O Acebreiro vivirá unha auténtica batalla este domingo ás 16.30, que pode ser a última opción do San Lázaro para engancharse á loita pola permanencia na Primeira. Os locais, o conxunto do Pastoricense, reciben a un cadro celeste que chega na última posición da Primeira Futgal. Os da Ponte precisan así tres puntos se queren aproximarse aos postos de permanencia, mentres que a victoria do cadro branco permitirá aos de Juanma seguir unha semana máis fóra do descenso.
O precedente na última edición do duelo
Corría a décima xornada de liga cando o San Lázaro —adestrado aínda por Nico Longhini— caía por 0-2 diante dun Pastoricense no que Juanma xa contaba dúas victorias. Porén, o duelo foi máis igualado do que di o marcador final: o resultado no minuto 89′ era de 0-0, pero o fútbol vertical dos do Acebreiro deulles tres puntos de ouro nos intres finais. Desde esa data, o San Lázaro tan só sumou un punto máis, mentres que o Pastoricense chegou ata os 23. Agora chega unha última oportunidade para os celestes, mentres que os locais queren distanciarse da zona de perigo e consolidar de novo á entidade na Primeira.
As sensacións dos adestradores
Mincha foi honesto con Futbolinlugo e recoñeceu que «afrontamos o duelo con ilusión, a ver se podemos levar unha alegría. A situación é complicada e sumamos moitas baixas, agora tamén a de Gabri». Pola súa banda, o adestrador local Juanma afirmou que «é certo que chegamos nunha mala xeira de resultados, pero o equipo ten moitas ganas e o demostra en cada adestramento. Correxiremos, tanto os xogadores coma min, erros de pasadas xornadas e se seguimos unidos acadaremos o obxectivo».
As chaves do choque
Para o preparador do Pastoricense, o partido «polo ritmo que lle transmitamos ao partido e minimizar erros. O terreo de xogo estará bastante blando polo que as accións a balón parado cobrarán máis importancia». Mincha, pola súa parte, considerou para os nosos micros que «o estado do campo influirá no xogo de ambos conxuntos. Se conseguimos estar concentrados e ben equilibrados faremos un bon partido, mentres que o partido se decidirá por pequenos detalles».


