O Lourenzá está sendo, sen lugar a dúbidas, a sensación do comezo da tempada na Primeira Futgal. É o único equipo que sumou dúas vitorias neste inicio despois de vencer pola mínima ao Guntín, o que pon como o líder da competición. Tres puntos que chegaron grazas a un tanto de Casanova que fai qu eo Lourenzá poida soñar desperto nunha posición coa que eles non contaban. Todo feito con moito esforzo por parte de todos os integrantes do cadro, que só teñen a permanencia na cabeza.
O autor do gol que puxo ao Lourenzá na cabeza da táboa pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro, a situación inesperada de ser os líderes da competición e os obxectivos de cara ao que resta para toda a tempada.
Entrevista a Casanova do Lourenzá
Encontro ante o Guntín:»Sabíamos ao que íamos, a aguantar e saír ao contrataque porque teñen moi bos xogadores. Defendimos como sabemos, non cometimos erros e a que tivemos aproveitámola».
Inicio inesperado:»Non o esperabamos. Co traballo da pretempada e as fichaxes que se fixeron espero que sigamos loitando así. O vestiario está que non o cre. Con esforzo e compromiso está saíndo o que queremos e precisamos».

Encontro ante o Guntín:»Si seguimos coas pautas que estamos, pese a que a liga non é fácil, imos ter a permanencia no bo camiño. Ata o de agora, a cousa está indo ben».


