#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

10 xornadas da man dos Máxicos

Os Máxicos avanzan na súa temporada nunha xornada de moita emoción e bo fútbol repartido por toda a provincia. A xornada, detallada grazas a Salvatierra Abogados.

A Milagrosa cae con estrépito diante do Chaín (0-3). O duelo directo en Frigsa saldouse cunha contundente victoria visitante, nun dos peores choques do que vai de campaña para os de Madriles. Un gol do Chaín na primeira metade mermou a un cadro local sen ideas, que non foi quen de reverter a situación nunha segunda parte na que encaixou dous goles máis.

O Castro vence con claridade ante unha mala versión do Oural (6-1). O Castro dominou o xogo desde o comezo, aínda que o partido non tivo ningunha orde defensiva. Os Máxicos locais, porén, tiraron da súa calidade individual e grupal para facer dano aos sarriáns. O resultado ao descanso xa era de 3-0, e na segunda metade mantívose a dinámica para que os tres puntos quedasen no Arturo Pereiro.

O Xove Lago vence no seu feudo ao Santaballés (2-0). Os Máxicos locais procuraban combinar, mentres que os chairegos buscaban transitar. O duelo mantívose moi igualado ata unha xogada na que unha serie de centros laterais se traduciron no primeiro gol local. Tras o gol, o Santaballés buscou a igualada, cunha intensidade que se mantivo na segunda metade. Porén, a expulsión de Ivo nunha falta e o gol do Xove no lanzamento puxo un 2-0 que, á postre, deixou os tres puntos no Municipal.



O Taboada da a cara ante o líder Burela (1-2). Os visitantes procuraron dominar con xogo posicional, pero un Taboada ben plantado conseguiu neutralizar as ofensivas mariñás no primeiro tempo. Na segunda metade, os Máxicos de Martín Murado deron un paso adiante na procura dos puntos, e o cadro de Oke aproveitou dúas transicións para anotar dous goles e coller vantaxe no electrónico. Martuno recurtou diferenzas na recta final pero non foi suficiente para o cadro local.

Tan só un partido sen goles nos décimos Máxicos do curso

O Meira e o Chantada Atlético asinan táboas sen goles (0-0). Gran exercicio defensivo dos locais na Lomba diante dun cadro chantadino que levou o dominio do esférico e xerou moito perigo en balón parado. Porén, a falta de efectividade dos Máxicos visitantes e o bo facer do Meira evitou que o coiro perforase as mallas do campo meirego e, de feito, Seixosmil errou un man a man na recta final que puido traducirse na victoria dos locais. Ao final, reparto de puntos.

O Monterroso e a Residencia igualan en Cerdeiriños (1-1). A Residencia tivo as máis claras no primeiro tempo, pero o Monterroso foi collendo o pulso do choque e apretou moito aos seus rivais na segunda metade. Froito diso, Martín anotou o 1-0. Tras o gol, a tolemia desatouse no verde monterrosino, con chegadas para ambos conxuntos e moita intensidade, ata que Chiqui asinou o gol da igualada no tempo engadido, 1-1 en Cerdeiriños.



A SD Chantada supera a un combativo Lourenzá (3-1). Comezou o choque con dominio dos Máxicos locais, e Sergio puxo o 1-0 antes de que se cumplira o primeiro cuarto de hora. Porén, o Lourenzá mantivo o seu plan de partido, cun bo repliegue, e acadou o empate nunha boa transición culminada por Paulo. A SD, pese ao tanto visitante, mantivo o seu bo xogo combinativo e xerou perigo sobre a meta defendida por un brillante Clemente, pero non foi ata o a segunda metade, cando chegaron os goles dos locais Pedro e Michi, que se desnivelou o marcador, 3-1.

O Foz e o Guntín dan un gran espectáculo no Martínez Otero (3-2). Logo dunha primeira parte na que o Guntín gozou de ocasións claras e incluso errou un penalti, o resultado ao descanso era de 0-0. Na segunda metade, os Máxicos focenses deron un paso adiante e fixeron o 1-0. Reaccionou o Guntín para igualar, pero nun novo centro lateral chegou o 2-1 local. De novo os visitantes empataron, neste caso desde os once metros, pero finalmente un saque de esquina rematado por Manolo deixou os tres puntos na casa, 3-2.

O Pastoricense carbura nas Gándaras (0-2). O Pastoricense de Juanma impúxose ao San Lázaro nun bo exercicio de fútbol por parte de ambos conxuntos. O cadro local gozou de ocasións, especialmente no primeiro tempo, aínda que as máis claras foron para os Máxicos visitantes. Tras a reanudación, a tónica foi semellante, con fútbol directo e chegadas por parte de ambos, especialmente dos do Acebreiro. Foi na recta final cando chegaron os dous goles do cadro visitante, para acadar a súa segunda victoria consecutiva, neste caso diante dun rival directo.

O Outeiro de Rei acada unha victoria balsámica diante do Villalbés ‘B’ (1-0). Foi mellor o filial chairego na primeira media hora, na que estrelou un balón no pau, pero o Outeiro colleu o pulso do partido e conseguiu adiantarse antes do descanso nunha falta colgada área. No segundo tempo, os Máxicos locais controlaron os ritmos do choque, cun repliegue intenso e con boas saídas ao contragolpe nas que Duarte evitou a sentenza. Os de Iván Lamas tamén gozaron de opcións para igualar, pero finalmente o marcador non se moveu, 1-0 no Municipal.

máxicos



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *