#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 346

San Xoán, Arde Lucus, All Star Futbolinlugo… son xornadas festivas, pero o mercado non ten pensado dar tregua. Continúan as novidades en todas as categorías. Desde a punta da provincia, Dani Moirón, flamante campión de copa co seu Ribadeo, continuará nos banquiños do Pepe Barrera durante a próxima campaña. Ao seu carón continuará Oke como segundo.

Na Primeira Galicia, a continuidade é a nota dominante: Alberto Pacio renova na meta de Outeiro de Rei, Seixosmil e Iago Dorado continúan no Meira e Hugo renova no Xove. Quedamos na Mariña, pero unha categoría máis abaixo, para continuar anunciando renovacións: Schuster, Sergi e Álvaro seguen un ano máis no Folgueiro.

Hugo renova no Xove Lago.

Outro concello mariñán que acumula novas é Barreiros. O Celta di adeus a Iván ‘Iff’, que deixa o equipo logo de catro temporadas. Na parroquia de San Miguel, o novo proxecto do Iberia colle forza coa chegada dos defensores Mario e Borja, procedentes do Sporting Pontenova.

Tamén na Terrá Chá hai movementos: o Xermade anunciou que Carlos Pena e Rubén Pena non seguirán como técnicos do club. Ademais, emerxe un novo adestrador no fútbol sénior: o vilalbés Asier Lozano faise cargo do Rioaveso Machinango na procura dun proxecto atractivo e ilusionante.



Diario dun mercado. Episodio 346

Diario dun mercado. Episodio 345

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *