Polvorín e Sarriana camiñan con paso firme

Variedade de resultados dos equipos lucense de Terceira na quinta xornada. O Polvorín gañou no sempre difícil campo do Sofán, o Racing Vilalbés arrancou un punto no feudo do Alondras e o Viveiro caeu na súa visita ao Xuvenil de Ponteareas. Na cuarta xornada de Preferente os dous derbis provinciais tiveron clara cor local. A […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Ribadeo: choque de obxectivos na Ribela

Un clásico da Preferente. Sarriana e Ribadeo chegan ao encontro deste domingo ás 17 horas na Ribela en dinámicas opostas e con obxectivos finais distintos, aínda que nun derbi no que o coñecemento entre ámbolos conxuntos é máximo o resultado sempre é incerto. Arbitrará o colexiado ourensán Castro Fernández. A Sarriana afronta este encontro logo […]

Bo encontro e mellores sensacións da Sarriana no comezo da Preferente

Un ano e medio despois volve o Trío de Ases ao completo. A competición na Terceira tróuxonos bos resultados. O Racing Vilalbés sumou un triunfo na Madalena diante do Sofán e o Viveiro empatou sen goles en Cantarrana co Ourense CF. Na Preferente, o derbi provincial entre o Escairón e o Santaballés rematou en tablas […]

Preparados para unha nova Preferente

Chegou a hora da verdade. Esta fin de semana comeza unha nova Preferente, con ata sete equipos lucenses. Desde esta casa, queremos facer unha previa individualizada de como chega cada un dos nosos conxuntos ao ‘Día D’. Atlético Escairón: Manteñen o bloque do ascenso con algunha que outra incorporación. Mostrarón a súa competitividade durante toda […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Noia – Sarriana: noventa minutos para facer historia

A última xornada da temporada xa está aquí. E chega cun prato forte para o fútbol lucense. A Sarriana ten a posibilidade de rematar o fin de semana cun ascenso a Terceira que sería histórico e outorgaríalle aos sarriaos o pase á competición nacional por primeira vez. Para iso terá que gañar no campo de […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Sofán: unha final anticipada na Ribela

A segunda xornada da fase de ascenso no grupo norte de Preferente convertiuse nunha auténtica final para a Sarriana. A Ribela será testigo, o domingo ás 18:30 horas,  do enfrontamento entre dous dos primeiros clasificados na primeira fase, o cadro local e un Sofán que tamén pon enriba da mesa as súas opcións de ascenso. […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Lemos – Residencia: coa fase de ascenso no punto de mira

A penúltima xornada da Preferente déixanos unha auténtica final. Lemos e Residencia enfróntanse o domingo ás 18 horas na Pinguela co claro obxectivo de acadar a segunda praza que outorga o pase á fase de ascenso a Terceira. O encontro será arbitrado polo colexiado ourensán García Vázquez. O gran comezo do Lemos nunha competición tan […]