Tres equipos e un destino para unha xornada de transistores

Así foi a Xornada 9 da Preferente. Dous empates que deixan todo aberto ata o final

Así foi a novena xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses, unha data na que o clásico mariñán entre o Ribadeo e o Foz foi adiado polo dichoso e cansino COVID-19:

  • Lemos-Residencia (1-1): A Residencia sacou un punto de ouro da Pinguela. Un empate que lle permite ser o único aspirante que dependa de si mesmo para a última xornada. Os de Álvaro Meilán estirilizaron a posesión do Lemos na primeira metade. Mesmo aproveitaron un erro defensivo local para colocar unha mínima vantaxe ao descanso. O gol foi dun Dani Renda que segue de doce. Na reanudación, víronse os mellores minutos dos de Edu Rodríguez. Adri Díaz empatou de penalti e o público monfortino agardaba a remontada coa expulsión do visitante Yeray. No entanto, os da Cheda sobreviviron máis de media hora en inferioridade. Incluso tiveron algunha que outra oportunidade ante un Lemos que desperdiciou as súas balas.

  • Santaballés-Sarriana (2-2): Corredor ao campión e delicia para o espectador. O Santaballés chega vivo á última xornada despois de acadar un meritorio empate ante a Sarriana. Os de Dani Moirón foron sempre a remolque, igualando ata dúas veces as mínimas vantaxes conqueridas polo cadro de Charly. Armesto adiantou aos visitantes ao cuarto de hora. Álex Novás devolvía a igualada cinco minutos máis tarde. Na reanudación, repetiuse a mesma historia. Javichu colocaba de novo por diante á Sarriana. David OT empataba a menos de dez minutos para o remate. O xuvenil Hamza debutou co primeiro equipo da Ribela.

    Última xornada (en negriña os candidatos á segunda praza):

    *Residencia-Ribadeo            *Sarriana-Lemos             *Foz-Santaballés


Fotografía principal: Érica Currás

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario