Os lucenses da Primeira Futgal repártense en dous grupos

Non é a primeira vez que a Primeira Futgal conta con representación lucense en máis dun grupo. Sen ir máis lonxe, as particulares circunstancias da pasada campaña tiveron á Milagrosa competindo en Vigo. Porén, este curso 2025/2026 a división atende a criterios xeográficos. O Brollón, recén ascendido, competirá na provincia de Ourense por manter a […]

Chegou o día

Este sábado 28 de xuño é o día. Celebramos a quinta edición do All Star Futbolinlugo. Como insistimos cada ano, non se trata tan só dun partido de fútbol: é a gran festa do fútbol lucense. A comunión e convivencia de tod@s @s tol@s que se mollan ata os ósos cada inverno, que resisten cada […]

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

O sábado, de Copas na provincia

Hoxe, sábado, o Arde Lvcvs non é a única cita ineludible na provincia de Lugo. Pretiño da capital, no Arturo Pereiro de Castro, a SD Chantada e o Taboada CF disputarán o título de Copa. Ambos conxuntos procurarán poñer o broche de ouro a unha temporada excelsa: os de Traste estiveron a piques de engancharse […]

Drama asegurado no Arturo Pereiro

O Arturo Pereiro alberga mañá, domingo, ás 12.00, un dos duelos máis relevantes da xornada na Primeira Futgal. O cadro local, o CD Castro de Dumi, mídese ao Pastoricense que dirixe Juanma, amigo persoal do técnico vermello. O derbi non supoñerá tan só 3 puntos e un partido de máxima rivalidade, senón que ambos conxuntos […]

A 28ª xornada da Primeira Futgal, a análise

Os Máxicos da Primeira afrontan a recta final da temporada con obxectivos claros no punto de mira. Hai quen procura o ascenso directo, mentres que outros conxuntos buscan salvar a categoría. Este último é o caso do Outeiro de Rei, que visita o feudo do San Lázaro co reto de saír da zona de descenso. […]

A última bala do San Lázaro, unha boa oportunidade para o Pastoricense

O Acebreiro vivirá unha auténtica batalla este domingo ás 16.30, que pode ser a última opción do San Lázaro para engancharse á loita pola permanencia na Primeira. Os locais, o conxunto do Pastoricense, reciben a un cadro celeste que chega na última posición da Primeira Futgal. Os da Ponte precisan así tres puntos se queren […]

O Catro Ventos será verdugo esta tarde

O campo do Catro Ventos, na parroquia de Cazás e no concello de Xermade, será xuiz e verdugo esta tarde ás 16.30. O cadro local, o Cazás, mídese a un Castroverde que pode confirmar o seu ascenso á Segunda Futgal. Tan só a victoria chairega impedirá o salto de categoría dun conxunto visitante que chega […]

Arrinca a Primeira Galicia

A última Primeira Galicia tal e como a coñecemos dá hoxe o pistoletazo de saída. Por diante, 34 xornadas que prometen sorpresas e moita emoción. Na V Guía Futbolinlugo podedes consultar os cadros de xogadores dos 18 equipos participantes nesta categoría, así como unha análise exhaustiva dos seus obxectivos para esta 23/24. Os que levamos […]

Volve a Primeira co seu tradicional formato

A Primeira Galicia é unha das categorías que máis nos gusta. Esta fin de semana, o balón volverá rodar nos campos da provincia, con 18 equipos que competirán cada semana polos seus obxectivos. Regresa ademais o formato tradicional de competición, sen anomalías nin divisións en sub-grupos. Cada semana, cubriremos todo o acontecido neste Grupo 3 […]

O retorno máis agardado

84 semanas. Dícese rápido. Pero non pasaron tan rápido. Foron meses moi duros para todos e para todas. Porén, aquí estamos. E hoxe é un día de festa para todos nós, non pode ser doutra forma. Volve a Primeira Galicia aos nosos campos, retorna a competición oficial a moitos recunchos da provincia -os que non […]

Preparados para unha nova Preferente

Chegou a hora da verdade. Esta fin de semana comeza unha nova Preferente, con ata sete equipos lucenses. Desde esta casa, queremos facer unha previa individualizada de como chega cada un dos nosos conxuntos ao ‘Día D’. Atlético Escairón: Manteñen o bloque do ascenso con algunha que outra incorporación. Mostrarón a súa competitividade durante toda […]

Previa: Unha Primeira por todo o alto

A Primeira Galicia, versión lucense, comezou o xoves coa disputa do Monterroso-Outeiro de Rei. Un aperitivo do que nos agarda esta fin de semana. O da primeira xornada dunha das competicións máis igualadas e imprevisibles da última década. Dende Futbolinlugo, queremos facer unha breve previa na que trataremos de explicar como chegan os diversos equipos […]

A previa dos tres grupos da Terceira

O verán no fútbol provincial estivo marcado polo cambio de formato da Terceira Galicia coa inclusión de tres grupos e coas modificacións á hora de ascender. Polo momento, os equipos pensan en iniciar a temporada e disfrutar desta primeira fase. A igualdade será, un ano máis, a tónica predominante sobre todo cos poucos equipos que […]

A previa da Segunda Galicia sur

Xa non queda nada. Este sábado comeza a Segunda Galicia e no grupo sur faino ao grande, xa que na primeira xornada haberá dous derbis. Un deles, o chantadino, entre o Chantada Atlético e o Chantada B no Sangoñedo (sábado ás 17h) e o outro, o da Ulloa, co Palas que visita o campo do […]

A previa da Segunda Galicia norte

Pese a quen lle pese imos cara o inverno, ou iso parecía hai uns días. O certo é que as competicións futbolísticas están iniciando os seus cursos na provincia.  E esta fin de semana comezan tamén a Segunda e Terceira Galicia. A Segunda volverá a estar dividida en dous grupos, sur e norte, con dezaseis […]

Análise dos conxuntos lucenses na nova Preferente

Sete equipos representarán á provincia de Lugo na nova Preferente, que comeza esta fin de semana. Dende Futbolinlugo, quixemos facer unha análise destes equipos antes de que empece o espectáculo.   CD Castro: Recén descendido, moveuse algo tarde no mercado. Aínda así, as súas fichaxes invitan ao optimismo. Debería estar na zona alta grazas ao […]