Nove equipos en seis puntos na Primeira Futgal

A igualdade propia da Primeira Futgal deixa, despois de 20 xornadas de competición, a nove equipos aglutinados en tan só 6 puntos. O Castro, noveno clasificado, atesora 23. O Chantada Atlético (penúltimo) conta con 17. Na zona alta tamén se mantén unha loita moi intensa pola terceira praza. O Brollón cae con orgullo ante o […]

A SD Chantada segue mandando nos Máxicos

A Primeira Futgal segue rodando cunha xornada marcada pola borrasca Ingrid. Porén, todos os partidos da semana puideron xogarse na sesión vespertina do domingo. A Milagrosa supera ao Guntín no Gorgoso (1-0). A primeira oportunidade que tivo a Milagrosa a balón parado foi para dentro: un dos Máxicos da semana, Chris, rematou á perfección o […]

O Xove Lago recibe ao Lourenzá nun partido chave pola permanencia

Comeza unha xornada marcada fortemente pola borrasca Ingrid, que golpeou con forza ao longo e ancho da nosa provincia e que obrigou á suspensión da actividade deportiva o sábado. Confiamos en que a situación mellore e o domingo sexa posible a disputa da xornada con total normalidade e seguridade. O domingo ás 17 horas o […]

A segunda volta da Primeira comeza con moitos goles

A segunda volta de competición deixou resultados agardados na provincia. O Brollón continúa co seu bo ritmo, mentres que o Grupo 3 cada semana está máis apretado. O Brollón desfai a igualdade inicial e supera ao Meliás (4-0). Despois de media hora de tanteo nos Medos, os lucenses colleron paseniño o pulso do partido e […]

A Residencia quere volver gañar diante dun Ribadeo que non perde con Dani Moirón

Son os dous perseguidores do líder, co permiso do Monterroso. Residencia e Ribadeo eran, ao comezo de temporada, dous dos grandes favoritos ao ascenso a Preferente e con case unha volta consumida seguen mantendo dita condición, iso si, por detrás dun Chantada que venceu en catorce dos dezaseis encontros disputados nunha primeira volta de récord. […]

O Xove Lago, na procura da reacción diante dun enrachado Monterroso

O 2026 xa comeza cunha boa ración do noso fútbol. Ademáis da xornada de Copa Deputación, a Primeira Futgal ponse ao día logo do adiamento, na última fin de semana de setembro do encontro entre o Xove Lago e o Monterroso. Ámbolos conxuntos veranse as caras o domingo ás 12 da mañá no Municipal de […]

Que piden aos Reis os equipos de Primeira?

Non é momento de mirar cara atrás, pois os principios de Ano sempre invitan a pensar nun futuro brillante. É o caso dos equipos lucenses da Primeira Futgal, que afrontan o 2026 con paso firme na procura dos obxectivos. Porén, para saber ata onde queren chegar, teñen que saber tamén de onde veñen. O flamante […]

Remata o ano cun líder destacado e varios equipos a cabalo

Os Máxicos puxeron fin ao ano 2025 nunha fin de semana con moitas emocións e, sobre todo, moitos goles. O Outeiro mereceu máis diante dun Xove que se defendeu moi ben (0-0). Os locais foron dominadores nos primeiros 20′ de xogo e sumaron numerosas chegadas á área, especialmente nunha banda dereita controlada por Alejo. Porén, […]

A supremacía da Primeira Futgal, en xogo no Sangoñedo

Poucos partidos máis atractivos no fútbol galego que o que se disputa este domingo ás 16:15 horas no Sangoñedo. A SD Chantada recibe á Residencia, nun choque no que está en xogo o liderado e a supremacía dun grupo lucense da Primeira Futgal no que ningún dos dous conxuntos ofrecen concesións. O Chantada é o […]

Os Máxicos manteñen o duelo singular polo liderado

Os Máxicos da Primeira continúan con paso firme na procura dos obxectivos. 15 goles dos 24 que anotaron os lucenses nesta xornada foron anotados nos segundos tempos, o que demostra o alto nivel de forma de todos os conxuntos. O Taboada non saca nada positivo da casa dun serio Escairón (1-0). Foi un duelo igualado, […]

Iberia e Ribadeo enfróntanse quince anos despois nun derbi cheo de reencontros

Poucos encontros servirán de tantos reencontros como este derbi entre dous conxuntos que non ven as caras en partido oficial desde fai quince anos. Iberia e Ribadeo enfrontaranse o domingo ás 16 horas nas Valgas, onde se agarda un gran ambiente e onde os locais celebrarán o seu noventa aniversario. Impartirá xustiza o colexiado focense […]

Resi e SD Chantada destácanse nos Máxicos

Os Máxicos da Primeira Futgal continúan cos seus pasos nunha categoría que se está amosando moi igualada. O Iberia rescata un punto tras a remontada do Taboada (3-3). Foron mellores os mariñáns na primeira metade, fixeron o 0-1 e xeraron moito perigo en rápidas transicións. O 0-2, porén, non chegou ata a reanudación (46′). Este […]

O Castro ameaza a imbatibilidade da Residencia

A undécima xornada na Primeira Futgal achéganos un dos auténticos partidos da xornada entre dous conxuntos cunha historia recente moi parella. Castro e Residencia mediranse no Arturo Pereiro o domingo ás 16:30 horas coa arbitraxe do colexiado focense Ángel Ron. Chairegos e lucenses descenderon xuntos desde a Preferente na temporada 2023/2024, ámbolos dous por mor […]

Igualdade máxima na táboa da Primeira

A táboa clasificatoria da Primeira Futgal tan só destaca a dous equipos por riba do resto: SD Chantada e SDC Residencia teñen unha pequena marxe sobre os rivais aos que se enfrontan semanalmente. A Residencia tira de oficio diante do Foz (3-1). Valeulles aos branquiazuis unha primeira metade moi sólida na matinal de domingo para […]

descenso

O Taboada sae do descenso e a Milagrosa entra na promoción

A victoria do Taboada en Santaballa —nun duelo para evitar o descenso— e a derrota do Xove en San Miguel, entre outros resultados, apreta moito a zona baixa da táboa. Salvatierra Abogados trae os resumos de toda a xornada da Primeira. O Brollón aséntase na zona media da táboa tras vencer nun partido tolo (3-2). […]

O Lourenzá e o Outeiro respiran, mentres que a SD impera no derbi

lO Lourenzá foi quen de gañar nunha xornada trepidante para os Máxicos, que rematou coas victorias de Resi, Castro e SD Chantada na zona nobre dunha táboa que patrocina Salvatierra Abogados. A Resi saca tres puntos nun día gris (2-1). O Iberia foi mellor na Cheda e mereceu sacar algo positivo, pero a dinámica dos […]

A previa do Castañazo é o derbi chantadino

Chantada vivirá dous fins de semana de festa. O vindeiro celébrase o mítico Castañazo Rock que xa chega á súa vixésima edición e neste para abrir boca un dos derbis máis agardados da nosa comunidade futbolística lucense. A SD Chantada e o Chantada Atlético enfróntanse o domingo ás 16:30 horas nun Sangoñedo que se vestirá […]

A competición deixa sorpresas nos Máxicos

Nova semana de competición na Primeira Futgal, na que o Ribadeo foi o único dos tres primeiros que venceu. O Monterroso levouse o derbi ante o Taboada, mentres que a Milagrosa soña cun ano histórico. O Escairón deixa ao Foz sen opcións (1-0). O gol de Nahuel nada máis comezar nunha vaselina logo dun balón […]

Un derbi para saír da zona baixa

Cerdeiriños albergará un derbi entre dous conxuntos necesitados de puntos na Primeira Futgal. Monterroso e Taboada mídense o domingo ás 17:15 horas con tres puntos importantes en xogo. Arbitrará Álvaro Valín. O Monterroso conta con cinco puntos na clasificación, malia o seu bo comezo. Un triunfo contundente diante do Foz e un empate no Arturo […]

O ritmo de Resi e SD Chantada imponse na Primeira

A Primeira Futgal deixa á Resi e ao Ribadeo na cabeza da táboa logo de seis xornadas disputadas. Esta semana, a emoción e a alta intensidade foron protagonistas na provincia. A Residencia supera en ritmo e goles ao Chantada Atlético (5-1). Os branquiazuis demostraron desde o primeiro momento a un cadro chantadino que nunca chegou […]