Pastoricense, Alfoz, Antas e Rubián manteñen o pleno
Alexandre do Antas é un dos xogadores que máis en forma comezou a tempada ao marcar xa tres goles
Alexandre do Antas é un dos xogadores que máis en forma comezou a tempada ao marcar xa tres goles
O Arturo Pereiro alberga mañá, domingo, ás 12.00, un dos duelos máis relevantes da xornada na Primeira Futgal. O cadro local, o CD Castro de Dumi, mídese ao Pastoricense que dirixe Juanma, amigo persoal do técnico vermello. O derbi non supoñerá tan só 3 puntos e un partido de máxima rivalidade, senón que ambos conxuntos […]
O Acebreiro vivirá unha auténtica batalla este domingo ás 16.30, que pode ser a última opción do San Lázaro para engancharse á loita pola permanencia na Primeira. Os locais, o conxunto do Pastoricense, reciben a un cadro celeste que chega na última posición da Primeira Futgal. Os da Ponte precisan así tres puntos se queren […]
A situación do Pastoricense é complicada. Os do Acebreiro veñen de acadar o ascenso á Primeira Futgal da man de Basi, pero un inicio de liga difícil saldouse coa destitución do técnico e coa chegada dun novo adestrador. Juan Manuel García Rozas (Castro de Rei, 1988) deixou o banco do Ribadeo, onde se desenvolvía como […]
A última xornada de liga xa chegan ascendidos o Pastoricense e o Oural que a próxima temporada xogarán na Primeira
Moro é o técnico dun Iberia que pelexa polo ascenso á Primeira Galicia. Falamos con el.
O Pastoricense voltou despois de moitos anos á Segunda Autonómica. Despois dunha temporada na que non foi posible acadar a permanencia, o club mantivo a súa filosofía, aínda que renovou o seu cadro de xogadores con futbolistas novos e comprometidos. Ao banquiño do Acebreiro chegou José Cendán Paredes ‘Basi‘, que logo dun periplo á fronte […]
Dani Teixeira volveu xogar un partido de fútbol algo máis dun ano despois. O atacante de Bretoña recuperouse dunha grave enfermidade na súa perna. Tras ser operado do vasto interno do cuadríceps, Dani Teixeira puido volver ter minutos co Pastoricense e regresar ao ‘fútbol de familia’. Foi no partido que o seu equipo de toda […]
O Racing Villalbés B e o Palas comezaron a un gran nivel tras os seus ascensos
Comezamos este Diario con novidades no Racing Vilalbés. O cadro chairego poderá contar con Pablo Rey tamén para o proxecto de Segunda Federación. O xogador de Ferrolterra renova e vivirá a segunda tempada no equipo. O corpo técnico encabezado por Simón Lamas ten a 18 xogadores do primeiro equipo ao seu dispor. O mércores da […]
O mercado de adestradores está que arde nas distintas categorías
diario dun mercado
Chegan os primeiros Máxicos da temporada
De novo, o mercado agochaba sorpresas para a recta final do verán. Por exemplo, na Primeira. Dapo, lucense de adopción, deixa o Ribadeo para incorporarse á disciplina do Pol, co que xa adestrou esta semana. Ademais, La Voz de Galicia apuntou que Armesto será novo futbolista do Atlético Escairón, mentres que o mediapunta Jordi chega […]
Novo repaso ao mercado, con novidades de norte a sur da provincia, moitas delas concentradas na Primeira Galicia. Nela, o Burela renova a Jimmy, lateral que cumprirá o seu segundo ano no club. O Lourenzá, pola súa banda, confirmou as renovacións de Meke, Bugui, Álex Carreiras, Javi, Falcón, Miguel Hermida, Ferranes, Losvi, Garrafín, Pichi, Julián, […]
Novidades en case tódalas categorías nun Diario con noticias sorprendentes
No diario de hoxe, conmemoramos o día de Santa Ana e de San Joaquín comezando o repaso polo fútbol feminino. O PM Friol vén de asinar a Nerea Marín, futbolista con experiencia no Reto Iberdrola e que procede do Cádiz. Á Reigosa tamén chega a gardamallas María Alejandra, procedente do RU Tenerife e con pasado […]
Continuamos repasando o mercado ao longo e ancho da nosa provincia. O Viveiro asinou ao talentoso Sergio Otero, procedente do As Pontes, onde foi un dos xogadores máis destacados con nove tantos anotados. Tamén vestirá de celeste o lateral dereito andaluz Raúl Periañez, formado nas categorías inferiores do Sevilla e tamén no xuvenil do Huesca. […]
Comezamos este Episodio 300 do noso Diario dun Mercado coa chegada ao Viveiro de Miguel Bereket. O lateral esquerdo, formado na canteira do Sevilla, chega a Cantarrana para facerse un oco no once de Alberto López. Na Sarriana, Julio Camba continuará unha temporada máis. O Pol renovou a Dani Roca, un dos seus goleadores, mentres […]
Nova actualización capicúa do mercado lucense, con moitas novidades na Primeira Galicia. Varias delas concéntranse no sur da provincia e, en concreto, no Sangoñedo. Alí non seguirá Javier Montoto, ata agora adestrador da SD Chantada, pero sí continuarán xogadores da casa como Michi Carnero, Povis, Joserra, Álex Delgado, Manu Pereira e Sergio Abad. No outro […]