Diario dun mercado. Episodio 302

Continuamos repasando o mercado ao longo e ancho da nosa provincia. O Viveiro asinou ao talentoso Sergio Otero, procedente do As Pontes, onde foi un dos xogadores máis destacados con nove tantos anotados. Tamén vestirá de celeste o lateral dereito andaluz Raúl Periañez, formado nas categorías inferiores do Sevilla e tamén no xuvenil do Huesca. Según adianta a Voz de Galicia o tamén andaluz Curro Fernández, gardameta aínda en idade xuvenil, competirá con Ayoub por un posto na portería. Este último xa debutou no Don Álvaro, conxunto do grupo andaluz da Terceira RFEF.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Burela renovou a Álex Esquerdeiro, Yeray e Pablo Vila. Tres xoves futbolistas que seguirán vestindo a camisola verde unha temporada máis. Outro conxunto que está a asegurar a continuidade da súa columna vertebral é o Pastoricense. Os defensas Iago Ares e Adrián Lorigados, e os atacantes Dani García e Martín Andión ‘Kanuto‘ estarán ás ordes de Javi Chinchón na nova campaña que xa se aproxima. O Outeiro de Rei fíxose cos servizos de Samuel Felpeto, lateral zurdo que procede do San Lázaro.

galicia
Deportes Élide

No Celta Barreiros xogará Isma, futbolista con pasado no CD Foz. Moi boas novas no outro conxunto barreirense. O Iberia contará na nova campaña con equipo de xuvenís, logo de varios anos sen que fora lles fora posible aos de San Miguel contar con canteira propia. Aínda queda algunha praza libre para formar parte do cadro de xogadores. Asimesmo, Noela Fernández Soto, continuará catro anos máis na presidencia do cadro branquiazul.

Máis renovacións nun Cospeito no que continuarán gran parte do cadro de xogadores da última temporada. Desta volta é o turno ddodianteiro Paulo, o canteirán Ferre e o zurdo Rui. No Folgueiro seguirá Paguato, na que será a segunda temporada nas filas do cadro vicedense.

O Páramo incorporou ao atacante Hugo Gallego, mentres que non poderá contar con Pedrito, por motivos académicos, nin co veterán Chásis, ao que as reiteradas lesións non lle permiten continuar. No Quiroga continuará o benxamín do equipo, o gardameta Izan de tan só quince anos.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.