non pode coa SD Chantada (1-2). Os Máxicos visitantes adaptaron o seu fútbol ao contexto do choque e aproveitaron un balón largo para facer o 0-1, obra de Damián. Nun balón parado, Marros puxo o 0-2 co que se chegou ao descanso. Xa na segunda metade, o Oural deu un paso adiante e apretou moito aos de Traste. Chegou o 1-2 nunha combinación entre Ospina e Mario e, na recta final, os sarriáns procuraron o empate, pero sen éxito ante unha moi boa defensa da SD Chantada.

O Castro supera con claridade ao Monterroso (3-1). Logo dunha primeira metade gris, con erros por parte de ambos conxuntos, o Castro erixiuse como o máis efectivo e chegaba co 2-0 ao descanso. Un gran disparo desde lonxe dos visitantes puxo o 2-1 tras a reanudación, pero os Máxicos de Dumi puxeron o definitivo 3-1 nunha boa transición ofensiva que deixou o partido visto para sentenza.
O Xove Lago faise forte na casa ante o Meira (2-0). O Xove impúxose nun duelo no que houbo unha parte para cada equipo. Os Máxicos do Meira dominaron o primeiro tempo pero non foron quen de anotar en tres ocasións claras, mentres que os mariñáns si traduciron en goles o dominio do que gozaron no segundo tempo. Así, aproveitaron dous erros da defensa visitante para poñer dous goles que deixaron os puntos na casa.
O Racing Villalbés ‘B’ consolídase na categoría diante do Taboada (2-1). Pese a que o Taboada conseguiu adiantarse co gol de Gabri e semellaba controlar o fútbol ofensivo dos chairegos, unha acción illada na recta final traduciuse no empate a un gol e, intres despois, os detalles decidiron o choque a prol dun Racing Villalbés que remontou o choque cun gol de Brais, 2-1 na Fonte.
A Milagrosa peca de pouca efectividade na casa do Arenteiro ‘B’ (1-1). Estalles costando aos de Madriles entrar na categoría, especialmente pola falta de puntería. No Carballiño, o filial do Arenteiro adiantouse mediado o segundo tempo, cando os lucenses xa tiveran numerosas ocasións de gol e, pese a que Alberte puxo o empate, numerosos erros ofensivos na recta final privaron á Milagrosa de voltar cos tres puntos cara Lugo.

