Trio de Ases O Canton. O Ribadeo golea cun Asier estelar

Chegou a primeira derrota a domicilio do Racing Vilalbés en Segunda RFEF. Foi no tempo de desconto diante do Fabril. En Terceira RFEF, o Polvorín sumou un valioso punto no campo do líder, a UD Ourense. A Sarriana e o Viveiro caeron como locales diante de Paiosaco e Rápido de Bouzas, respectivamente. Na Preferente, o […]

Trio de Ases O Cantón. O Polvorín gaña e achégase a postos de play off

Xornada de derbi en Segunda RFEF. Na Madalena o Racing Vilalbés igualou co Ourense CF nun encontro con polémica arbitral. En Terceira RFEF, o Polvorín venceu ao Pontevedra B e sitúase a un punto dos postos de play off. Sarriana e Viveiro sumaron un punto a domicilio na súas visitas ao campo do Betanzos e […]

Trío de Ases O Cantón. O Racing Vilalbés vence no Verónica Boquete

Foi unha semana triste para os nosos patrocinadores da Panadería O Cantón de Outeiro de Rei polo falecemento de Ana Vilariño, propietaria do negocio e nai de Tichu, fútbolista do Outeiro, e Xaime, actualmente no Ribadeo. Desde aquí todo o noso ánimos para eles!!. A xornada déixanos o espectacular triunfo do Racing Vilalbés no campo […]

A Sarriana gaña con contundencia a domicilio

Non foi unha boa xornada para os conxunto lucenses. Na Segunda RFEF chegou a primeira derrota para o Racing Vilalbés. Foi na Madalena ante o Covadonga no día que se lle rendiu homenaxe a Manolo Lamas delegado do club durante moitos anos e pai do actual adestrador Simón Lamas, falecido a comezos de semana. Na […]

O Racing Vilalbés vence á Arandina e segue invicto

Inmellorable comezo do Racing Vilalbés na Segunda RFEF. Os chairegos mantéñense invictos logo de sacar os tres puntos na visita ao campo da Arandina. En Terceira RFEF, o derbi da Ribela entre a Sarriana e o Polvorín rematou con triunfo visitante. O Viveiro sacou un valioso punto do campo do Alondras. Na Preferente, a Residencia […]

Trío de Ases O Cantón. O Polvorín logra a primeira vitoria da temporada

O Racing Vilalbés segue sen coñecer a derrota en Segunda RFEF logo de igualar na Madalena diante do Marino. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín logrou o seu primeiro triunfo. Foi na Cheda diante do Betanzos. A Sarriana sumou un punto na súa visita a Barbadás, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana fronte á […]

Trío de Ases O Cantón. Primeiras victorias de Sarriana, Viveiro e Castro

O Trío de Ases Panadería O Cantón deixa sensacións agridoces na provincia. Racing Villalbés segue invicto na Segunda RFEF logo de tres xornadas e de empatar a cero goles no feudo do Rayo Cantabria. Na Terceira RFEF, o Viveiro superou ao filial do Pontevedra por 0-1 e a Sarriana dominou claramente ao CSD Arzúa (3-0), […]

Trío de Ases O Cantón. Ribadeo e Lemos comezan gañando en Preferente

O Racing Vilalbés debutou na Madalena en Segunda RFEF e fíxoo cun empate diante dun Avilés chamado a pelexar polo ascenso. Na Terceira non houbo triunfos lucenses. Polvorín e Sarriana sumaron un punto fronte a Estradense e Gran Peña respectivamente, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana diante do Bergantiños. Na Preferente, o derbi provincial […]

O Ribadeo avanza a semifinais da Supercopa

O encontro de cuartos de final da Supercopa Galicia resultou do máis apaixoante, sobre todo tendo en conta a altura de pretemporada na que se atopan ámbolos dous equipos. Ribadeo e Atlético Arnoia ofreceron no Municipal de Outeiro de Rei un encontro igualado que puido caer para calquer lado, pero que se decidiu na tanda […]

Dani Moirón (Ribadeo FC): «O equipo está moi ilusionado coa Supercopa»

A I Edición da Supercopa Galicia xa está en marcha e o Ribadeo, como gañador da Copa Deputación será o representante da nosa provincia nesta competición creada pola Federación Galega. Nela participan os gañadores das diferentes Copas disputadas ao longo e ancho da xeografía galega e consta de dúas eliminatorias antes da gran final que […]

O fútbol galego afronta unha reestruturación

A Real Federación Galega de Fútbol e as súas Delegacións preparan unha reestruturación das competicións para a vindeira 24/25, unha remodelación que comezará a coller forma ao remate deste curso. Polo tanto, a temporada 23/24 será a última co fútbol afeccionado tal e como o coñecemos. A primeira novidade chega na Preferente: desde a Federación […]

Diario dun mercado. Episodio 360

Comezamos este Diario con novidades no Racing Vilalbés. O cadro chairego poderá contar con Pablo Rey tamén para o proxecto de Segunda Federación. O xogador de Ferrolterra renova e vivirá a segunda tempada no equipo. O corpo técnico encabezado por Simón Lamas ten a 18 xogadores do primeiro equipo ao seu dispor. O mércores da […]

Diario dun mercado. Episodio 346

O mercado non da tregua neste mes de xuño. Novidades desde a Preferente ata a Terceira Galicia nesta nova edición.

Diario dun mercado. Episodio 337

Renovacións na metade norte da provincia e despedidas no sur nunha nova edición do Diario dun Mercado.

Tres conxuntos de Primeira e un de Preferente, a semifinais

As semifinais da Copa xa teñen protagonistas. A SD Antas recibirá ao Ribadeo no Castro Seoane, mentres que a SD Pol visitará O Sangoñedo para medirse ao Chantada Atlético en dous choques que prometen emocións fortes logo dunhas eliminatorias de cuartos de final vibrantes. O único conxunto da Preferente que queda vivo é o Ribadeo, […]

O Racing Vilalbés perdoa e La Calzada marcha á Rioxa moi vivo

A Madalena viviu un encontro histórico. Por primeira vez, o Racing Vilalbés logrou chegar á derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e a capital chairega vestiuse de gala para recibir ao conxunto rioxando de La Calzada. O Racing realizou un bo encontro pero os visitantes marcharon cun empate, un premio excesivo para o visto […]

A Sarriana ascende a Terceira e o Racing Vilalbés fai historia na Lomba

Fin de semana moi positivo para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés impúxose ao Arousa e clasifícase para a derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF. Na Preferente, a Sarriana logrou o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de gañar no derbi provincial diante da Residencia e beneficiado polo empate entre Noia e Boiro. A […]

O Racing Vilalbés empata e xogará o pase no campo do Arousa

O Racing Vilalbés e o Arousa igualaron na ida da segunda rolda eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e será no campo da Lomba onde se decida o equipo que represente a Galicia na derradeira fase. Na Preferente, a Sarriana quedou sen marxe de erro para manter praza de ascenso logo do empate no campo […]