Pólvora mollada no inicio da pelexa polo ascenso

Dúas derrotas e cero goles. Pobre balance dos nosos na xornada inaugural

A primeira das xornadas do grupo de ascenso non será especialmente recordada por terras lucenses. Cero goles e dúas derrotas foron o triste botín colleitado polos nosos representantes.

A tarde comezou revirada co revés da Sarrina na Grela. Un solitario gol de Mauro nos primeiros minutos da reanudación deulle os tres puntos ao Montañeros. Un saque dende o curruncho mal defendido que lle saiu caro aos de Charly. A Sarriana desperdiciou unha vaselina e un golpeo ao longueiro de Diego Rey nun encontro pechado e con escasas oportunidades.

Non marcharon mellor as cousas por Barraña. Ao primeiro minuto de xogo, o Lemos xa perdía por 1-0 co gol en propia puerta de Manuel. O segundo mazazo, xusto antes do descanso. Marcos Piñeiro deixaba o encontro a medio sentenciar. Os de Edu Rodríguez volvían conceder en exceso e a perdonar en ataque. Especialmente nunha segunda metade, na que dispuxeron de varias ocasións para tan sequera facer o tanto da honra.

E xa por terras lucenses, o Foz impúxose no derbi mariñán aprazado da xornada 9.  Un dobrete de David Ben, cun gol seu en cada unha das partes, otorgoulle o segundo triunfo da tempada a un Foz en clara liña ascendente. Os de Javi Chinchón sobrepuxéronse ao bo inicio local e venceron con claridade a un Ribadeo que tivo que facer catro cambios ao descanso. As lesións de Criss e os irmáns Santi e Coki obrigáronlle a elo. A última delas semella especialmente preocupante. O movemento realizado polo seu xeonllo fai presaxiar o peor.

Por último, Dubra e Victoria empataron a dous goles no primeiro dos encontros da fase polo posto na próxima Copa do Rei. O Santaballés descansou nesta data

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario