Diego Rego: «A Primeira Autonómica é a categoría que lle corresponde ao Lourenzá»

Fai uns días que o Lourenzá anunciou nas súas redes sociais que Diego Rego non continuaría no banquiño de Santa Cruz a vindeira campaña. Logo de tres temporadas, nas que o equipo acadou o ascenso a Primeira Autonómica, o adestrador decidiu, malia a insistencia do clube na súa renovación, que era o momento de comezar unha nova etapa. Falamos con Diego Rego sobre o pasado, presente e tamén o seu futuro e o do equipo do seu pobo.

FUTBOLINLUGO: Resultou moi difícil a idea de non renovar e desvincularte do Lourenzá?

DIEGO REGO: Sendo sincero foi unha decisión difícil, polo moito que significa para min ser o adestrador do Atleti. Collín o equipo xusto despois de colgar as botas, foi unha experiencia bestial. Estou moi agradecido a tódolos que me brindaron esta oportunidade.

FIL: O clube contaba contigo unha temporada máis. Que motivou a túa negativa a continuar?

DR: Si, o clube ofreceume un ano máis, cousa que agradezo, pero a decisión de non continuar foi miña despois de falar e consensuar varias opinións. Considerei que ao equipo lle facía falta un cambio e por iso tomei esta decisión. O fútbol son ciclos. Ferguson e Wenger son únicos (risas).

https://www.facebook.com/escolasdeportivas.lourenza/posts/2531661173762135

FIL: Que significou para ti estar á fronte do equipo do teu pobo nestes tres anos?

DR: Cando Pablo, o presidente, e Óscar «Alcalde«, directivo, me ofreceron a oportunidade non o cría. Sorprendeume moito porque aínda era xogador, pero aceptar o reto foi unha moi boa decisión, xa que considéroa unha das mellores experiencias que tiven.

«A Primeira é a categoría ideal para que os xogadores da canteira rematen a súa formación«

FIL: Foron moitas as vivencias nestas temporadas. Se te quedas con unha, con cal sería?

DR: Téñoo claro. Co día que acadamos o ascenso no campo do Cabreiros. Foi inolvidable, igual que a festa que nos tiñan montada en Vilanova cando chegamos. Aínda se me poñen os pelos de punta ao lembralo.

Foto: Xaime Ramallal

FIL: Na primeira temporada mantivéstedes opcións de ascenso ata o último tramo de liga e na segunda lográstedes o salto de categoría. Que significou para o equipo voltar a Primeira Autonómica?

DR: Penso que a Primeira é a categoría que lle corresponde ao clube. Unha categoría bonita e competitiva, con bo nivel e na que disfrutan os xogadores aos que realmente lles gusta o fútbol. É a cateogoría na que o Atleti debe estar para que os xogadores da canteira rematen a súa formación adecuadamente.

«Non se sabe o que deparará o futuro, pero quero seguir adestrando e aprendendo«

FIL: Moitos deses xogadores da canteira formaron parte das convocatorias e do equipo titular durante a túa etapa como adestrador. Pensas que hai mimbres na base para darlle continuidade a esta aposta nos vindeiros anos?

DR: Logo de estar máis de quince anos sen fútbol en Lourenzá despois da desaparición do Atleti fundáronse as Escolas Deportivas, que hoxe son un referente  a nivel provincial e galego. O primeiro equipo medrou gracias a esta canteira de xogadores, así que creo que este é o modelo que debe seguir.

Paulo e Jose son dous dos estandartes da nova fornada de xogadores formados na base do Lourenza

FIL: Nesta temporada en Primeira, foi común a opinión de moitos dos vosos rivais de que o Lourenzá merecía estar máis arriba na clasificación. Cal cres que foi o motivo de que non chegaran os triunfos?

DR: Sinceramente creo que ao mellor nos creamos unhas expectativas  demasiado esixentes ao comezo de temporada. Tardamos en adaptarnos a categoría, pero sempre competimos moi ben. Realizamos un bo xogo e estou convencido de que merecemos mellores resultados moitas veces. Pero xogar ben é gañar. O fútbol non entende de merecementos.

FIL: A suspensión da competición pola pandemia do Covid-19 permitiralle ao Lourenzá seguir un ano máis en Primeira. Por onde pasan as opcións do equipo a vindeira temporada?

DR: Creo que hai mimbres e canteira para estar en Primeira. É preciso creelo e competir cada partido coa intención de gañar.

FIL: Por onde pasa o futuro de Diego Rego?

DR: Gústame moito o fútbol, disfruto adestrando e vendo fútbol, aínda que o mellor de todo é xogalo. En canto ao futuro nunca se sabe, pero por suposto que quero seguir adestrando e aprendendo.

Foto de portada: Xaime Ramallal

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.