Rubén (C.D. Foz): “Será un ano duro, pero sacarémolo adiante co compromiso de todos”

Unha das grandes promesas do fútbol mariñán é o gardameta Rubén (O Valadouro, 04-06-2000). Logo dos seus comezos no C.D. Foz e posteriormente no Burela, o cancerbeiro deu o salto ao Viveiro, clube no que rematou a súa etapa de formación, compaxinando esta coas convocatorias no primeiro equipo, onde xa demostrou o seu bo facer en Preferente. Agora, Rubén volta á orixe e formará parte dun Foz disposto a mellorar a súa última temporada.

FUTBOLINLUGO: Chegas a Foz coa difícil encomenda de sustituír a Bruzos. Como afrontas esta nova etapa?

RUBÉN: Chego ao clube onde din os meus primeiros pasos no fútbol, polo tanto afróntoa con moita ilusión. Para min é un novo reto, onde seguramente vaiamos a ter moito que pelexar para acadar os obxectivos.  Facer esquecer a Bruzos será algo complexo. Él é un excelente porteiro que estivo varios anos no clube, acadando o ascenso e a permanencia.

https://www.instagram.com/p/CCx13pkBbcS/?utm_source=ig_web_copy_link

FIL: No Viveiro non tiveche tódalas oportunidades que che gustaría, pero cando xogache raiache a gran nivel. Contabas seguir no clube logo do ascenso a Terceira?

R: Claro, era algo co que contaba. Conseguir un ascenso e logo disfrutar del . . . é o máximo. Ademáis alí coñecín a grandes persoas coas que me gustaría seguir xogando, pero este ano comezo a estudar fóra e resultábame complicado ir a Viveiro bastantes días por semana.

FIL: Como ves ao teu xa ex equipo na súa nova aventura na Terceira?

R: Creo que son un gran grupo, con moita ambición, o cal lles axudará a competir ben en Terceira. Ademáis, creo que se reforzou ben, con grandes fichaxes.

FIL: Que agardas da nova temporada no Foz ás ordes de Javi Chinchón?

R: Creo que vai ser un ano moi duro, pero son positivo e si todos nos comprometemos e traballamos en equipo, confío plenamente en que o sacaremos adiante.

“É difícil igualar o nivel de gardametas como Kiko, Bruzos ou Hugo”

FIL: O Foz sufriu o ano pasado en Preferente e neste verán perdeu dous referentes como son Asier e Jacob. Como lle afectará ao equipo?

R: Son dous grandes xogadores e a proba é que este ano próximo van competir en Terceira. Notaremos a súa ausencia, pero con traballo e esforzo por parte de todos agardo lograr o gran obxectivo da permanencia.

FIL: Como cres que será a nova competición? A Preferente Norte estará dividida en dous grupos e o Covid-19 aínda está presente…

R: Hai moitas especulacións. Só agardo que o que fagan sexa coas medidas de seguridade oportunas e que todo salla ben para seguir disfrutando do fútbol.

“É unha pena que O Valadouro non conte cun equipo sénior”

FIL: Como ves o futuro na portería na Mariña? Cres que hai relevo xeracional para os Kiko, Hugo, Bruzos…?

R: A día de hoxe non coñezo exactamente o nivel dos que veñen, pero igualar o nivel deses grandes porteiros é difícil. Eu tiven a oportunidade de compartir vestiario con Kiko, do cal aprendín moitas cousas.

FIL: Achégase a segunda temporada sen que O Valadouro, o teu pobo, conte con equipo sénior, logo de ser un referente na comarca. A que cres que é debido?

R: É unha gran pena que despois de tantos anos non podamos contar cun equipo no meu pobo. Existía unha gran afección que se foi perdendo. Creo que non se fixeron ben as cousas e actualmente os apoios cada vez son menores, polo que aínda resulta máis complicado.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 407

Deja un comentario