Nova actualización do mercado para pechar o día da patria. O 25 de xullo será unha data marcada para Roberto Fernández, pois o chantadino xa traballa como novo adestrador do Polvorín, logo de unha temporada no CD Lugo ‘B’ Xuvenil. Segue así a traxectoria do seu predecesor, Roberto Trashorras. Na mesma categoría, Diego Rey seguirá vestindo a camiseta da Sarriana.
Na Preferente, o Lemos incorpora a Nacho Salvati, arxentino de 20 anos que chega desde o CD Nuevas Promesas. O atacante ten pasado no cadro xuvenil de Boca Juniors. Pola súa banda, o Ribadeo di adeus a un Roi que pasará a defender as cores da SD Pol. Os do Manuel Luna puxan en serio por un ascenso que se resiste.

Precisamente, rivais do Pol na zona alta serán -a priori- o Santaballés, que renova a Palomo, e o Chantada Atlético, ao que chega David López desde a SD Chantada. Por último, a monfortina Carmen Carballada comezou a pretemporada co primeiro equipo do Dépor Abanca. A mediocentro de 18 anos acumula xa dúas campañas no filial deportivista.

