Destacados Primeira. Xornada 23

Lesións, un equipo en apuros e loita titánica pola permanencia

*Monterroso-Friol: Unha xenialidade de Barrio a balón parado deulle un plácido debut a Román á fronte do Monterroso. O combate finalizou en táboas na primeira metade, con máis golpes dos de Jon Vázquez sobre a meta contraria. Na reanudación, o Friol perdonou antes e despois do gol e non logra poñer fin á súa mala xeira de resultados.

*Residencia-Xove Lago: De pouco lle serviu ao Xove Lago o seu gol tempraneiro. A Residencia firmou un partido moi completo e remontou o tanto inicial de Diego Chao. Cochi realizou varias intervencións de mérito pero os de Álvaro Meilán xa mandaban igualmente ao descanso. E acabaron redondeando a súa gran tarde cun novo gol despois do tempo de lecer.

*Páramo-Riotorto: O cadro de Fontal colle aire ante un rival directo pola permanencia. Un Riotorto con baixas demostrou o seu gafe co gol na primeira metade, na que meteu en serios apretos ao seu rival. O Páramo foi mellorando co paso dos minutos e adiantouse nun balón parado na segunda metade. No tramo final, os de Labrada puideron empatar ante un rival que perdonou á contra. E tamén un penalti, que lanzou Robertito ao pau. Alberte estará fóra dos terreos de xogo unha boa tempada por unha rotura no brazo.

*Sporting Pontenova-Outeiro de Rei: Superioridade do Outeiro nunha primeira parte na que marcou dous goles, que ben puideron ser máis. A Pontenova meteuse no partido na reanudación ao aproveitar unha perda visitante en medio campo. A confianza dos de Andrés Bouza creceu pero non atoparon o premio do empate nos moitos balóns frontais que xogaron.

*Pol-Chantada Atlético: Intercambio nulo de golpes antes do descanso. Cada equipo marrou un man a man e enviou un balón ao pau. A tolemia goleadora chegou tralo descanso. Os de Abad adiantáronse nunha falta lateral. No saque de centro posterior, os chantadinos igualaron. Carlitos adiantou de novo ao Pol nun discutido penalti e Anthony empataba por segunda vez para os de Fran García. Volveu poñerse por diante o Pol ante un Chantada Atlético que quedou con dez. Pero os do Sangoñedo seguen de doce e igualaron cun gol de Adri en inferioridade.

*San Ciprián-Pastoricense: Non houbo goles na Veiga nun duelo de estilos diferentes. Os de Lekumberri apostaron pola posesión ante un Pastoricense que buscou as súas opcións en rápidas transicións. Ambos conxuntos tiveron os seus momentos no encontro. Coma o do San Ciprián nun inicio no que desperdiciou boas oportunidades. Os de Fran Veiga tivérono tralo descanso.

*Santaballés-Burela: Goleada dun Santaballés que recuperou sensacións ante un Burela que plantou máis cara do que semella polo resultado. A efectividade chairega resultou letal ante un cadro mariñán ca pólvora mollada. A nota negativa do encontro foi a lesión do visitante Dani. Caeu sobre o seu brazo e saléuselle o óso do cóbado.

*Atlético Escairón-Taboada: Derbi de poder a poder no Saviñao. O Atlético Escairón adiantouse no marcador e viu como un persistente Taboada igualaba nos compases finais da primeira metade. Na reanudación, Pandiani dispuxo de boas oportunidades para deixar os tres puntos na casa. Roi e o pau evitárono.

*Chantada-Lemos: O gran derbi da xornada non defraudou. Ambos conxuntos mostraron a súa candidatura ao ascenso cun ritmo e compás de superior categoría. As defensas impuxéronse aos ataques. Despois de igualdade da primeira metade, os goles chegaron na segunda. Nas postrimerías do encontro. Adri adiantou ao líder a escasos minutos do remate. Ao Chantada non lle quedou outra que arriscar. O premio chegou a balón parado. Alberto deixou un punto no Sangoñedo nun remate a un saque de esquina.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 755

Deja un comentario