Adrián Soto do Santaballés

Adrián Soto (Santaballés): «É un adeus ao fútbol definitivo»

Dentro do fabuloso persoal que conforma o Campus Futbolinlugo Burela Bonita atópase unha lenda do Santaballés como é Adrián Soto. Despois de dez tempadas no club e de establecelo con solidez na Primeira Futgal, incluso cun ascenso á Preferente, ten decidido que vai colgar as botas de xeito definitivo. Unha lenda do fútbol chairego que […]

O Monterroso puxo fin a un ano de sobresaínte

Non houbo sorte en Monterroso. Os de Cerdeiriños quedaron ás portas do ascenso á Preferente logo de caer co Juvenil Ponteareas (2-4) nun duelo no que os locais estiveron máis preto da victoria do que reflicte o resultado final. Así, o cadro vermello puxo o punto e final a un ano para a lembranza, pero […]

O soño continúa en Cerdeiriños, pero remata en Ribadeo

Toda a vila de Monterroso vive un soño nos últimos días, as rúas están tinguidas de vermello e as conversas nos bares solo falan dunha cousa: o seu equipo está clasificado á final polo ascenso á Preferente logo de remontar diante do Calo (2-0). Pola contra, Ribadeo procurará un ano máis devolver ao seu equipo […]

A promoción deixa sabor agridoce tanto a Monterroso como a Ribadeo

A promoción de ascenso á Preferente Futgal deixou aos representantes lucenses cun sabor de boca amargo. Ningún dos dous conxuntos conseguiu a victoria, pero —ao mesmo tempo— ambos seguen moi vivos na loita pola clasificación á final do playoff. Calo e Gondomar demostraron que son conxuntos moi traballados e que non lles van poñer as […]

O descenso sorprende ao Castro e o Ribadeo xogará playoff

Iberia, Xove Lago e Castro non puideron evitar o descenso de categoría, mentres que Oural, Outeiro, Lourenzá, Taboada e Brollón tiveron un desenlace feliz na derradeira xornada da Primeira Futgal. O Ribadeo superou á Residencia e xogará a promoción de ascenso á Preferente. O Racing Villlabés golea a un Iberia que xa pensa no vindeiro […]

As contas da salvación na Primeira 2026: sete equipos e tres descensos

A Primeira Futgal regalará unha última xornada completamente tola ata o final. No grupo 3, ademais da loita polo playoff, onde o Ribadeo e a Residencia se xogan o último posto nunha final entre ambos, seis equipos teñen aínda opcións de descender á Segunda Futgal. Xove Lago (35 puntos), Taboada (35 puntos), Oural (36 puntos), […]

Os Máxicos rematarán a temporada cunha xornada de infarto

Os resultados deste pasado domingo manteñen aos Máxicos con todo en xogo ante a disputa da última xornada. No Grupo 3, seis equipos loitan aínda pola permanencia e Residencia e Ribadeo xogarán entre eles nun duelo a todo ou nada pola promoción. No Grupo 4, o Brollón debe puntuar para asegurar a súa continuidade na […]

Os Máxicos protagonizan derbis que deixan todo aberto

Con tan só 3 xornadas por diante, os Máxicos seguen a protagonizar unha das temporadas máis igualadas que se lembran na provincia. Logo de varios derbis locais, Taboada, Lourenzá e Iberia chegan en postos de descenso, mentres que Residencia e Ribadeo amósanse decididos a arrebatarlle a promoción de ascenso ao Monterroso. A Milagrosa e o […]

Os Máxicos xa teñen campión

Nova semana de competición para uns Máxicos que se achegan aos seus obxectivos. A falta de catro xornadas para o final de liga, a SD Chantada subiu de categoría. Na zona baixa, ninguén quere desengancharse e case todos os equipos suman de 3 en 3. O Taboada achégase á permanencia tras remontar ante o Escairón […]

Os Máxicos afrontan a recta final con igualdade total

Os Máxicos da fin de semana deixaron os pinchazos de Residencia, SD Chantada e Ribadeo, dos que se aproveitou o Monterroso. Na zona baixa, hai 9 equipos en 8 puntos. A Residencia atáscase no derbi do Gorgoso (2-2). Logo dunha primeira metade de igualdade e tanteo entre Milagrosa e Residencia, un erro defensivo local traduciuse […]

As Valgas, o esceario dunha final pola permanencia

É a xornada vintenove, e aínda quedarán cinco encontros por disputar, pero a situación clasificatoria de Iberia e Taboada, último e penúltimo respectivamente, convida a que o domingo ás 17 horas, as Valgas alberguen un partido con auténtico sabor a final. Arbitrará o colexiado Álvaro Valín. O Iberia chega ao encontro na derradeira praza da […]

Os Máxicos teñen seis xornadas para acadar os obxectivos

Os Máxicos da Primeira Futgal achéganse ao final de temporada con todo en xogo. Antes do parón de Semana Santa, Monterroso e Ribadeo non fallaron, mentres que Iberia, Lourenzá e Chantada Atlético chegan en postos de descenso ao parón. O Monterroso supera a unha Milagrosa amolada (3-0). O vento a favor deu aire aos de […]

O empate protagoniza a Primeira Futgal

Ata 12 equipos da Primeira Futgal marcharon cun empate dunha xornada que deixou varios pinchazos na zona nobre, dos que se aproveita o Monterroso. A categoría iguálase máis que nunca por abaixo, pois ningún quere quedar descolgado. O Brollón atáscase fronte o Nogueira (0-2). Os ourensáns comezaron mellor e adiantáronse cando apenas se cumprira o […]

primeira

O Ás de Copas deixa sorpresas no torneo da Preferente e da Primeira

O festivo de San Xosé trouxo consigo unha nova eliminatoria de Copa para os conxuntos de Preferente e Primeira Futgal, cuxos vencedores avanzan aos cuartos de final. É o caso do Ribadeo, que fixo valer a súa condición de local e de favorito diante do Brollón (4-0). Os celestes dominaron desde o comezo e chegaron […]

Os Máxicos asinan catro empates e dúas victorias visitantes

Os Máxicos achéganse á recta final de temporada cos obxectivos por cumprir. O Monterroso asalta o terceiro posto logo do pinchazo do Ribadeo, mentres que o Xove supera ao Iberia no derbi para saír de postos de descenso. O Oural e a Milagrosa empatan no Luis Pallín (1-1). Os Máxicos de Madriles adiantáronse na primeira […]

A terceira praza, un botín que Monterroso e Ribadeo non queren deixar escapar

Como se dun obxecto de valor se tratase, a terceira praza da clasificación é un prezado ben que Monterroso e Ribadeo veñen compartindo nos últimos meses de clasificación. Nesta xornada, o dono dunha praza no play off de ascenso pode quedar máis definido, ou incluso deixar que a emoción continue ata as derradeiras xornadas. O […]

Os Máxicos non paran a SD Chantada nin a Xove

Os Máxicos da Primeira Futgal seguen adiante na procura dos seus obxectivos. O Xove de Piru segue nunha impresionante xeira, mentres que a SD Chantada mantén 14 puntos de renda co seu perseguidor máis inmediato, a Residencia. O Monterroso, pola súa banda, non deu opción ao Taboada no derbi. O Brollón non comparece na Peroxa […]

A Primeira concentra catro victorias visitantes

Catro victorias visitantes, dous empates e catro victorias locais fan balance dunha nova xornada na Primeira Futgal. A SD Chantada segue con paso firme polo ascenso e o Xove engánchanse de cheo á loita pola permanencia. O Foz leva o derbi diante do Iberia (1-2). Os de San Miguel estiveron máis intensos na primeira metade […]

Un líder que cada vez o é máis e moitos nervios na zona baixa

A Primeira Futgal segue coa SD Chantada como líder indiscutible da categoría, mentres que a loita polos postos de promoción está máis picante que nunca. Na zona baixa, todos queren sumar puntos para eludir o descenso. O Santaballés asalta A Cheda (1-2). A Residencia acusou as numerosas baixas na xornada de sábado e, aínda que […]

A Primeira comprímese moito por abaixo

A Primeira Futgal, da man de Salvatierra Abogados, segue a deixar emoción e duelos vibrantes na provincia. A SD Chantada aproveita o pinchazo da Resi, o Monterroso colócase terceiro e a zona baixa aprétase cada vez máis. O Ribadeo tropeza e o Taboada saca un punto de moito mérito (0-0). O estado do Pepe Barrera […]