O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Arzúa: tres puntos pra garantir media permanencia

A xornada 18 en Terceira chega con celebración. Por fin volta o público as gradas. As medidas de desescalada publicadas pola Xunta de Galicia permiten un tercio do aforo nos estadios galegos, sen sobrepasar os 500 afeccionados. Agradecerao de forma especial o Viveiro, que disputará o domingo ás 16:45 horas un encontro trascendental na pelexa […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Fisterra: Blindar Cantarrana, o gran obxectivo

O calendario de Terceira División sufre este fin de semana unha alteración para que boa parte dos equipos poñan ao día os seus encontros adiados. É o caso do Viveiro que xogará este domingo ás 16:30 horas en Cantarrana o partido correspondente á xornada 13 diante do Fisterra, un rival directo na pelexa pola permanencia, […]

Rubén (C.D. Foz): «Será un ano duro, pero sacarémolo adiante co compromiso de todos»

Unha das grandes promesas do fútbol mariñán é o gardameta Rubén (O Valadouro, 04-06-2000). Logo dos seus comezos no C.D. Foz e posteriormente no Burela, o cancerbeiro deu o salto ao Viveiro, clube no que rematou a súa etapa de formación, compaxinando esta coas convocatorias no primeiro equipo, onde xa demostrou o seu bo facer […]

Diego Rego: «A Primeira Autonómica é a categoría que lle corresponde ao Lourenzá»

Fai uns días que o Lourenzá anunciou nas súas redes sociais que Diego Rego non continuaría no banquiño de Santa Cruz a vindeira campaña. Logo de tres temporadas, nas que o equipo acadou o ascenso a Primeira Autonómica, o adestrador decidiu, malia a insistencia do clube na súa renovación, que era o momento de comezar […]

Asier (C.D. Foz): «Somos un grupo moi unido, a permanencia é posible»

O C.D. Foz atravesa unha mala xeira de resultados que o levou a ocupar o último posto da Preferente. Nunha temporada na que o clube mariñán tiña a firme intención de consolidarse nunha categoría á que lle costou moito retornar, as cousas non lles están a saír como estaba previsto. Falamos con Asier, un dos […]

Armesto (Lemos): «Somos unha auténtica familia, e hoxe é moi difícil atopar iso nun vestiario»

Poucos anos atrás, o Lemos viviu unha das situacións máis críticas da súa historia, tanto a nivel deportivo como económico. Cun enorme traballo da nova xunta directiva e tamén do corpo técnico, o conxunto monfortino trocou a súa filosofía e tras voltar á Preferente, afronta unha temporada ilusionante co gran obxectivo de manterse na categoría. […]

O rexurdimento da Pinguela

O ascenso e o futuro do Lemos, en boca dos principais protagonistas

Trío de Ases Terceira (Xornada 36) e Preferente (Xornada 35)

Boa xornada para os conxuntos de Terceira. O Racing Vilalbés gañou na Madalena ao Arousa e sellou a permanencia de xeito matemático, mentras que o Polvorín acadou un empate ante o Alondras, que chegaba ao Ceao cuarto na clasificación. Na Preferente, o Viveiro retornou á senda do triunfo, mentras que a Sarriana deixou boa parte […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 33)

A xornada 33 na Terceira División disputada no día de Xoves Santo, case na súa totalidade, deparounos resultados e sensacións dispares dos nosos representantes. Un frouxo Polvorín caeu na Cheda, nun insulso partido, ante o Ourense C.F., mentras que o Racing Vilalbés gañou nun trepidante encontro na Coruña ante o Silva. Ámbolos conxuntos teñen unha […]

A salvación na Primeira Autonómica decidirase nos pequenos detalles

  É habitual nas últimas temporadas que a Primeira Autonómica sexa unha das categorías máis igualadas no fútbol lucense. A día de hoxe, faltando dez xornadas para rematalo campionato parece claro que o Lemos ten encarrilado o seu ascenso a Preferente, mentras que o Sporting Pontenova voltará, dúas temporadas despois, a Segunda. Todo o resto, […]

Previa: Unha Primeira por todo o alto

A Primeira Galicia, versión lucense, comezou o xoves coa disputa do Monterroso-Outeiro de Rei. Un aperitivo do que nos agarda esta fin de semana. O da primeira xornada dunha das competicións máis igualadas e imprevisibles da última década. Dende Futbolinlugo, queremos facer unha breve previa na que trataremos de explicar como chegan os diversos equipos […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

O soño do Rácing Villalbés continúa. Esta tarde coñecerá a súa sorte despois de superar ao Atlético Pulpileño nos penaltis. Unha tanda na que Javi Pita detivo un penalti e Villares mostrou a súa xerarquía marcando o decisivo. O encontro foi moi parecido ao de ida, moi nivelado, con dous equipos serios e pendentes de […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

Destacados Primeira. Xornada 29

*Ferreira-Bóveda: Samba marcou e dislocouse o ombreiro cinco minutos despois. A segunda metade deixou a un Ferreira superior, que levou a victoria e sae do descenso directo. Lugar no que está o Bóveda. Aínda así, a Segunda Autonómica parece o destino de ambos conxuntos. *Riotorto-San Roque: A falla de puntería e Carlos evitaron unha goleada […]