Comezamos a semana con importantes novidades no Diario dun mercado. Especialmente a nivel de adestradores.
Na Primeira, Hugo Vázquez continuará unha campaña máis no Guntín despois de selar o retorno do equipo do Ladairo á categoría. Un dos seus rivais será Iván González, o novo técnico do Atlético Escairón. ‘Ourensán’ de adopción, este asturiano conta cunha ampla experiencia nos bancos da provincia de Ourense.
Xa na Segunda, Moro non adestrará ao Sporting Pontenova a vindeira tempada. Todo apunta a que será o novo adestrador do Iberia. Nesa mesma categoría, Basi pon fin ao seu ciclo no Muimenta para asinar polo Pastoricense. O seu substituto no Pichón podería confirmarse nas próximas horas. Ademais, Manuel Vicente e Aurelio apostan un ano máis polo Folgueiro.

Por último, na Terceira Galicia péchase unha época no Catro Roldas. Despois de seis campañas, David Lorenzo remata unha era no conxunto amarelo.


No tocante a xogadores, o meta Arturo e Bruno causan baixa no Lemos (como adianta La Voz de Lemos). E o noso Santi Real voltará ao Zona Vella- Compostela B en busca dun ascenso a Primeira Galicia. Alí coincidirá de novo co prometedor atacante Iago Neira, como xa comentamos nunha edición pasada do Diario dun mercado.